14 de xul. de 2009

A GUARDA

ALFOMBRAS FRORAIS DE A GUARDA: OUTRO XEITO DE OLLA-LAS
Infogauda / A Guarda
Vimos de receber un vídeo das Alfombras Frorais de A Guarda deste ano. O autor dese traballo - Severino Álvarez Pacheco -, espricou a Infogauda, como foi o proceso: "Realizouse mediante a técnica de time-lapse (intervalos de tempo), e a 1ª foto foi tomada as 9 da noite e a derradeira as 8:43 da mañan. A cámara autodisparaba cada 15 segundos, producindose 1245 fotografias. No video visualízanse 25 fotografias por segundo o que corresponde a aproximadamente a 6 minutos da noite das alfombras. Durante a noite e debido a choiva produciuse un pequeno paron na toma de fotografias, xa que a camara estaba ubicada nun balcón á intemperie, restablecendose a toma, unha vez parou de chover".
Seve Álvarez tamén nos trasladou a Redacción deste xornal dixital seu "agradecemento a Fina (Pichirola) por prestar desinteresadamente o seu balcón, a pesar do traxín de subir e baixar da súa casa durante toda a madrugada, e a tódalas persoas que fan posible as alfombras en A Guarda, entre elas, como non, a miña nai, Generosa".

Para ollar o vídeo de Seve Álvarez Pacheco, premer aquí
Nota da Redacción de Infogauda: Agradecemos teñades un pouco de pacencia, porque temos comprobado que ás veces hai algunha dificultade técnica para visionar o vídeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario