Nova curta engadida en Flocos.tv: Bechos raros
Flocos.tv
Estreamos nova curta en Flocos.tv: Bechos raros de Estíbaliz Burgaleta, Alegría Collantes (2006). Podes botarlle unha ollada aquí.
SIPNOSE
O ser humano é o becho máis raro da natureza. Para demostrar esta afirmación seguiremos os pasos de tres curiosos especímenes de bechos raros: José Luis pertence á tribu urbana dos “sinistros”, Raul é un frikie dos video-xogos e Eva unha fervinte adepta á astroloxía. Os tres sofren a marxinación dunha maioría que os rechaza por ser diferentes e lles dificulta a procura de alimento, seguridade e reproducción que guía os instintos de tódolos animais. Cada un deles enfróntase á decisión de cómo vivir a súa condición de raro. José Luís elixe a estratexia do camaleón, esconde a súa verdadeira personalidade e camíflase entre a maioría para non sufrir. Raul, como un lobo solitario, refúxase na súa guarida e se relaciona co mundo a través dunha pantalla de ordenador. Eva busca a calor dunha manda de lunáticos coma ela, entre os que sentirse integrada. Esta é a historia de tres bechos raros habitantes nun ecosistema “normal” que lles é hostil, que elixen tres formas distintas de vivir a súa vida. E precisamente é esa capacidade de elección a que fai do ser humano o becho máis raro da natureza.
Proxecto gañador do concurso estatal de guións para curtametraxes de ficción Compostela Plató, dentro do III Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, CurtoCircuíto’06.
Director: Estíbaliz Burgaleta, Alegría Collantes
Intérpretes: Estíbaliz Veiga, Xúlio Abonjo, Tamara Canosa, Javier Varela, Uxía Crespo
Duración: 11´32"
Ano: 2006
· Curtocircuito
· Ficha na web da Axencia Audiovisual Galega

Ningún comentario:
Publicar un comentario