25 de maio de 2009

DEPORTE

5 MEDALLAS PARA O CLUB SAN XEROME, NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ATLETISMO

Carmelo Cadilla terceiro clasificado na proba de 5.000 m. marcha, despois de recoller a medalla de bronce
Xosé Carlos González Blanco / A Guarda
O Campionato tivo lugar na cidade de Elche, este fin de semana, coa participación de 292 atletas de 49 clubes de todo o estado español.
Os resultados do Club representante do Baixo Miño, non poideron ser mellores, xa que en diferentes probas obtiveron 5 medallas.
Na máxima categoría (competición), Carmelo Cadilla foi terceiro na proba de 5.000 m. marcha. Na segunda categoría (adaptada feminina), Rosalía González
Fonseca foi primeira na proba de 400 m. e segunda en salto de lonxitude; María G. Orduna, foi primeira en lanzamento de peso, e Amparo Ferreira, foi terceira en salto de lonxitude.
Bos resultados tamén para o resto dos participantes xa que estiveron moi preto das medallas: Luis Antonio Sández, Javier Vieira, José Ramón Senra e Borja Cadilla.

Noraboa os deportistas, e mil grazas o esforzo dos adestradores voluntarios!
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS
Completamos esta noticia con outra boa nova: o chamamento dos seleccionadores galegos da Federación a 7 deportistas do noso Club, para participar no Campionato de España de seleccións autonómicas que terá lugar en Benidorm, os próximos 4, 5, 6 e 7 de xuño.
Formarán, polo tanto, parte das respectivas seleccións galegas os seguintes deportistas:
Domingo Albadalejo, Borja Cadilla e Javier Portela (Atletismo), Maite Barros, María G. Orduna e Amparo Ferreira (Baloncesto), e David Barbosa (Fútbol sala).

Ningún comentario:

Publicar un comentario