2 de xuño de 2009

A GUARDA

AGUSTÍN FERREIRA LORENZO (PRESIDENTE DE ANABAM), FOI HOMENAXEADO POLA AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA



- Os actos de recoñecemento a súa labor cultural tiveron lugar o "Día das Letras" e o pasado venres 29 de maio







Infogauda / A Guarda



Por iniciativa da Agrupación Cultural Guardesa, o Día das Letras Galegas de 2009, serviu, non soio para relembrar a Ramón Piñeiro, senón para homenaxear a unha persoa - Agustín Ferreira Lorenzo - que contra vento e maré, alentou - no seo da Agrupación Cultural Guardesa, a traverso da correspondente sección a seu cárrego - o xerme do primeiro colectivo medioambientalista de A Guarda, que en pouco tempo daría lugar a creación da Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM).

Ainda que homenaxe o presidente fundador de ANABAM tivo lugar o própio día 17 de maio, no pavillón do IES A Sangriña, sería o pasado venres día 29 de maio, ás 21:00 h. no Centro Cultural e Social de A Guarda, onde a Agrupación Cultural Guardesa lle tributou a Agustín Ferreira Lorenzo, un garimoso recoñecemento.

Ademáis de numeroso público, o acto, que contou coa presenza do alcalde e varios concelleiros de A Guarda, comezou coa participación do Grupo de Corda Antorcha dirixido por María José Baz Martínez.

A continuación José Antonio Uris Guisantes fixo unha sembranza biográfica de Agustín Ferreira Lorenzo, tanto no eido profesional, como profesor da Academia Arsenios, de A Guarda; como no ámeto naturalista, o tempo que se ía proxectando unha escolma fotográfica relacionada cos datos do homenaxeado, que se ían aportando o respectable.

Logo da intervención de Uris Guisantes, actuou o Coro Cantabile dirixido por Lucía Alonso. Rematada esa actuación, tivo lugar á entrega de agasallos conmemorativos do acto que culminou coa entrega dunha placa ó homenaxeado.

E como corresponde en este tipo de eventos, sería Agustín Ferreira Lorenzo o que dirixiu unhas sentidas verbas rebosantes de lembranzas e agradecementos, que motivaron unha grande ovación por parte de todos os asistentes ó acto, que remataría coa interpretación do Himno Galego a cárrego do Grupo de Corda Antorcha e o Coro Cantabile xuntos no escenario. É como corresponde, todo o público posto en pé. Asemade, como vén sendo costume, tódolos asistentes foron agasallados con un exemplar da publicación conmemorativa que editou a Agrupación Cultural Guardesa.

Nese traballo figura unha reseña biográfica de Agustín Ferreira Lorenzo, así como varias fotografías de diversas etapas cronóloxicas da súa vida, nomeadamente no que atinxe a súa labor como defensor e publicista da biodiversidade da comarca do Baixo Miño galego - portugués.

Compre salientar que Agustín Ferreira Lorenzo tén un ronsel de preto de tres décadas de traballo a prol do estudo, divulgación, conservación, protección e defensa do Esteiro do Miño, en primer lugar, e de toda a comarca, en xeral.

Como xa dixemos anteriormente, Agustin Ferreira Lorenzo escomenzou súa labor na Agrupacion Cultural Guardesa, da cal foi o primeiro secretario, ademáis de ser o responsable da Seccion Ecoloxica e o coordinador do Boletín da A.C.G..
Posteriormente, en 1985, fundou a Asociacion Naturalista "Baixo Miño" ANABAM, entidade da que é presidente dende o escomenzo da súa andaina. Por esa razón, ANABAM cumprirá en 2010, un cuarto de século de activa defensa do patrimonio natural, etnográfico e medioambiental do Baixo Miño. Toda esa actividade vénse reflectindo no Boletin “Carrizal”, con preto de 200 números pubricados; así como na pubricacion de guías, cadernos didácticos e folletos informativos acerca do Baixo Miño, ademáis de pubricar artigos en diversas revistas e xornais. Asemade, na publicación de monografías e no sitio de ANABAM na Rede, que se actualiza dúas veces o mes, ademáis de realizar i editar documentais de temática naturalista e tamén reportaxes de diversos eventos, Agustín Ferreira Lorenzo tén desenvolvido unha activa e continuada aportación o acervo cultural do noso país.

Ningún comentario:

Publicar un comentario