6 de nov. de 2026

VAL MIÑOR

A Deputación avanza na transformación de Baiona con dous novos investimentos de máis de medio millón de euros do PAI Val Miñor 15 Minutos 

•  Luis López anuncia a aprobación do proxecto para implantar un sistema intelixente de control do tráfico e videovixilancia, dotado con preto de 180.000 euros, e a adxudicación por 340.000 euros da reforma da rúa Hortas Reais para convertela nunha nova praza pública 


Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra, na rolda de prensa deste venres
Foto: Rafa Estévez

Infogauda/Val Miñor

A Deputación de Pontevedra continúa avanzando no desenvolvemento do PAI Val Miñor 15 Minutos, o proxecto de transformación dos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar coordinado pola institución provincial e financiado con fondos europeos. Neste marco, o presidente Luis López anunciou que a Xunta de Goberno aprobou hoxe dous novos investimentos que beneficiarán directamente a Baiona e que suman máis de medio millón de euros.

 Desta maneira, por unha banda, aprobouse o proxecto de obra para a instalación dun sistema de control do tráfico no núcleo urbano e de accesos ao casco histórico, cun investimento de preto de 180.000 euros. A actuación permitirá mellorar a mobilidade, a seguridade e a sustentabilidade da vila mediante a instalación de cámaras lectoras de matrículas en catro puntos de entrada ao casco histórico (praza Pai Fernando, rúa Diego Carmona, rúa San Xoán e rúa Porta da Vila), co obxectivo de limitar o acceso aos vehículos autorizados mediante semáforos que regularán o acceso. Ademais, colocaranse outras dúas cámaras lectoras de matrículas nos accesos da PO-552, na conexión coa rúa Herminio Ramos e na rotonda ao final da rúa Tomás Mirambell.

 O proxecto inclúe tamén seis cámaras intelixentes para coñecer en tempo real a afluencia de persoas ao casco histórico e controlar os aforos, co obxectivo de mellorar momentos de grande afluencia, como a Festa da Arribada ou a tempada estival, así como 21 cámaras de videovixilancia distribuídas polo casco histórico e distintos puntos do núcleo urbano, co obxectivo de reforzar a seguridade, especialmente durante os eventos e as celebracións con maior concentración de persoas.  

 Por outra banda, Luis López detallou a adxudicación, por 340.000 euros, das obras de reforma da rúa Hortas Reais. O obxectivo é transformar esta vía de transición nunha nova praza pública, gañando espazo para as persoas e reducindo o protagonismo dos vehículos. Para iso, crearase unha plataforma única e ampliarase o espazo peonil ata os 430 metros cadrados, ao tempo que se restrinxirá o tráfico rodado. A nova praza contará con zonas axardinadas, árbores e bancos. A intervención completarase coa renovación das tubaxes de saneamento e abastecemento e o soterramento do cableado aéreo.

O PORRIÑO

O PSdeG PSOE de O Porriño levaba razón: A Dirección Xeral de Tributos confirma a exención do IVE das escolas infantís 

• Os socialistas rexistraron o 17 de xullo unha instancia a Intervención municipal para realizar consulta e aclarar coa entidade a fiscalidade dos contratos adxudicados a empresas privadas, pola xestión das escolas de Budiño e Pontellas; deste xeito, O Porriño aforrará 700.000 euros 


David Alonso, portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello do Porriño
Foto: GMS

Infogauda/O Porriño 

 A Dirección Xeral de Tributos confirmou que o servizo das escolas infantís municipais adxudicadas en Xullo está exento de IVE, dando a razón á consulta rexistrada polo PSdeG do Porriño o pasado 17 de xullo de 2026. 

 Segundo os cálculos manexados polos socialistas sobre o impacto global da exención, esta decisión pode supoñer para O Porriño un aforro próximo aos 703.000 euros. Uns recursos que poderán permanecer nas arcas municipais e destinarse ás necesidades da veciñanza. 

 O expediente municipal fora tramitado aplicando un IVE do 21 %, pese ás dúbidas existentes sobre a fiscalidade deste tipo de servizos. Ante esta situación, o Grupo Municipal Socialista, advertiu no mesmo Pleno, antes de adxudicar esta situación e decidiu solicitar a través do servizo da Intervención municipal, un pronunciamento oficial da Dirección Xeral de Tributos. “Non queriamos opinións nin interpretacións políticas. Queriamos que falase o organismo competente e, Tributos, confirmou que tiñamos razón: este servizo está exento de IVE”, sinala o portavoz socialista, David Alonso. 

 Para o PSdeG, a consecuencia máis importante é que centos de miles de euros que inicialmente estaban vinculados ao pagamento deste imposto poden quedar agora no Concello. “Estamos falando de arredor de 703.000 euros. Son cartos dos veciños e veciñas do Porriño que poderán empregarse en saneamento, servizos sociais, ensino, deporte, mantemento das parroquias ou en calquera outra necesidade municipal”, explica Alonso.

 Os socialistas consideran que é unha mostra de que non hai ninguén ao mando da área económica, da cal ten as competencias, Alejandro Lorenzo. Debe explicar por qué se lle pagaba a empresas privadas esta cantidade, a pesares dos avisos dos socialistas. “Cando se xestionan contratos de millóns de euros non se pode dar nada por feito. Hai que revisar cada cifra, cada imposto e cada condición porque estamos administrando cartos que non son do Goberno municipal, son de todos os porriñeses”, afirma Alonso. 

 O PSdeG reclama agora que o Concello incorpore o criterio de Tributos ao expediente, realice os axustes económicos e contables necesarios e faga público o impacto definitivo da exención. “Se a nosa consulta permite que arredor de 703.000 euros queden no Porriño en vez de destinarse a un imposto que non correspondía, ese é o resultado que importa. Agora esperamos que o Goberno municipal extreme moito máis o control sobre a fiscalidade e sobre cada euro dos veciños”, conclúe David Alonso.

MOS

Denuncian “salarios de miseria” no almacén loxístico de Bimba y Lola en Mos 

• O comité trasladoulle á dirección un pacto de mellora de soldos, descanso semanal e categorías e non obtivo resposta, polo que baralla mobilizarse 


Instalacións de Bimba y Lola en Mos
Foto: CIG

Infogauda/Mos

 O comité de empresa de Bimba y Lola Logística (6 representantes da CIG e 3 da USO) denuncia que o persoal do centro de traballo de Mos conta con “salarios de miseria”, polo que hai cinco meses trasladoulle á dirección un pacto de melloras laborais que contemplase tamén unha suba de soldos. “Aínda non nos responderon á proposta, e cando preguntamos sempre aseguran que se está a perfilar, así que se non hai un cambio de actitude convocaremos mobilizacións”, sinalan dende a representación sindical. 

 Segundo explican dende o comité, con este pacto de mellora preténdense dignificar as condicións económicas e laborais do cadro persoal do centro de traballo de Mos, integrado por 153 persoas traballadoras adscritas ao convenio estatal do téxtil, polo que unha parte importante recibe un salario mensual equivalente ao SMI. A proposta inclúe tamén unha mellora do descanso semanal e das categorías profesionais, xa que na actualidade hai na empresa persoal con 20 anos de antigüidade que segue a ser auxiliar. 

 A representación sindical traslada a súa “indignación” e o seu “malestar” pola falta de resposta dunha compañía que o ano pasado rexistrou un beneficio neto de 8 millóns de euros, “o que supón multiplicar por cinco os 1,5 millóns que gañou en 2024”. E denuncia que estes salarios son claramente insuficientes e impiden que as persoas traballadoras poidan chegar a fin de mes, tendo en conta a carestía da vida rexistrada nos últimos anos. Por iso sostén que mentres a empresa ten beneficios millonarios o seu persoal recibe “salarios de miseria”.  

 Ademais, critica a actitude de “desprezo e prepotencia” da dirección cara á representación sindical, “ao non dar resposta ás nosas lexitimas demandas”. En consecuencia, dende a representación sindical adiantan que non vai aceptar máis tempo está situación e anuncian a súa intención de convocar mobilizacións se non se produce un cambio de actitude por parte da empresa para negociar un pacto de mellora salarial e laboral.

VIGO

A CIG mobilízase en Vigo contra Mercadona por manter o sistema de valoración da prima de beneficios que castiga o traballo sindical 

• A empresa continúa a suspender a avaliación das persoas delegadas malia que a Inspección constatou vulneración moi grave da liberdade sindical 


A CIG desenvolveu hoxe unha concentración diante do Mercadona da avenida de Madrid, 108, en Vigo
Foto: CIG

Infogauda/Vigo

 A CIG desenvolveu hoxe unha concentración diante do Mercadona da avenida de Madrid, 108, en Vigo, para denunciar que a empresa de alimentación continúa utilizando o sistema de valoración da prima de beneficios como mecanismo de castigo contra as persoas que desenvolven actividade sindical. E isto a pesar de que a Inspección de Traballo constatou que se trata dunha medida discriminatoria e pouco garantista que vulnera o dereito de liberdade sindical, cualificando a infracción como moi grave e propoñendo unha sanción de 50.000 euros. 

 A central ten en marcha unha campaña de mobilizacións para visibilizar unha práctica que leva anos denunciando: a utilización do denominado ´modelo Mercadona´ e das súas avaliacións anuais para penalizar economicamente as persoas que defenden os dereitos do persoal e exercen a representación sindical. E rexeitar que, a pesar da actuación inspectora, Mercadona mantén este sistema de valoración e continúa suspendendo as avaliacións das persoas delegadas da CIG, privándoas da prima de beneficios, da gratificación extraordinaria e dunha semana adicional de vacacións. Exclusión que pode supoñer a perda de tres mensualidades. 

 A situación resulta especialmente evidente na provincia de Pontevedra, xa que na avaliación correspondente ao ano 2024, nove das once persoas delegadas da CIG recibiron unha cualificación negativa e só dúas conseguiron superar o proceso. Unha delas, ademais, non chegou a percibir ningún importe pola súa situación de incapacidade temporal e pola aplicación do requisito de tempo de alta na empresa. O mesmo patrón repítese na provincia da Coruña, onde actualmente todas as persoas delegadas da CIG teñen suspensas as valoracións. 

 A gravidade destas prácticas quedou reflectida nunha actuación recente da Inspección de Traballo de Pontevedra, que analizou, entre outros elementos, a gravación dunha entrevista de valoración realizada no centro da avenida de Madrid, en Vigo. Nesa entrevista, a persoa responsábel do establecemento fai referencias explícitas á actividade sindical dunha delegada para xustificar a súa valoración negativa. Entre os motivos esgrimidos aparecen a utilización do crédito horario sindical sen a antelación que a responsable consideraba adecuada e a participación en mobilizacións nas que se coreaban consignas que non eran do seu agrado. 

 Para a CIG, este caso evidencia como Mercadona utiliza as entrevistas de valoración para introducir criterios discrecionais e converter o exercicio dos dereitos sindicais nun factor negativo á hora de conceder beneficios económicos e laborais. 

 A autoridade laboral conclúe que os parámetros empregados pola empresa son “xenéricos, insuficientes e discriminatorios”, ao non responder a criterios “obxectivos, razoábeis e proporcionados”. Ademais, aprecia unha ampla discrecionalidade que permite utilizar esta gratificación de maneira discriminatoria e represiva contra determinadas condutas sindicais. 

 Por estes feitos, constata a vulneración do dereito fundamental á liberdade sindical, cualifica a infracción como moi grave e propón unha sanción de 50.000 euros, ademais da perda das axudas, bonificacións e beneficios derivados dos programas de emprego. 

 Desde a CIG denuncian que Mercadona non só mantén un sistema de valoración cuestionado pola Inspección, senón que continúa aplicándoo contra as persoas representantes sindicais, facendo recaer sobre elas as consecuencias económicas do exercicio da súa actividade. Por iso, considera necesario continuar dando unha resposta colectiva e facendo visíbel que a representación das persoas traballadoras non pode ser motivo de penalización salarial nin de discriminación laboral.  

 “Esixímoslle á empresa poña fin a estas prácticas, respecte a liberdade sindical e deixe de utilizar a prima de beneficios como instrumento de presión contra quen defende os dereitos do persoal”, remata Verónica Pérez, delegada da CIG en Mercadona na provincia de Pontevedra.

VIGO

O BNG chama a unha grande mobilización o 11N e o 29N para que Galiza saia da discriminación e poida decidir o seu futuro  

•  A candidata Carme da Silva chama a romper coa dicotomía do bipartidismo e apoiar con convicción a quen representa o país para conseguir que Galiza conte e condicione as políticas do Estado  

•  A nacionalista asegura que a folga do 11 de novembro será un exemplo para todo o Estado e que o 29N debe traducirse nun grande apoio ao BNG  


Carme da Silva, cabeza de lista do BNG ao Congreso, nun momento do encontro coa executiva comarcal da CIG de Vigo, no que participou xunto ao voceiro municipal Xabier P. Igrexas, outros integrantes da candidatura e a responsable local nacionalista
Foto: Cedida

