9 de ago. de 2009

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL DE GOBERNO TODO UN EXEMPLO DE "TALANTE"
Ademáis de desaloxar o Clube de Atletismo Sociedade Atlética do Trega, da Casa do Deporte, alguén se levou o material propiedade desa entidade deportiva
Infogauda / A Guarda
O presidente do Clube de Atletismo Sociedade Atlética do Trega, José Antonio González Morais, presentou un escrito no Concello de A Guarda, que dí textualmente o seguinte:
José Manuel Domínguez Freitas
Sr. Alcalde do Concello de A Guarda
Concelleiro de Cultura e Deportes
Sr.Javier Crespo

O abaixo asinante José Antonio González Morais con DNI 34886605 e enderezo en Camposancos Bº do Couto nº 19 - C.P. 36788 - A Guarda di:

Que o Club de atletismo Trega ten concedido un local na casa do Deporte para realizar a súa actividade atlética burocrática, outro material está debaixo das gradas do pavillón do C.P. A Sangrinha, ximnasio que utiliza o balonmán, outro retirado a semana pasada que estaba depositado debaixo das gradas, e o resto do material non sabemos onde se atopa. A concesión do local foi asinada pola ex alcaldesa Purificación Álvarez.

Non podemos entender a actitude de Vostedes, e creemos que a forma de proceder, non se axusta a dereito. O desaloxo do Local para nos é inxusto, falta de respeito ético cas agrupacións deportivas que tinhan local concedido e con rexistro no concello etc......o lóxico sería que Vostedes enviaran un escrito para aclarar o desaloxo e retirada da concesión do local. O coherente sería retirar o material polo persoal do Club, e non por persoal que nada ten que ver co Trega. ¿Onde está o talante que predica o PSOE?

Na actualidade non adestramos na Sangrinha, por imposibilidade e perigo de accidentes para os atletas.

Non entendemos como non fan o pagamento que ten pendente o Concello con este Club. Son sabedores de que temos contraída unha débeda ca Agrupación Avelaíña, impagada porque o Club non recibiu a subvención cando o concelleiro de deportes era Celso Juan Rodríguez.
A súa obriga e pagar os compromisos aprobados en Pleno. O Club cumpriu sempre cas súas obrigas de fomentar e organizar as probas das carreiras que organizamos no Concello de A Guarda e O Rosal: San Silvestre Guardesa - Media Marathón Vila de A Guarda – Cross Cámping Santa Tecla & Julia Vaquero – Pedestrismo Concello de O Rosal.

O Club ten presentadas as facturas no Concello, o lóxico sería que o Concello pagara a subvención para que o Club quedara saneado, creemos que isto daríalles prestixio e exemplo a oposición.

O Trega o carecer de axuda económica municipal, cos escasos socios non pode facer o pagamento de fichas de atletas, Club, adestradores, burocracia federativa etc...; non tivo mais remedio que aconsellar aos atletas que buscaran outro Club. Para nos é de vergonha que atletas da localidade e de Concellos limítrofes tenhan que competir sen Club e o fagan por independentes, ou en Clubs de outras Comarcas, co desarraigo para eles e seus familiares.

O Concelleiro de cultura e deportes debería saber que a súa obriga e buscar cartos, locais, terreos para instalacións atléticas etc...., estar informado do que sucede nas agrupacións deportivas e culturais do Concello e Bisbarra do Baixo Minho.

Na actualidade o atletismo federado guardés e o San Xerónimo Emiliani e realiza os adestramentos en: Campo de fútbol municipal – C.P. Suárez Marquier – Instalacións do C. San Xerónimo – A Laminha – Eiras – Pavillón de C.P. Solanas etc....

Relación do material que nos falta: 1 mesa e dúas cadeiras - 1 estantería metálica gris de 2x2 metros - 2 discos de pesas de 5 Kg - 1 barra de pesas curvada - 1 colchoneta de salto de altura - 2 saltómetros - 2 listóns de salto de altura - Pistola de fogueo para dar as saídas - 2 bidóns negros – 1 Podio de madeira – Vallas – 1 escaleira de aluminio,...

SOLICITAMOS:
A entrega de todo o material descrito que nos falta porque é patrimonio do Trega e para os adestramentos do atletismo competitivo, federado que na actualidade esta representado polo San Xerónimo Emiliani.
O pagamento da subvención que está pendente, e foi aprobada no seu día polo Pleno do Concello de A Guarda.

Sen mais reciban un cordial saúdo

A Guarda a 8 de Xunho 2009

Ningún comentario:

Publicar un comentario