A plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO disporá de autobuses dende diversos puntos do Baixo Miño para acudir á manifestación convocada este 18 de outubro en Compostela
Na imaxe, compoñentes da Plataforma Queremos Galego, do Baixo Miño(Remitido)
A Plataforma Queremos Galego, da que xa forman parte decenas de asociacións no Baixo Miño, segue a sumar adhesións tando de colectivos como de persoas a título individual.
Dende Queremos Galego instamos ao noso pobo a moverse a favor de aquilo que nos une e identifica, que nos sitúa as galegas e os galegos no mundo no mesmo nivel que as outras culturas do planeta, aquilo que nos fai universais: a nosa lingua. Neste sentido o portavoz de Queremos Galego no Baixo Miño, Tino Baz, fai un chamamento en nome da plataforma á participación na manifestación en favor da lingua que terá lugar o domingo 18 de outubro en Santiago de Compostela.
En vista da gran cantidade de persoas que xa mostraron o seu interese en acudir a Compostela o vindeiro día 18, a plataforma decidiu dispor varios autobuses dende diversos puntos da Comarca. Quen desexe facer uso deste medio de transporte pode informarse dos horarios e reservar a súa praza no teléfono 679 986 290.
Recomendamos que se fagan as reservas a antes posíbel. Até o martes día 13 recolleremos todas as reservas que se reciban, despois desta data seguiremos reservando prazas até completar os autobuses.
QUEREMOS GALEGO é unha plataforma cidadá, conformada por entidades de diferentes ámbitos e por persoas a título individual, que nace da vontade de articular unha ampla resposta colectiva a prol da lingua propia do noso pobo, o galego; de defensa e afirmación dos usos públicos e dereitos lingüísticos xa garantidos pola actual lexislación; de progresiva normalización naqueles espazos onde o idioma de noso non goza aínda da presenza desexada.
Máis información en http://www.queremosgalego.org/

Ningún comentario:
Publicar un comentario