TRIBUNA ABERTA
MÁIS DE 30 VECIÑOS DA RÚA CORUÑA AMOSAN SEU DESACORDO COA UBICACIÓN DO MERCADIÑO
Denuncian que o Grupo Municipal de Goberno non lles tivo en conta ni lles consultou previamente
Vista parcial da Alameda de A Guarda, nún día de mercadiño
Imaxe: Arquivo Infogauda
Infogauda / A GuardaExercendo seu dereito a libertade de expresión, mais de trinta veciños da rúa Coruña asinaron un escrito dirixido ao goberno local de A Guarda, facéndose eco do seu desacordo pola instalación do “MERCADILLO” diante das súas portas, sen que a ninguén se lle comunicase previamente esa decisión, atopándose agora os veciños coa dificultade de saír ou entrar nas súas casas en coche e tendo que conducir polo medio do mercadillo co risco que iso supón tanto para os peóns como para os condutores.
"Cando están montando ou desmontando os tenderetes podes estar sen poder sair ou entrar na casa por un tempo superior a media hora xa que hai que chamar a policía local para que organice aos vendedores que teñen os coches no centro da rúa cargando ou descargando formándose un atasco que non nos deixa circular. Pensamos que hai cousas que se poden facer mellor, so hai que intentalo e contar sempre cos posibles afectados", dixo a Infogauda un dos veciños afectados pola decisión do Grupo Municipal de Goberno.
Ainda que o alcalde de A Guarda, está afeito a non dar resposta a algúns veciños que se teñen dirixido por escrito a alcaldía - nalgún caso, desde fai máis de un ano -, e mesmo esquecer os que segundo seu persoal criterio - ou dos seus asesores - non considera afíns, debera relembrar que se está na alcaldía e todo o que ese cárrego político e de representación conleva, é porque, en primeiro lugar, houbo veciños/as que depositaron maioritariamente, súa confianza nel e no seu grupo. En xusta correspondencia, o alcalde debe dar ás oportunas respostas os veciños que así llo requiren. Utilizar a calada por resposta, apricar o rodo da maioría absoluta, facer política de feitos consumados, non contar cos veciños, nin cos portavoces municipais dos demáis grupos con representación na Corporación, nin coas asociacións de comerciantes, ..., non dí nada positivo do alcalde, como primeiro representante dos veciños.
Ubica-lo mercadiño na Rúa Coruña pode que haxa sido bén aceptado polos vendedores ambulantes e tamén polos usuarios. Temos constancia verbal de varias persoas que consideran idóneo ese lugar para esa actividade. Agora pasar por alto o diálogo cos veciños da Rúa Coruña, é cando menos, unha falla de sensibilidade e de respecto a esas persoas. Polo tanto, desde este xornal dixital, consideramos que se n´un principio non se actuou como sería convinte, urxe tentar correxir o que sexa necesario para evitar que os veciños afectados teñan que soportar os inconvintes que cada sábado, segundo afirman no escrito dirixido a alcaldía, vénse obrigados a aturar, sen come-lo nin bebe-lo, como se dí coloquialmente. Así que xa o sabe o alcalde e o concelleiro responsable do mercadiño. Hai que contar cos veciños e pórlle solución a cuestión que plantexar. Que dito sexa de paso, é de xustiza.
A continuación transcrebemos literalmente o escrito dirixido polos veciños da Rúa Coruña, ó Alcalde de A Guarda
A/A Sr. Alcalde de A Guarda
Os abaixo asinantes deste escrito, todos eles veciños da rúa Coruña e afectados polo traslado do mercadillo dos sábados a esta rúa, queren expresar o seu desacordo tanto con esta medida como que este traslado se teña realizado sen unha comunicación previa aos mesmos, como as normas de boa convivencia así o indican.
Consúltannos aos veciños cando algún de nós quere instalar algún aparato perigoso ou cando se vai dar unha licenza de apertura dun local público, pero non se fai neste caso, cando o propio mercado inhabilita tanto as entradas das vivendas como a libre circulación dos vehículos. Aprovéitanse dunhas obras para facer un traslado inicialmente temporal, pero que todos sabemos que pretenden que sexa definitivo. Consideramos esta falta de comunicación unha negación dos dereitos dos cidadáns, xa que a falta de comunicación oficial impediu calquera alegación previa que algún de nós puidera ter feito.
O día 3 de setembro, un dos compoñentes deste colectivo xa se reuniu co Sr. Alcalde para abordar este tema e só recibiu boas palabras que co paso do tempo e vendo que non cambiou nada podemos considerar como promesas no vento que con el se foron.
Os veciños da rúa Coruña pedimos que o mercado non se estenda máis aló do comezo da zona habitada da rúa. Non queremos ter que pedir permiso ás moreas de xentes que visitan o mercadillo para poder entrar e saír das nosas vivendas, ben sexa a pé ou en coche. Non queremos ter que asumir o risco de conducir polo medio de tanta xente cando calquera despiste, tanto por parte dos condutores como por parte dos peóns, se pode converter nun accidente.
Consideramos que os nosos impostos deberían servir tamén para que o concello poña da súa parte algo que repercuta no noso benestar na mesma medida, nin máis pero tampouco nin menos, que o resto dos veciños desta vila.
Por todo isto suxerimos:
QUE O MERCADO NON SE ESTENDA MÁIS ALÓ DO COMEZO DA ZONA HABITADA DA RÚA CORUÑA, E QUE SE NON HAI ESPAZO SUFICIENTE, O CONTINÚEN POLA RÚA ROSALÍA DE CASTRO ENTRE O CAMPO DE FÍNOLA E A ALAMEDA. Todo isto tendo en conta que o peche da rúa Rosalía de Castro non afecta a ningunha vivenda e non impide a circulación do tráfico que se dirixa ao Monte Tecla, a Camposancos ou á Pasaxe, xa que se dispoñen de vías alternativas como as rúas Baiona e Julia Vaquero en boas condicións. Este mesmo corte de tráfico xa se fai durante as Festas do Monte e ninguén se ve afectado por el.
Esperamos de vostede a máxima colaboración para evitar ter que recorrer a outros medios dos que a lei nos dota e que non resultarían beneficiosos para ningunha das partes.
Solicitamos teña a ben conceder esta petición xa que sería un ben para todos os que vivimos na cara sur da rúa Coruña.
Atentamente.
(asinado por 32 veciños afectados)
Ningún comentario:
Publicar un comentario