OFRENDA Á VIRXE PEREGRINA
Por Xesús Fernández Portela
Deputado Provincial de Pontevedra e Alcalde do Rosal
Virxe Peregrina, Patroa de Pontevedra:
En nome de todos os pontevedreses, e dos veciños do partido xudicial de Tui ós que represento, comparezo ante ti, neste templo levantado na túa honra en 1778, para cumprir coa larga tradición de homenaxe que autoridades e gobernantes réndente cada ano, para que intercedas por nós, na esperanza e o desexo dun futuro mellor para todos.
Só vintecinco anos antes de que esta fermosa igrexa se erixise, tiña lugar no Rosal o nacemento dun conxunto histórico declarado Ben de Interese Cultural, o dos muíños do Folón e do Picón, símbolo perenne da nosa identidade, como é a Peregrina en Pontevedra. Unha das moitas raigames que nos une.
Pero hoxe estamos aquí, Virxe Peregrina, para apelar ós valores que simbolizas, para que o mundo no que vivimos se pareza máis ó que desexamos: un mundo no que non haxa violencia, nin inxustizas, nin dor.
Que nos axudes a erradicar, coa colaboración de todos, a violencia de xénero. Que non volva a morrer nin unha soa muller a mans das súas parellas, que ningunha muller sufra malos tratos físicos nin psicolóxicos, que se respecten os seus dereitos, que se recoñeza á muller coma o que é: o verdadeiro motor da nosa sociedade.
Pedímoste, tamén, unha oportunidade para os menos favorecidos, para os grupos sociais máis débiles e vulnerables, para que, co noso respecto e o noso apoio, poidamos axudarlles e facerlles sentir que non están sos.
Ós nosos nenos, que necesitan da nosa atención e cariño. Ós nosos maiores, que merecen xusta compensación polos seus anos de esforzo e sacrificio. Ós pobres, ós discapacitados, ós enfermos, que precisan da nosa xenerosidade e respecto. E, sobre todo, ás vítimas das inxustizas, das persecucións, da violencia, da exclusión social.
A todos eles, Virxe Peregrina, tentaremos de seguir facéndolles máis levadeira e confortable esta travesía mediante a súa integración e lles ofreceremos as mesmas oportunidades que ós demais, para que poidan demostrar que as diferenzas son cousa do pasado.
Para os máis novos, pedímoste que nos axudes na súa formación, que a educación que reciban os cultive como persoas, como seres humanos, no máis amplo sentido da palabra. Que sexan sensibles ós problemas do seu tempo, que coiden do mundo que lles deixamos incluso mellor que nos, que conserven as tradicións do pasado mirando ó futuro, porque eles son o noso futuro.
Eles serán tamén quen acaben coas enfermidades que hoxe nos asolan. Coa tu axuda e a do progreso e os avances da ciencia, conseguiremos que maldicións como o cáncer, o SIDA, o Parkinson ou o Alzheimer queden atrás, como teñen feito outras enfermidades que xa superamos.
Sempre te pediremos paz para todos, aquí e en todas partes. Que lacras humanas coma o terrorismo, as guerras, os abusos de poder en calquera das súas manifestacións, as crimes de toda natureza, cesen e abran camiño a tempos de bonanza.
Nestes tempos de inclemencia económica, da crise que a todos nos afecta, pero especialmente ós máis febles, pedímoste tamén axuda para ser capaces de sobrelevala do mellor xeito posible, coa austeridade e a intelixencia necesarias á hora da xestión, porque só entre todos, traballando cóbado con cóbado, poderemos saír adiante destes tempos adversos que nos ten tocado vivir.
Gustaríame rematar esta ofrenda que hoxe te facemos dándote as grazas, Virxe Peregrina, en nome dos veciños do partido xudicial de Tui, e das xentes de Pontevedra e a súa provincia, pois unha ofrenda é símbolo diso, de agradecemento e recoñecemento, porque, aínda que o mundo en que vivimos non sexa o máis xusto, nin sexa idílico nin perfecto, hai persoas que traballan todos os días por conseguilo.
E coa túa axuda, estamos seguros de que o lograremos.
XESÚS FERNÁNDEZ PORTELA
Deputado Provincial de Pontevedra

Ningún comentario:
Publicar un comentario