O CENTRO CULTURAL ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN HISTÓRICA SOBRE A MEDICINA EN OURENSE

Infogauda / Ourense
“Unha mirada atrás” é o título da exposición coa que a Academia Médico Quirúrxica de Ourense vai celebrar o seu 50 aniversario e que se inaugurará mañá, día 1 de xuño, ás 20:00 horas no Centro Cultural da Deputación.
Os actos foron presentados polo presidente da academia, Eloy Sánchez, quen suliñou que na exposición amosarase instrumental médico do século pasado, ao tempo que se inaugurarán as actividades cunha conferencia do profesor Carro Otero.

A exposición e actividades alongaranse ate o día 10 de xuño e pódese atopar máis información na web http://www.amqourense.com/
Ningún comentario:
Publicar un comentario