10 de set. de 2009

TOMIÑO

A XUNTA DE GALICIA APROBA A COLABORACIÓN TÉCNICO-FINANCEIRA CO CONCELLO DE TOMIÑO PARA A RECUPERACIÓN AMBIENTAL DO RÍO CEREIXO, E ACHEGA MÁIS DE 2 MILLÓNS DE EUROS


A actuación céntrase na mellora da rede de colectores de núcleos como Tebra, Lubián, O Casal, O Porto, O Carballal, A Igrexa ou A Bouzafría
O saneamento nestes lugares realízase a través de fosas sépticas individuais, sen que exista unha rede de recollida de augas residuais que permita a súa depuración

O proxecto tamén pretende a rehabilitación da Ponte Taborda e o acondicionamento da área recreativa de Lago de Pedra

O prazo de execución é de doce meses

Augas de Galicia executou obras como a explotación da depuradora de Tomiño, cun orzamento de 1.847.827 €; a primeira fase da rede de saneamento na parroquia de Estás, cun importe de 408.885 euros e un colector xeral, achegando un total de 1.185.083 euros.

O Consello da Xunta aprobou esta mañá un acordo de colaboración técnicofinanceira

da Xunta de Galicia co concello de Tomiño para a execución dunha obra na bacía do río Cereixo, en Tomiño, na provincia de Pontevedra.

Cómpre salientar que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas financiará o 100% da actuación, achegando un importe total de 2.090.232 euros, distribuídos en dúas anualidades

Infogauda / Tomiño
As obras obxecto da dita proposta corresponden á construción de infraestruturas en concellos que teñen un orzamento insuficiente para financialas. No caso de Tomiño, preténdese a recuperación ambiental do río Cereixo mediante unha tripla actuación: unha rede de saneamento de fecais que supón unha lonxitude total de 17.153 metros; actuacións ambientais e recuperación do patrimonio cultural e etnográfico, que comprenden a rehabilitación dun muíño e a restauración da Ponte Taborda, así como o acondicionamento da área recreativa de Lago da Pedra.
A Xunta definirá a rede de colectores necesaria para recoller os núcleos de Tebra, A Igrexa, A Bouzafría, O Carballal, O Porto, O Casal e Lubián. Esta rede verterá a un colector principal que discorre pola marxe dereita do río, levando as augas ao colector xeral de Tomiño.
A rede de colectores estrutúrase a través dun colector principal e un ramal discorre pola berma da PO-334, cunha lonxitude de 3.840,21 metros e 111 pozos de rexistro que recollen as augas do resto dos ramais.
As citadas actuacións supoñen un importante beneficio para a poboación do concello de Tomiño, xa que actualmente o saneamento dos asentamentos de poboación dabacía do río Cereixo se realiza a través de fosas sépticas individuais, sen que exista unha rede de recollida de augas residuais que permita a súa depuración.
Por outra banda, as obras de mellora significarán a posibilidade de desfrute e coñecemento desta área de importante valor paisaxístico e ambiental por parte dos cidadáns, feito dificultoso ata o momento, debido aos impedimentos de acceso a algúns tramos das marxes do río.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pevé un prazo de execución das obras de doce meses.
Outras actuacións en Tomiño
Augas de Galicia, departamento pertencente á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, realizou un investimento total de 3.441.795 euros en actuacións para o concello de Tomiño. Así, executou outras obras como a explotación da depuradora, cun orzamento de 1.847.827 €. Ademais, levouse a cabo a posta en marcha da primeira fase da rede de saneamento na parroquia de Estás, cun importe de 408.885 euros. A Xunta tamén incorporou un colector xeral ao dito concello, achegando un total de 1.185.083 euros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario