A DEPUTACIÓN APORTARÁ 78.626 EUROS PARA REMATAR AS OBRAS DA FUTURA CASA DA NAVEGACIÓN DE BAIONA

O concello achega a mesma cantidade e Caixanova inviste 12.000 euros
Infogauda / Baiona
A Deputación de Pontevedra, reunida hoxe en Xunta de Goberno, aprobou resolver favorablemente o convenio que a vincula co concello de Baiona na realización das obras de remate da rehabilitación do edificio Casa Carvajal, futura Casa da Navegación, de Baiona.
Para elo, o organismo provincial investirá unha achega de 78.626 euros, idéntica á que aportará ó concello, polos 12.000 euros que investirá Caixanova. O novo edificio disporá de 475 m2 repartidos en catro salas temáticas sobre a navegación en Baiona, a relación institucional entre Galicia-América, as culturas a ambas beiras do Atlántico e sobre a carabela Pinta.
A Deputación Provincial de Pontevedra xa aportara 240.000 euros á rehabilitación do edificio da Casa María Carvajal. Concretamente, a Deputación aportou 104.347,82 euros no 2006, 73.043,48 euros no 2007 e 62.608,70 no 2008. Pola súa banda, o Concello de Baiona investiu 100.000 euros no 2006, 100.000 euros no 2007 e 38.000 euros no 2008. Finalmente, Caixanova investiu 24.000 euros no 2006, 24.000 euros no 2007 e 24.000 no 2008.
A Casa Carvajal, antiga sede do Concello, está situada no municipio de Baiona, xunto en fronte da casa Pedro de Castro. Conta cun alzado nobre e, unha vez restaurada disporá dunha superficie útil de 475 metros cadrados e 347 metros cadrados de xardíns. Este edificio nobre será rehabilitado co obxecto de crear un Museo Naval fundamentado no protagonismo histórico-marítimo de Baiona e a historia naval de Galicia. O Museo será provisto con fondos procedentes de tres fontes principais: dos numerosos obxectos histórtico-artísticos que posúe o Concello, actualmente dispersos por outras institucións como o Arquivo Simancas, a Fundación Penzol e o Arquivo Histórico de Pontevedra; daqueles que poidan obterse doutras institucións como o Arquivo Histórico de Madrid, Museo do Exército e Museo Naval de Madrid, pobos irmáns de Rafael Freire, Palos de la Frontera, Santa Fe, etc... e finalmente, de copias facsímiles ou réplicas daqueles documentos ou obxectos orixinais difíciles de conseguir.
O Museo Naval disporá de catro salas. A primeira estará centrada na navegación en Baiona (reproducións, mapas, fotografías, representacións históricas dos navíos...). A temática da segunda sala será de carácter institucional, é dicir, ofrecerá ó visitante a relación entre Galicia e América a partires da nova da arribada a Baiona (as viaxes a ultramar dos fillos de Galicia, o exilio...).
As culturas á beira do océano atlántico (cultura cristiá europea e cultura Taina, Ciguaya e Caribe) será a temática da terceira sala e, finalmente, a cuarta e última sala estará centrada na Carabela Pinta. Esta será a sala principal do Museo e recollerá unha ampla exposición das relacións entre o vello e o novo mundo ( mapamundi de grandes dimensións, documentos coetáneos de testemuña, planos etc).

Ningún comentario:
Publicar un comentario