10 de out. de 2009

GALICIA

A Consellería de Traballo e Benestar cofinancia actuacións para a eliminación de barreiras arquitectónicas por valor de 800.000 euros en 30 concellos entre 2009 e 2010


Infogauda / Galicia

A iniciativa, desenvolvida en cooperación coa corporacións locais, ten como prioridade a mellora da accesibilidade nos servizos sociais.

Inclúe, ademais, actuacións con carácter xeral en zonas públicas e o préstamo de material e elementos terapéuticos para a atención domiciliaria dos maiores dependentes co obxectivo de facilitarlles unha mellora na súa calidade de vida.

Na provincia de Pontevedra, o investimento ascenderá a máis de 270.000 euros, unha cantidade que se repartirá entre 9 localidades: A Golada, Barro, A Guarda, Mos, Poio, O Porriño, Soutomaior, Tomiño e Valga.
Ler máis

Ningún comentario:

Publicar un comentario