César Pazos Carrero presenta ‘La comunidad de las naciones’ e “La Corona de la Alianza”
• Este venres 7 de febreiro, ás 20:00 horas no Centro Cultural
Infogauda / A Guarda
Este venres 7 de febreiro, ás 20:00 horas, no Centro Cultural, César Pazos Carrero presentará dúas obras literarias da súa autoría: “La Comunidad de las Naciones”, conformado polo primeiro volume co mesmo título e o segundo titulado “La Corona de la Alianza”.
O acto será presentado polo alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero. Ademais, contará co acompañamento musical do dúo de gaiteiros “Airiños da Fervenza”, formado por Raquel Castro e Ramón Pazos; e polo Grupo de Gaitas A Boalleira (A Gándara).
“La Comunidad de las Naciones” mergulla ao lector nunha distopía no ano 2080 cando as relacións políticas fan cambalear a paz en España e Europa e, onde Galicia terá papel destacado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario