CENSURAN UN BOLETÍN DE NORMALIZACIÓN DO CEIP RANDUFE, DE TUI
A Xunta de Persoal Docente de Pontevedra tivo que intervir, para amparar a actividade do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP de Randufe (Tui), despois de que o director do centro retirara en varias ocasións do taboleiro de anuncios, un boletín elaborado polo ENDL que reparte entre a comunidade escolar, profesorado e nais e pais do alumnado.
O curioso do asunto é que o director, que forma parte do ENDL, aprobou os contidos do boletín en cuestión, xunto co resto dos membros do equipo. O motivo de retirar o boletín do taboleiro, era, segundo se describe nos “Antecedentes” da resolución, que un pai protestou polo contido dunha páxina, que facía referencia a unha viñeta da revista Retranca, alusiva á política lingüística do actual presidente da Xunta, Núñez Feijoo.
Fonte: cousasminhas.blogaliza.org
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Máis que un comentario, o amigo Kiko Da Silva, deixounos unha interesante ligazón. Premer nela para coñece-la caricatura que semella haber molestado a alguén.
hipatia gz dixo:
A mesma persoa que colocou a viñeta no taboleiro, arrincou outro cartel so por estar escrito en castelán.
A CIG censura esta información.
Ningún comentario:
Publicar un comentario