5 de maio de 2010

TOMIÑO

EXPOSICIÓN DE PINTURAS DE GEMMA MARQUES REDONDO
Infogauda / Tomiño
Este xoves, día 6 de maio, ás 20.00 h., na Xamonería da Plaza do Seixo (Tomiño), inaugura unha exposición de pinturas a artista Gemma Marqués Redondo.
Gemma Marqués (Burgos, 1981), quixo ser pintora desde ben pequeniña. Estudo Belas Artes e realizou varios cursos para complementar súa formación. Hoxendía reside na vila de A Guarda e seu soño estáo facendo realidade co seu traballo cotián e nas diferentes exposicións individuais e colectivas que tén feito.
Nesta nova mostra que Gemma Marqués presenta en Tomiño, poderemos ollar até o día 31 de maio, unha mostra das súas creacións máis recentes, de temática mariñeira, inspirada no mar da Guarda, os temporais, ás gamelas, nasas,...
Gemma Marqués presenta óleos e acrílicos, con pan de ouro e de prata, a prezos moi asequibles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario