ANTIGUAS ALUMNAS DO COLEXIO SAN XOSÉ DAS HH. CARMELITAS, DE A GUARDA, PREPARAN UN ENCONTRO A CELEBRAR NESTE MES
Infogauda / A Guarda
Un grupo de antiguas alumnas do Colexio San Xosé, das HH. Carmelitas, de A Guarda, que formaban parte da chamada xeneración do "baby boom" e por iso son moitas, concretamente as que estiveron no cole ata o ano 78, que foi cando fixeron 8º da E.X.B., están preparando un encontro que terá lugar neste mes de xuño.
Segundo se nos informou, "(...) sempre fomos dous cursos, dende parvulario.
Se entrou en contacto con casi todas, unhas oitenta, máis ou menos. Tivemos unha reunión fai uns días, para confirmar a data do encontro, e asistencia o mesmo. Menos catro ou cinco que están fora, e algunha que non pode asistir, contamos de ser sobre 70 e pico. Estamos todas vivas - menos unha -, e iso xa é importante.
Polo de agora, quedamos para o 19 de xuño, data na que asistiremos a unha misa ás 9 da noite no colexio, e logo cearemos no Restaurante Juan, do Rosal, todas xuntas. Tamén asistirán algunhas das antiguas mestras que nos aturaron tantos anos (...)".
Ningún comentario:
Publicar un comentario