Infogauda/Vigo

 O BNG chamou hoxe a unha grande mobilización social na folga xeral do vindeiro 11 de novembro e tamén nas eleccións xerais do 29N para que Galiza saia da discriminación, galegas e galegos vexan solucións aos seus problemas reais e o país gañe capacidade para decidir e condicionar as políticas do Estado. Así o trasladou a cabeza de lista do BNG ao Congreso, Carme da Silva, tras o encontro coa executiva comarcal da CIG de Vigo, no que participou xunto ao voceiro municipal Xabier P. Igrexas, outros integrantes da candidatura e a responsable local nacionalista.  

 Carme da Silva situou o 29 de novembro como unha oportunidade para romper coa dicotomía do bipartidismo e apoiar a quen defende os intereses de Galiza. “O 29N vai de romper co bipartidismo, de apoiar a quen nos representa, de votar con convicción para ter un futuro mellor, de votar por quen vai contra a discriminación de Galiza e das súas traballadoras e traballadores”, afirmou. Defendeu que o país precisa ter peso político para que os problemas da sociedade galega estean na axenda e reciban respostas, fronte ao modelo de PP e PSOE que continúa a relegar Galiza.  

 A nacionalista advertiu de que a vida das galegas e galegos é cada vez máis difícil nun contexto de encarecemento do custo da vida, baixos salarios, pensións insuficientes e precariedade laboral. Puxo enriba da mesa que Galiza rexistra unha das taxas de inflación máis elevadas do Estado, cun 5,5 % no dato de setembro, unha situación que repercute directamente nas economías das familias.   

 Da Silva puxo tamén o foco nas condicións laborais e na situación da sanidade pública para cuestionar o discurso do PP sobre o absentismo. Lembrou que, até agosto, Galiza rexistrara 29 mortes por accidente laboral e máis de 19.000 accidentes con baixa. “É absolutamente indecente que se culpabilice a traballadores e traballadoras que están nunhas condicións laborais e de saúde terribles”, denunciou. Neste sentido, criticou que o PP de Feijóo reclame sacrificios ás clases traballadoras mentres a Xunta recorta e privatiza servizos públicos básicos, especialmente a sanidade, e non asume responsabilidades.  

 A candidata cuestionou igualmente as prioridades do goberno do PSOE, que se presenta como o máis progresista da historia pero mantén vixentes a reforma laboral aprobada polo PP e a chamada ‘Lei Mordaza’. Sinalou tamén que, fronte ao discurso de ser un goberno social, desde o 25 de agosto, o executivo estatal aprobou máis de 12.000 millóns de euros de gasto militar fronte aos 200 millóns destinados a vivenda. 

 “Para mísiles, balas e tanques, máis de 12.000 millóns; para a vivenda, 200 millóns. Iso marca moi ben cales son as súas prioridades”, reprochou.  

 Da Silva tamén considerou insuficiente a proposta de situar o salario mínimo interprofesional en 1.286 euros, unha contía que continúa por baixo do 60 % do salario medio. Fronte a estas políticas, reivindicou a posición do BNG de que os recursos públicos “teñen que ser para mellorar a vida das persoas, dos traballadores e das traballadoras, das pensionistas, para garantir un sistema de pensións públicas, non para seguir alimentando o monstro da guerra”.   

 A cabeza de lista do Bloque pechou a súa intervención expresando a súa convicción de que Galiza será o 11 de novembro un exemplo para o conxunto do Estado, cunha mobilización masiva. “Vai ser vangarda do Estado, exemplo dunha sociedade que se revela, que se move e que non se resigna”, afirmou. Unha mobilización social que, ao seu xuízo, debe ter continuidade o 29N cunha gran mobilización de apoio ao BNG. “Fagámolo con convicción, con ilusión e con esperanza, porque os galegos e as galegas merecemos un futuro mellor e pelexar por este país e polas súas clases traballadoras merece todos os esforzos”, concluíu.  

 Pola súa banda, Xabier P. Igrexas puxo o foco na situación económica e laboral de Vigo e da súa comarca, marcada polo incremento do paro rexistrado (con máis de 15.000 persoas sen ter en conta ERS nin persoas en itinerario de formación), a perda de postos de traballo na industria e unha aposta cada vez maior polo sector servizos, que condiciona o desenvolvemento económico da bisbarra e favorece o empobrecemento das condicións laborais. O voceiro nacionalista alertou tamén do incremento da carestía da vida, dunha situación social na que hai filas da fame con arredor de 300 persoas todos os días e dun mercado inmobiliario no que o prezo da vivenda acumula unha suba superior ao 70 %.   

 Ante esta realidade, Igrexas advertiu de que o 29N é unha oportunidade para impedir novos retrocesos antisociais da dereita e da extrema dereita, pero tamén para non continuar coas políticas do mesmo de sempre. “Vai ser determinante que o BNG teña máis forza, porque iso significa máis capacidade para desenvolver políticas comprometidas coa maioría social, co emprego digno, cos servizos públicos e cun futuro mellor para Vigo e para Galiza”, subliñou.  

 Finalmente, o secretario comarcal da CIG Alberto Gonçalves Herrero subliñou que a folga xeral do 11N é unha emenda á totalidade do goberno do PSOE e Sumar e das políticas da Xunta. Lembrou os anos de deterioro de servizos públicos destacando a sanidade e a educación no caso do goberno galego, e o engano do goberno progresista madrileño, que levou a máis precariedade e a non fomentar un sistema de pensións digno. “Fixeron promesas e non cumpriron”, lamentouse, alertando tamén das súas políticas en vivenda e gasto militar. Subliñou que a folga do 11N é “unha mensaxe a calquera goberno que veña”, advertindo que se non hai un cambio de situación haberá máis folgas e mobiliizacións porque “a loita é o único camiño”.

VIGO

A CIG esíxelle responsabilidades á dirección de Frutas Sol polo peche empresarial e reclama garantías para os dereitos do persoal 

•  Demanda tamén que se investiguen as operacións patrimoniais realizados antes do cesamento da actividade 

Infogauda/Vigo

 A CIG-Servizos denuncia a grave situación na que se atopan as persoas traballadoras de Frutas Sol, con numerosos establecementos na zona sur da provincia de Pontevedra, tras a decisión empresarial de pechar as tendas e iniciar un procedemento de despedimento colectivo que afecta á totalidade do persoal das mercantís, Frutas Sol Galicia Sur SLU, Frutas Sol Pontevedra SL e Sun Fruit Spain SL. Unha decisión que deixa arredor de medio cento de persoas sen emprego e nunha situación de enorme incerteza sobre o cobramento dos salarios pendentes, as indemnizacións e o seu futuro económico. 

 “Estamos ante un novo exemplo de como as decisións empresariais poden acabar trasladando todo o custo dunha crise ás persoas traballadoras, que despois de anos de dedicación e esforzo ven como desaparece a actividade da empresa sen recibir explicacións convincentes nin garantías suficientes sobre os seus dereitos”, sinala o responsábel de Organización da CIG-Servizos, Pedro Pérez. 

 A central sindical lembra que non abonda con presentar un ERE e dar por pechada a actividade, senón que a dirección ten a obriga de explicar que aconteceu, cal foi a evolución económica das sociedades, que decisións se adoptaron e que destino tiveron os activos e o patrimonio empresarial. 

 Neste caso, resulta especialmente relevante analizar as operacións empresariais realizadas nos últimos meses, entre elas a venda da plataforma loxística de Mos a Hermanos Fernández, integrada no Grupo Orsero, así como a situación das distintas sociedades mercantís vinculadas á actividade de Frutas Sol. 

 A CIG considera imprescindíbel investigar a relación entre estas operacións, o proceso de peche da rede comercial e a situación económica que a empresa presenta agora para xustificar os despedimentos. “Cómpre esclarecer se existiron operacións de transmisión de activos, cambios na estrutura societaria ou movementos patrimoniais que poidan ter afectado á capacidade das empresas para facer fronte ás súas obrigas laborais”, detalla Pérez. 

 O sindicato esixe que se analice a posible existencia de responsabilidades empresariais compartidas, sucesión de empresa, grupo de empresas para efectos laborais ou calquera outra circunstancia que, de acordo coa documentación e cos feitos acreditados, permita determinar quen debe responder das débedas e obrigas co persoal. 

 “Non imos aceptar que a complexidade dunha estrutura empresarial se utilice como escudo para evitar responsabilidades nin que as persoas traballadoras acaben pagando as consecuencias mentres os activos e a actividade empresarial pasan a outras mans”. 

O FOGASA non pode substituír as responsabilidades empresariais 

 A CIG considera especialmente preocupante que a resolución deste conflito poida acabar derivando nunha situación na que as persoas traballadoras teñan que recorrer ao Fondo de Garantía Salarial (FOGASA) para recuperar parte dos salarios e indemnizacións que lles corresponden. “O FOGASA é un mecanismo de protección ante determinadas situacións de insolvencia empresarial, pero non pode converterse nunha saída cómoda para as empresas nin nunha vía para trasladar ao conxunto da sociedade as consecuencias das súas decisións”. 

 Por iso, o sindicato reclama que se investigue a situación patrimonial das sociedades, a titularidade dos activos, as operacións realizadas e a posible existencia de responsabilidades doutras empresas vinculadas, co obxectivo de garantir que as débedas laborais sexan satisfeitas por quen legalmente corresponda. “Non imos dar por boa unha solución que se limite a tramitar os despidos e remitir posteriormente o persoal ao FOGASA sen esgotar todas as vías legais para esixir responsabilidades empresariais”. 

 No relativo ao procedemento de despedimento colectivo, a CIG esixirá que a empresa achegue toda a documentación económica, contábel, societaria e laboral necesaria para acreditar as causas alegadas. 

 Por outra banda, hoxe escolléronse as tres comisións ad hoc das mercantís afectadas do conglomerado empresarial de Frutas Sol. A negociación iniciarase o vindeiro xoves 12 de novembro, “e agardamos que sirva para coñecer a realidade da situación empresarial, comprobar a existencia das causas invocadas e explorar todas as posibilidades de continuidade da actividade e de mantemento dos postos de traballo”. Ao mesmo tempo, dende a CIG adiantan que non aceptarán que o período de consultas se converta nun simple trámite administrativo para formalizar unha decisión previamente adoptada pola dirección. 

 Para a CIG, o acontecido en Frutas Sol non pode resolverse simplemente pechando os establecementos, extinguindo os contratos de traballo e dando por finalizada a actividade empresarial, xa que detrás desta situación hai persoas traballadoras e familias que dependen dos seus salarios e que teñen dereito a recibir explicacións e a cobrar integramente as cantidades que lles corresponden. 

 “A dirección empresarial debe responder das súas decisións e non pode pretender que o cadro de persoal asuma en exclusiva as consecuencias dun proceso cuxas causas e operacións previas deben ser investigadas”. Polo que central empregará todas as vías sindicais, administrativas e xudiciais que resulten necesarias para defender os dereitos das persoas afectadas, investigar as posibles responsabilidades empresariais e evitar que o peche de Frutas Sol se converta nun caso máis de destrución de emprego sen consecuencias para quen toma as decisións. 

 “As persoas traballadoras non son responsables desta situación. Non teñen por que perder o seu emprego, os seus salarios e os seus dereitos para que as responsabilidades empresariais queden sen esclarecer; esiximos transparencia, garantías e responsabilidades. Porque o peche dunha empresa non pode significar o peche dos dereitos do seu persoal”.  

PRINCIPAIS DEMANDAS DA CIG A RESPECTO DE FRUTAS SOL: 

• O pagamento de todos os salarios, atrasos e cantidades pendentes. 

• A garantía das indemnizacións legalmente correspondentes. 

• A investigación das operacións patrimoniais e societarias realizadas antes do peche. 

• A análise das posibles responsabilidades solidarias das empresas vinculadas, cando concorran os requisitos legais. 

• O acceso da representación legal das persoas traballadoras a toda a documentación necesaria para fiscalizar o proceso. 

• A adopción de todas as medidas legais necesarias para evitar que a insolvencia empresarial deixe desprotexida o cadro de persoal.

PONTEVEDRA

A Deputación reparte 300.000 euros entre 162 agrupacións musicais da provincia para adquirir e reparar instrumentos e vestiario propio 

•   A convocatoria, dotada con 100.000 € máis que o pasado ano, está dividida en dúas liñas: a de adquisición, dotada con 250.000 €, e a de reparación, con 50.000 € 


Participantes na Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, celebrada este venres
Foto: Rafa Estévez

Infogauda/Pontevedra

 O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou este venres do reparto dos 300.000 euros, 100.000 euros máis que o pasado ano, da liña de axudas destinada ás agrupacións e grupos musicais sen fins de lucro da provincia, que chegou este ano á súa segunda edición. En total, son 162 as entidades de 49 concellos que poderán empregar os recursos para a adquisición e a reparación de instrumentos musicais e vestiario propio.  

 A liña está dividida en dúas categorías. Na primeira, destínanse 250.000 euros para que un total de 153 entidades de 47 concellos poidan adquirir instrumentos e vestiario con achegas de entre 260 e 3.000 euros, mentres que na segunda, dotada de 50.000 euros, outras 41 entidades (32 delas tamén son beneficiarias da primeira liña) de 26 concellos poderán reparar instrumentos e vestiario a través de axudas que oscilan entre os 100 e 2.300 euros.

 Estas axudas teñen por obxectivo apoiar unhas entidades que coa súa acción contribúen á preservación do patrimonio inmaterial e á transmisión das tradicións galegas. Deste xeito, permítese reforzar o tecido asociativo cultural da provincia de Pontevedra e contribuír á conservación e difusión do patrimonio inmaterial de Galicia.

CULTURA

A Xunta reivindica o labor de Cela na proxección e dignificación da literatura galega cunha mostra do 70 aniversario da revista ‘Papeles de Son Armadans’ 

•  López Campos considera “de xustiza” esta iniciativa que reflicte a “relevante contribución” do Nobel por darlle “espazo e voz” aos escritores galegos no exilio

• O proxecto, que pode verse ata febreiro de 2027, exhibe fotografías, debuxos e manuscritos vencellados coa publicación, da que foi creador e editor o autor de ‘La Colmena’ desde 1959 ata o seu peche en 1979


O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participou na apertura da exposición na Casa Museo do Nobel, en Padrón, acompañado polo director xeral de Cultura
Foto: XdeG

Infogauda/Padrón (A Coruña)

 O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe en Padrón na apertura, na Casa Museo Camilo José Cela, da exposición Unha rede feita de papel. 70º aniversario de Papeles de Son Armadans coa que a Xunta conmemora o 70 aniversario do nacemento desta revista, creada e editada polo Nobel galego, “e na que foi encomiable o seu labor de proxección e dignificación da literatura galega e das actuais linguas cooficiais”.  

 Por estes motivos, o titular de Cultura do Goberno galego considerou “de xustiza” esta mostra na Casa Museo de Cela para recoñecer institucionalmente a “relevante contribución” do escritor de Iria Flavia “para que a excelsa calidade das nosas letras, dos nosos autores e da nosa lingua non quedase esmorecida polo exilio ou a censura da ditadura”. Así, puxo en valor a “polifonía lingüística e a dignificación literaria” pola que apostou durante os anos de existencia da revista, de 1956 a 1979, “dándolle espazo e voz ao galego e ao resto de linguas ás que, naquela época, se lles negaba o recoñecemento oficial”.  

 Desta forma, López Campos subliñou como esta exposición reflicte o total compromiso de Cela en acadar que en Papeles de Son Armadans puidesen publicar figuras senlleiras da nosa literatura como Celso Emilio Ferreiro, Xosé Neira Vilas, María do Carmen Kruckenberg, Aquilino Iglesia Alvariño, Ricardo Carvalho Calero, Uxío Novoneyra, José Ángel Valente, Manuel María, entre outros moitos, xunto autores en catalán ou en éuscaro.  

 Ademais, o representante da Xunta salientou a “rede, comunidade e resistencia cultural adiantada ao seu tempo” que o escritor galego conseguiu a través desta publicación, “na que tiveron cabida creacións de artistas como Joan Miró e colaboracións que van desde filósofos como Maria Zambrano, a poetas como Rafael Alberti, Cernuda ou Jaime Gil de Biedma, músicos como Jesús Bal y Gay ou xornalistas como o galego Ben-Cho-Shey”.  

Fotografías, correspondencias, debuxos e obxectos persoais 

 Acompañado na apertura da mostra polo director xeral de Cultura, o conselleiro animou a visitar a exposición para, a través das correspondencias, fotografías, manuscritos, debuxos, textos, obxectos persoais e documentación, “tomar consciencia da relevancia da creación, hai 70 anos, dunha revista imprescindible para a resistencia nesa época da diversidade literaria e lingüística da España e da teimosía e compromiso con este propósito dun dos nosos escritores máis universais”.  

 Deste xeito, na mostra, que pode verse ata febreiro do vindeiro 2027, exhíbense a carta de Camilo José Cela a Vicente Aleixandre anunciándolle a saída da revista e solicitando a súa colaboración, o mural realizado polo pintor mallorquino Pau Fornés para ilustrar a redacción de Papeles de Son Armadans na casa do Nobel en Palma de Mallorca, debuxos e dedicatorias manuscritas de Pablo Picasso, Antonio Saura ou Joan Miró, entre outros moitos materiais.

