Un seminario de emprendedores reúne no CETMAR a percebeiros e representantes das confrarías de Baiona, Bueu e A Guarda

A xornada enmárcase no proxecto “Xestión integral da pesqueira do percebe”.
Os participantes coñecerán os resultados do proxecto e analizarán os custos da creación dunha empresa que comercialice os subprodutos do percebe.
Infogauda / Vigo
Representantes das confrarías de pescadores de Baiona, Bueu e A Guarda e percebeiros e percebeiras interesados en formar parte dunha empresa que comercialice os subprodutos do percebe reuniranse mañá martes 13 de outubro na sede do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR en Vigo, nun seminario enmarcado no proxecto “Xestión integral da pesqueira do percebe”, que financia a Consellería do Mar.
Ler máis
Ler máis
Ningún comentario:
Publicar un comentario