RECEPCIÓN DAS AUTORIDADES MUNICIPAIS DE AVELLANEDA (ARXENTINA) NA DEPUTACIÓN DE OURENSE

O presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, recibiu hoxe, ás principias autoridades do Concello de Avellaneda (Arxentina), un dos municipios de Bos Aires onde hai máis galegos censados.
Infogauda / Ourense
A representación institucional estivo encabezada por Lu is Sangol, representante do intendente de Avellaneda (o intendente foi nomeado ministro hai menos dun mes) e Armando Bertolotto, presidente do Honorable Concejo Deliberante de Avellaneda, ademais de Jorge Degli Innocenti, presidente do bloque de concelleiros do Partido Justicialista; Sandra Alice, do Partido Justicialista; Isabel Rodríguez, da Coalición Cívica, Hernán Doval, do Partido Frente para la Victoria, e Ramón Leiva, de Unión Pro-Celeste y Blanco.Na recepción participaron representantes da vida económica provincial como o presidente da CEO, da Cámara de Comercio de Ourense e dos Parques Empresariais de San Cibrao e Barreiros, xunto con alcaldes e autoridades de diferentes municipios da provincia de Ourense.José Luis Baltar destacou que Ourense, Galicia e Arxentina son terras que sempre se teñen axudado e cooperado “de maneira incondicional”. “Por iso, a nosa relación é de irmandade e este acto non é so institucional da nosa Deputación, senón que é un reflexo da nosa sociedade”. Baltar engadiu que neste mundo sen fronteiras “os pobos debemos buscar puntos de encontro e elementos de unión para transitar xuntos; iso fainos máis felices e mellores personas”.Este encontro enmárcase no ámbito institucional pero tamén é unha oportunidade para estreitar os lazos comerciais e empresariais entre Avellaneda e Ourense, dada a importancia que este concello arxentino ten no marco económico do país. Avellaneda, segundo afirmou Armando Bertolotto “produce o 16% do PIB de Bos Aires, e concentra a maioría da industria da capital arxentina”.Bertolotto dixo sentirse orgulloso por representar, xunto aos seus compañeiros, a unha delegación “que volve á terra das súas orixes e donde mellor se mesturan as tradicións, os vínculos familiares e a amizade entre os pobos”.Trala recepción oficial na Deputación de Ourense, o encontro entre as autoridades ourensáns e arxentinas prolongarase ao longo de toda esta xornada, xa que pola tarde está programada unha visita á comarca de Celanova, onde visitarán o Mosteiro de San Rosendo e diversos concellos da mancomunidade, ademais de manter encontros con emigrantes retornados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario