23 de maio de 2009

A GUARDA

O CARTEL DA XIX FESTA DA LAGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA ESTÁ XENERANDO OPINIÓNS CONTROVERTIDAS



"A muller do pano", de Ana Cividanes Álvarez


Infogauda / A Guarda


Como xa informamos oportunamente, a deseñadora Ana Cividanes Álvarez, de A Guarda, foi a gañadora do concurso de carteis da XIX Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira. Desde que se deu a coñecer esa nova, xurdiron diversas opinións de persoas que cuestionan a orixinalidade desa obra. Non son poucas as que consideran que a figura que protagoniza o cartel gañador tén unha indiscutible semellanza con unha obra do pintor Amedeo Modigliani, que a instancia dun lector deste xornal dixital, xa reproducimos fai uns días.

A polémica está servida. Hai moitas opinións críticas e tamén, como en toda controversia, non fallan os apoios a autora do cartel.

Segundo puido saber Infogauda, un guardés cuia identidade nos consta, solicitou unha opinión profesional, sobre si a devandita obra se considera plaxio, a resposta recibida de Félix, membro da páxina web deconcursos.com, especializada en este tema, foi a seguinte:
"Creo que no te puedo decir nada nuevo sobre el tema. Algunos lo pueden considerar como un plagio. Otros consideran que no se trata de un plagio sino de la utilización de imágenes y estilos de otros artistas que ya son populares, por lo que aducirían que no hay mala intención por parte del autor. Lo que si está claro es la falta de originalidad y de recursos de su autor por lo que por mi parte no se le debería premiar (...)".

Ningún comentario:

Publicar un comentario