O equipo rosaleiro SEMPRE O CORTE disputou o XVIII Rally do Albariño 2009
Reportaxe: Sempre o CorteJuan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal
A cuarta cita do Campionato Galego de Rallyes tivo lugar o pasado 16 de maio en Cambados. Para o equipo rosaleiro “SEMPRE O CORTE”, que vén de ser presentado recentemente, esta foi a súa primeira participación do ano. Lembramos que por un lado están ao volante dun Peugeot 205 Rally o piloto Jorge Díaz Ferreira (Chiño) e o seu copiloto Miguel Gómez Peláez (Fusco), que participan no grupo X da clase 11. Por outro, cun Peugeot 205 GTI, o piloto José Calvar González (Calvar) e a súa copiloto Eva Costas Rodríguez que competiron tamén no grupo X pero na clase 12.
Na súa primeira participación Jorge Díaz e Miguel Gómez (dorsal 113) conseguiron o seu obxectivo que non era outro que rematar o rally e terminaron na posición 85ª a pesar da constante choiva que puxo en moitos apuros a todos os participantes.
Premer aquí, para ver a clasificación completa deste rally.
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario