30 de maio de 2010

SALVATERRA DE MIÑO

O CLUB DEPORTIVO MIÑO TEIXUGOS GAÑA A 2ª COMPETICIÓN DA COPA GALEGA DE SLALOM


Informa (Fotografías y texto): Rosa Fernández / Salvaterra de Miño


Este domingo celebrouse en Salvaterra de Miño, no río Tea, a 2ª competición correspondente a Copa Galega de Slalom. O campionato desenrolouse sen incidentes dentro do horario previsto.

Os Teixugos acudiron con nove piragüistas e dúas abridoras. Éstas últimas participan, pero non puntúan ao pertencer a categorías inferiores.
A nivel individual cabe destacar unha medalla de ouro: Miguel Valcárcel en C1 Cadete; catro de prata: Víctor González en C1 xuvenil; Adrián Rodríguez en K1 cadete; estes dous mesmos palistas en C2 e Guillermo Pereira en K1 xuvenil; e tres de bronce: dúas para Emilio Ferreiro en K1 e C1 senior e outra para Alex Ochoa en C1 xuvenil.


Os tres primeiros equipos clasificados foron o Club Deportivo Miño, seguido do Club Piragüismo Tea de Mondariz, e en terceiro lugar por o Val Miñor- Frioya de Baiona que subiron ao podio a recoller o trofeo de rigor.
Para ver unha reportaxe dos "Teixugos" participantes premer nesta ligazón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario