31 de maio de 2009

A GUARDA

IMAXES PARA A REFLEXIÓN



Infogauda / A Guarda


Desde a Rúa da Cal ou desde a Praza de San Bieito, podemos baixar ou subir por unhas escaleiras cuia propiedade descoñecemos. O que non descoñecemos é o deplorable estado de abandono dese acceso, onde ademáis de "arte urbán" hai un fedor a ouriños que escanxoa. Esa situación non é nova. Leva así moito máis tempo do estrictamente asumible, pero ninguén a solventou. Desde Infogauda deixamos constancia diso e pregamos que por parte de quen corresponda se adoite unha solución que remate co "impacto" visual e fedorento que amosan esas paredes e esas escaleiras.
Por certo, os que fai uns días sairon nas fotografías pubricadas en diversos medios de comunicación social, co gallo do escomenzo das obras na rúa da Cal, bén poderían ter adoitado xá, as medidas tendentes a correxir esa noxenta situación. Entre outras razóns, porque é súa obriga, e ademáis polas sustanciosas retribucións que perciben das arcas municipais. É decir, que saien do peto de tódolos contribuintes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario