“TENDENDO MANS”
A asociación Avelaíña ten previsto a realización dun acto con este nome en Baiona na Avda. Arquitecto Jesús Valverde dende as 10 h. ás 20h.. Este acto consiste na colocación de tres mesas: unha informativa sobre a asociación e a saude mental, outra con exposición e venta de productos elaborados nos talleres e unha derradeira consistente na recollida de firmas de apoio e a invitación a deixar estampada as súas mans a toda aquela persoa que queira amosar a súa solidaridade con Avelaíña nunca pancarta.
Preténdese informar, concienciar e fomentar actitudes positivas da cidadania en xeral, de nenos e maiores sobor da problemática que afecta ás persoas con enfermidade mental, principalmente as do Val Miñor. Asimismo preténdese que coa venda dos productos elaborados nos talleres axude ó mantemento de actividades nesta Comarca, tendo en conta o escaso apoio que nos prestan as institucións da zona.

Ningún comentario:
Publicar un comentario