CÁNDO PENSA O GRUPO DE GOBERNO FACILITAR OS VECIÑOS COLECTORES PARA A RECOLLIDA DE ACEITES DOMÉSTICOS USADOS?????

Infogauda / A Guarda
Ainda que os concelleiros do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal xa presentaron unha moción propondo a instalación de colectores para a recollida de aceites domésticos usados, o Grupo Municipal de Goberno, do Concello de A Guarda, non adoitou deica agora, a determiñación de instalar os devanditos colectores. Aínda así, a cidadanía quere colabourar.
Na Redacción deste xornal dixital temos constancia de que varias amas de casa están depositando regularmente, garrafas de aceite doméstivo usado a carón dos contentores do lixo. En moitos aspectos medioambientais, a sociedade civil vai por diante dalgúns persoeiros políticos. Estes últimos saberán - supoñemos - porqué A Guarda non dispón de colectores para que os veciños poidan depositar os aceites usados nas cociñas, tanto da hostelaría como dos fogares.
Ó igoal que os concelleiros de Terra Galega - Iniciativa Veciñal, desde Infogauda consideramos que a recollida de aceites usados é importante para evitar os danos ecolóxicos que xera o seu vertido incontrolado. As graxas arroxadas polos escorregadoiros acaban atascando os sumidoiros e provocan un rápido desgaste dos filtros das depuradoras. Ademais, nos ríos, o fluído forma unha película superficial que impide o paso do osíxeno.
VARIOS CONCELLOS GALEGOS XA DISPOÑEN DE COLECTORES PARA A RECOLLIDA DE ACEITES DE FRITIR USADOS
En Galicia varios concellos xa dispoñen de colectores de aceite usado. E compre salientar que na Comunidade Autónoma Galega hai empresas que efectúan a recollida dese tipo de aceites para súa posterior recicraxe e reempregalos na producción de biodiésel, xabrón, abono orgánico, ou na fabricación de velas, pinturas e vernices.
A empresa encargada da provisión destes aceites alimenticios usados será a responsable do baleirado dos colectores de recollida, da conservación dos mesmos e da súa rotulación.
A luz dos resultados obtidos en varios concellos galegos, a dotación inicial de colectores de aceite usado foi ampriada, vista a boa acollida e colaboura dos veciños.
A luz dos resultados obtidos en varios concellos galegos, a dotación inicial de colectores de aceite usado foi ampriada, vista a boa acollida e colaboura dos veciños.
Por iso formulamos á seguinte: Cando pensa o Grupo de Goberno facilitar os veciños, colectores para a recollida de aceites domésticos usados?
Ningún comentario:
Publicar un comentario