27 de maio de 2009

DEPORTE

A terceira edición do Triatlo da Amizade celebrarase o próximo 5 de xullo entre as localidades de Goián (Tomiño) e Vila Nova de Cerveira.
José Benito Guerreiro / Tomiño
Este martes 26 de maio no Concello de Tomiño tuvo lugar a última reunión de traballo conxunta previa a celebración do III Triatlo da Amizade.
A misma asistiron Sandra González, alcaldesa do Concello de Tomiño; Fernando Matías, Asesor da Cámara Municipal de Vila de Cerveira; Fernando Álvarez, Concelleiro de Deportes de Tomiño; Francisco Villanueva, Presidente da Federación Galega de Triatlón e Marco Miranda, Delegado da Federaçao de Triatlo de Portugal.
Esta é a última dunha serie de reunións de traballo que se levan celebrado nos últimos meses co obxetivo de seguir adiante cun proxecto iniciado en abril do 2006 e do que ahora se faen cargo os dous concellos e as duas federacións.
Este ano celebrarase a terceira edición desta competición. Unha proba un tanto peculiar xa que mui posiblemente sea unha das poucas probas de triatlón a nivel internacional que discurra entre dous paises.
Un dous acordos ó que se chegou nesta reunión de traballo , e que demostra o gran interés por seguir adiante con este proxecto transfronterizo, foi fixa- la fecha para as vindeiras edicións.
A partir do ano 2010 o Triatlo da Amizade celebrarase sempre o último domingo do mes de setembro inda que este ano, por dificultades a hora de encontrar unha fecha que se adaptara ós calendarios de competición das duas federacións e ós compromisos de ambos concellos, a proba celebrarase o vindeiro 5 de xullo.
O lugar de inicio da proba será no embarcadoiro de Goián as 4 da tarde hora galega, unha hora menos en Portugal.
O primeiro segmento da competición será a proba de natación cunha distancia de 750 metros e donde os triatletas cruzarán 3 veces a linea fronteriza que hai no medio do Río Miño, unha raia que sólo existe nos mapas e que máis que separarnos únenos.
Cuando os triatletas cheguen ó Cais do Rio Miño, na localidade de Vila Nova de Cerveira, terán que coller as suas bicicletas de montaña e dar 3 voltas a un circuito que discurrirá pola orilla do Río Miño e o Castillo de Lovelhe.
Unha vez terminen as 3 voltas emprenderán camiño de regreso rumbo a Galicia cruzando pola Ponte da Amizade e rodando polas pistas forestais cercanas ó Pazo de Goián para finalizar outra vez no antiguo embarcadoiro do ferri.
Este segundo sector terá unha lonxitude de casi 18 km donde os triatletas terán que rodar sobre pistas de terra, ruas de adoquins e algo de asfalto.
O último sector discurrirá polos arredores da Fortaleza de San Lorenzo de Goián ó que os triatletas terán que darlle 4 voltas a esta fortaleza para cubrir unha distancia de 4 km e medio.
Nesta terceira edición os portugueses, vencedores da proba do ano pasado, serán os defensores do Trofeo da Amizade e os galegos intentarán recuperar este título que xa ganaron na primeira edición e que, lamentablemente para eles, perderon na segunda.
O trofeo en disputa é o símbolo da competición e trátase da Escultura Ponte de Culturas do escultor e ceramista alicantino Arcadio Blasco.
O Triatlo da Amizade é muito máis que unha competición deportiva, algo que vai máis alá das fronteiras físicas e emocionais, un punto de encontro entre as xentes de ambos paises, un encontro coa nosa historia, o noso pasado e o noso futuro, en definitiva unha proba única.
Poderán participar tanto triatletas federados como non federados e tamén se poderá competir en equipos de relevos compostos por 2 ou 3 deportistas.
Os deportistas galegos que queiran participar deberán inscribirse na Federación Galega de Triatlón
www.fegatri.org e os portugueses na Federaçao de Triatlo de Portugal www.federacao-triatlo.pt
A cita, o próximo 5 de xullo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario