16 de set. de 2009

OURENSE

A DEPUTACIÓN DE OURENSE PON EN MARCHA ACTUACIÓNS DE MELLORA NA ESTRADA QUE UNE A POBRA DE TRIVES E CHANDREXA DE QUEIXA A TRAVÉS DO PROXECTO ¨VIARRAIA¨


A Deputación de Ourense está desenvolvendo actuacións de mellora de infraestruturas na fronteira e no interior da provincia dentro do proxecto VIARRAIA, concretamente a través da adxudicación das obras da estrada OU-0703 que vai de Pobra de Trives a Chandrexa de Queixa por un importe de total de 1.038.720 euros (IVE e demais tributos incluídos), obra que supón entre outras, unha mello ría ós accesos á estación invernal de Cabeza de Manzaneda para tódolos visitantes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Infogauda / Ourense

O proxecto VIARRAIA foi presentado e aprobado na primeira convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España - Portugal (POCTEP) 2007-2013, sendo presentado conxuntamente coas Cámaras Municipais de Chaves e Montealegre. Comprende, ademais das obras anteriormente reseñadas, actuacións de mellora nas estradas entre os municipios portugueses e os concellos de Oímbra (estrada Oímbra -Videferre - Soutelinho da Raia) e Verín (construcción dunha ponte sobre o río Pequeno (Feces de Cima)). O proxecto VIARRAIA ten un importe de 2 millóns de euros cofinanciados nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Con estas actuacións preténdese a permeabilidade do espazo fronteirizo, facilitando desta maneira a circulación de persoas e bens entre ambos lados da fronteira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario