17 de set. de 2009

OURENSE

MEDIDAS DE PREVENCIÓN DA GRIPE A NO “PACO PAZ”


Infogauda / Ourense
Desde o pasado día 1 de setembro, coincidindo co inicio da tempada deportiva, o Pazo dos Deportes “Paco Paz” instalou diferentes dispensadores, semellantes aos existentes en centros hospitalarios, cunha solución hidroalcoholica de intensa e rápida acción microbicida, reducindo o risco de transmisión de infeccións, produto recomendado pola OMS.

Tamén estase aplicando sistemáticamente, na limpeza ordinaria, naqueles equipamentos deportivos que teñen algun contacto manual dos usuarios da instalación. Desta maneira, calquera persoa que acuda a esta instalación deportiva estará prevido para previr o contaxio da gripe A.

Ningún comentario:

Publicar un comentario