24 de maio de 2009

LEMBRANDO O PROFESOR E POETA XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO





Infogauda / Cenlle


Guiados pola búxula da súa mestría poética, subrime; da súa humanidade e solidariedade, tantas veces demostradas; do seu compromiso coa Terra Nai, focalizada no seu Ribeiro amantísimo, e no mar fecundante de A Guarda - o Noso Mar - achegámonos até as vizosas terras de Cenlle. E alí, no outeiro sacro de Sadurnín, ollamos como a xeografía vital, a orografía física e súa paisaxe vexetal, anovaban nesta primaveira de cabodano, súa saudosa homenaxe de gratitude o poeta que as cantou coma ninguén. E como testemuñas do devalar do tempo, velaí a presenza da mestría dos nosos canteiros do Románico nos canzorros, capiteis e no tímpano, da igrexa de San Xoán de Sadurnín.
A Historia, a orografía, a paisaxe,..., e tamén a paisanaxe, xunguíronse na lembranza do poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario