HAI SEGURIDADE ARREDOR DO CENTRO CULTURAL E SOCIAL DE A GUARDA?

Infogauda / A Guarda
Nas imaxes que vén de remesarnos un lector de Infogauda, pódese comprobar que no terreo que circunda o inmoble coñecido como Centro Cultural e Social de A Guarda hai algúns compoñentes eléctricos que poden supor un perigo de grave risco para os cidadáns, nomeadamente para os máis cativos.
O perigo é evidente. E diso xa temos dado conta os medios de comunicación independentes. Máis o alcalde e demáis concelleiros do Grupo Municipal de Goberno do Concello de A Guarda, semella non preocuparlles. Haberá que agardar a que aconteza algo irremediable para que adoiten ás medidas correspondentes?
Na imaxe podemos ollar "unha perla" máis que demostra o abandono existente no entorno do Centro Cultural e Social de A Guarda
Como se pode apreciar, ese lugar é un espacio frecuentado por persoas de tódalas edades. En ocasións, mesmo por concelleiros do Grupo Municipal de Goberno do Concello de A Guarda e tamén por concelleiros dos diferentes grupos da oposición, polo que ningún deles poden decir que non saben da existencia deses presuntos focos de perigo. Polo tanto, e namentras non se demostre o contrario, todos son corresponsables -por inacción - desta noxenta situación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario