10 de out. de 2009

AVISO A POBOACIÓN DA EUROZOA

ESTÁN CIRCULANDO MOEDAS SEMELLANTES AS DE 2 EUROS QUE NON VALEN NA EUROZOA
Infogauda / Galicia
Unha moneda denominada "nova lira turca" (Yeni Turk Lirasi), que sustitúe a lira antiga, bastante desvalorizada, está circulando polo noso país. Probablemente algúns desaprensivos estén detrás desa presenza, toda vez que o Yeni Turk Lirasi tén certa semellanza coas moedas de 2 euros, pois tamén é bi-metal, ainda que o valor da chamada "nova lira turca" é bastante inferior a de 2 euros que empregamos na chamada eurozoa.
Se comparamos o anverso e o reverso da moeda de 2 euros que figura na parte esquerda da imaxe que insertamos nesta información, coa que figura a dereita, podemos comprobar que as semellanzas son bastante notorias. Alomenos no referente as cores dos metais empregados. Precisamente por esa circunstancia queremos informar os lectores de Infogauda, pois o valor da Yeni Turk Lirasi é de tan soio 4 céntimos de euro en Turquía. Na eurozoa non serve para nada, xa que a divisa que non sexa billete non se troca fora do país emisor.
Por iso cando suxerimos que cando recibamos os trocos onde queira que merquemos teñamos a precaución de fixarnos que as moedas que non dén sexan de 2 euros, e non liras turcas que non serven para nada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario