27 de maio de 2009

A GUARDA

EXPOSICIÓN DE PINTURA NO IES A SANGRIÑA, DE A GUARDA






Infogauda / A Guarda

Teñen en común moitas cousas. Todas elas son mulleres e todas elas tamén, están vencelladas, de un xeito ou de outro o IES A Sangriña. E ademáis, todas elas saben administrar ben o seu tempo.
Todas elas, escomenzando por Milagros Rodríguez - que é de Torneiros (Porriño), e traballa no IES A Sangriña - síntense atraídas pola Arte.
Milagros Rodríguez é a persoa que, por deci-lo dalgún xeito, aglutina a este interesante colectivo de artistas noveis, que até o día 2 de xuño amosan medio cento de obras pictóricas, realizadas ó óleo, no salón de actos do IES A Sangriña.
Desde Infogauda, propóñemoslles as persoas que visitan este xornal dixital, que se acheguen a ollar a exposición, xa que seguramente poderán comprobar como todas as artistas participantes (Milagros Rodríguez, Lucía González, Mª de los Ángeles Pérez, Paula Lago, Carmen Rodríguez, Mª del Carmen Barros e Carmela Alonso), teñen moitas razóns para sentirse moi satisfeitas co seu labor.
A exposición pode visitarse nos seguintes horarios:
- Mañás (luns - venres): De 11:55 a 12:20 h.
- Tardes (martes-venres): De 16:50 a 22:10 h.
- Sábado: De 18:00 a 21:00 h.
- Domingo: De 17:00 a 20:00 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario