12 de out. de 2009

CAMINHA

JULIA PAULA COSTA, LOGROU NOVAMENTE O APOIO DOS CAMINHENSES

Julia Paula Costa, gañou as Eleccións Autárquicas en Caminha

Infogauda / Caminha

O domingo día 11 de outubro foi novamente xornada electoral en Portugal. Nesta oportunidade foron as Eleccións Autárquicas, é decir que a cidadanía portuguesa elexiu seus representantes nas Câmaras Municipais.

No veciño concello de Caminha, a grande vencedora destes comicíos foi Júlia Paula Costa, que voltou a gañar ás eleccións, polo que vai resultar reelexida presidenta da Câmara Municipal caminhense. A falla de remata-lo escrutinio nalgunha freguesía caminhense, no intre de redactar esta información, Júlia Paula Costa tiña conqueridos 4 mandatos, fronte os 3 que acadou o PS.

Para coñecer con máis detalle os resultados definitivos, premer aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario