INSCRICIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO PAZO DOS DEPORTES "PACO PAZ"
Infogauda / Ourense
Ata o sábado 26 de setembro está aberto o prazo de inscrición das Escolas Deportivas do Pazo dos Deportes, coas novidades dunha escola de baloncesto bilingüe galego-inglés e de tecnificación, e outra escola de deporte e aventura.
FUTBOL-SALA: Contará con dous ni veis. O nivel 1 para nenos e nenas a partir de 5 anos , luns e mércores . O nivel dous a partir de 7 anos , martes e xoves.
Ata o sábado 26 de setembro está aberto o prazo de inscrición das Escolas Deportivas do Pazo dos Deportes, coas novidades dunha escola de baloncesto bilingüe galego-inglés e de tecnificación, e outra escola de deporte e aventura.
FUTBOL-SALA: Contará con dous ni veis. O nivel 1 para nenos e nenas a partir de 5 anos , luns e mércores . O nivel dous a partir de 7 anos , martes e xoves.
TENIS E MINI TENIS: Celebrarase tódolos sábados pola mañá nas pistas das instalacións deportivas do Parque tecnolóxico, en horario de 10:00 a 13:00 horas, en grupos dunha hora.. O mini-tenis para nenos entre 5 e 7 anos, e iniciación ó tenis a partir de 8 anos.
BAILES (Aeróbic-Step-Jazz-Hiphop-Salsa): Existirán catro niveis. De 5 a 7 anos o nivel un, os luns e mércores . O nivel dous de 8 a 11 anos ós luns e mércores. O nivel tres de 11 a 15 anos os venres e o nivel catro para nenos e nenas entre 15 e 18 anos tamén os venres.
SICOMOTRICIDADE: Martes e xoves, para nenos entre 3 e 5 anos, nunha escola na que os nenos mellorarán , a través do xogo, a coordinación, orientación, flexibilidade...
BÁSQUET: A novidade deste ano será que a escola será bilingüe en galego-inglés e terá lugar os luns e mércores a partir de 7 anos de idade.
ADESTRAMENTO PERSONALIZADO BASQUET: Unha escola de tecnificación do baloncesto para xoves entre 13 e 17 anos , para a mellora de cualidades técnicas como tiro, bote, pase, …cun profesorado altamente cualificado.
INICIACIÓN Á ACTIVIDADE FÍSICA E DANZA ACROBÁTICA : Antes de incorporarse a unha escola específica, os nenos aprenderán , nesta escola, a familiarizarse co traballo en equipo, a coordinación, flexibilidade.... Terá lugar os martes e xoves para nenos e nenas a partir de 6 anos.
VOLEIBOL E MINI VOLEY : O minivoley a partir de 7 anos, e o Voleibol a partir de 10 anos. Terá lugar ós martes e xoves coa dirección técnica e monitores do Club Voleibol Ourense.
DEPORTE E AVENTURA : A partir de 7 anos, os monitores sorprenderán os nenos e nenas con actividades diferentes cada día. Xogos populares, tenis de mesa, badminton , balonmán , xadrez, nun escola donde está garantizada a diversión e a diversidade con actividades motivamentes e altamente socializantes.
Convén lembrar que:
• O prazo de inscrición remata o 26 de setembro• Que as prazas son limitadas• Que na adxudicación das prazas terán preferencia os nenos que estiveran inscritos a temporada pasada .
• Que a cota trimestral de cada escola infantil é de 23,60 euros, agás a de tenis adulto que é de 28,70 euros.(Tamén poderá aboarse por temporada completa)
• Os interesados terán que aportar unha foto tamaño carné e cumprimentar un cuestionario nas oficinas do Pazo dos Deportes.
• Máis información no teléfono 988.24 70 21

Ningún comentario:
Publicar un comentario