
O ente provincial fará achegará case 300.000 euros para acometer as obras
Infogauda / Tui
A Deputación de Pontevedra, reunida hoxe en Xunta de Goberno, resolveu favorablemente a aprobación do convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello de Tui para a realización das obras de mellora e urbanización na zona Magdalena e variante da igrexa na E.P. 2502 Cerquido Ribadelouro.
O vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, José Manuel Figueroa, fixo fincapé na importancia da obra xa que se corresponde con un lugar moi poboado con casa a ambos lados e con unha circulación de vehículos moi importante. Por elo o proxecto ten como obxectivo urbanizar un tramo de carreteira e dotalo de beirarrúas.
Os costos derivados das obras serán asumidos polo Concello de Tui e a Deputación, que achegarán, respectivamente, 122.000 e 284.000 euros. Estas contías se repartirán en entregas anuais sucesivas dende o 2009 o 2011; o Concello aportará cada ano uns 40.000 euros, mentres que a Deputación facilitará 120.000 euros en 2009 , 86.000 en 2010 e 74.000 en 2011.
Ningún comentario:
Publicar un comentario