5 de maio de 2010

A GUARDA

O BNG demanda o arranxo dos parques infantís do Castro


Xan Lois Lomba Alonso, portavoz municipal do BNG no Concello da Guarda

Os veciños e veciñas lamentan a falta de interese do goberno municipal polo mantemento destes parques

Bloque Nacionalista Galego / A Guarda
O portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba , ven de reclamar ao concello da Guarda o arranxo dos parques infantís da praza do Castro e da subida a Torroso.

A falta de mantemento destes parques ten como consecuencia o mal estado dos diferentes xogos (columpios rotos, madeiras soltas, astillas, deficiencias no pintado, etc.) que poñen en perigo a integridade dos máis pequenos que utilizan estes espazos de lecer.

Os veciños e veciñas lamentan a falta de interese do goberno municipal polo mantemento destes parques, sobre todo ante o crecente uso que estes dous espazos están a experimentar.

O BNG considera o mantemento dos parques infantís como algo prioritario dado que son espazos orientados aos máis pequenos e polo tanto todo o relacionado con eles debe ser tomado cunha especial sensibilidade, ante o cal solicita ao goberno municipal que tomen as medidas oportunas para que se solucionen estas deficiencias de xeito urxente.

Asemade, dende o BNG pedimos que se revisen o resto dos parques infantís do concello para que se arranxen aquelas deficiencias que se atopen.

Ningún comentario:

Publicar un comentario