ARCOS DE VALDEVEZ

Arquiteto arcuense Fernando Cerqueira Barros conquista Prémio Rafael Manzano 2026 


Fernando Cerqueira Barros, arquitecto arcuense
Foto: MAdeV

María Joâo Brito/Arcos de Valdevez

 A Câmara Municipal de Arcos de Valdevez felicita o arquiteto arcuense Fernando Cerqueira Barros pela atribuição do XIV Prémio Rafael Manzano de Nova Arquitetura Tradicional 2026, uma prestigiada distinção internacional, no valor de 50 mil euros, que reconhece a excelência do seu percurso profissional e o contributo para a valorização da arquitetura tradicional. 

 O Município destaca o trabalho que tem vindo a desenvolver na preservação e reabilitação do património arquitetónico, na valorização dos saberes construtivos tradicionais e na promoção de uma arquitetura que respeita a identidade, a história e as características dos territórios, com particular enfoque nas regiões rurais do Norte de Portugal. 

 Ao longo dos seus 15 anos de atividade profissional, Fernando Cerqueira Barros tem afirmado uma abordagem arquitetónica assente no conhecimento do território, na valorização dos materiais e técnicas tradicionais e na colaboração com as comunidades locais e os mestres artesãos, contribuindo para a salvaguarda e transmissão de um património cultural de grande relevância. 

 Do seu percurso destaca-se a reabilitação do Mosteiro de São João de Cabanas, em Afife, distinguida com o Prémio Nacional de Arquitetura Espaço 2025, bem como outros projetos de recuperação e valorização de edifícios históricos e habitações rurais. 

 A entrega do prémio terá lugar no próximo dia 12 de novembro, em Madrid, Espanha, numa cerimónia em que será também atribuída a Medalha Richard H. Driehaus de Conservação do Património à Fundação Hortensia Herrero, sediada em Valência. 

 A Câmara Municipal manifesta o seu orgulho por ver um arcuense alcançar uma distinção de tão elevado prestígio, considerando este reconhecimento motivo de honra para o concelho e uma demonstração da qualidade, competência e mérito dos seus naturais, que projetam o nome de Arcos de Valdevez a nível nacional e internacional. 

 O Município endereça a Fernando Cerqueira Barros as mais sinceras felicitações, formulando votos de continuação de um percurso profissional de reconhecido mérito e de novos sucessos. 

ARCOS DE VALDEVEZ

Município de Arcos de Valdevez cria Cartão Municipal Inclusão +

  

María Joâo Brito/Arcos de Valdevez

 O Município de Arcos de Valdevez criou o Cartão Municipal Inclusão +, uma nova medida de apoio social destinada a promover a inclusão, a autonomia e a participação ativa na comunidade das pessoas com 65 ou mais anos e das pessoas com incapacidade. 

 Através deste cartão, os seus titulares poderão usufruir de um conjunto de benefícios, apoios e descontos em serviços municipais, culturais, desportivos e educativos, bem como de medidas de apoio ao transporte público e ao estacionamento. 

 Quem pode beneficiar? 

 O Cartão Municipal Inclusão + destina-se a pessoas residentes no concelho de Arcos de Valdevez que cumpram uma das seguintes condições: 

- Ter idade igual ou superior a 65 anos; 

- Ter um grau de incapacidade igual ou superior a 60%, comprovado através de Atestado Médico de Incapacidade Multiuso. 

 Como candidatar-se? 

 As candidaturas podem ser efetuadas, preferencialmente, através da página oficial do Município ou presencialmente junto do Serviço de Atendimento ao Público da Câmara Municipal, mediante o preenchimento de requerimento próprio e a entrega dos documentos necessários. 

 Esta é mais uma iniciativa que reforça o esforço Municipal na criação de uma comunidade mais inclusiva, solidária e promotora da igualdade de oportunidades. 

5 de nov. de 2026

DEPORTES

O Rosal vive a emoción do ciclocross polos viñedos   

•  O XXVIII Trofeo Montes do Rosal reunirá este sábado 7 a 240 ciclistas nunha competición que combina deporte, natureza e a singular paisaxe vitivinícola rosaleira  


Presentación do XXVIII Trofeo Montes do Rosal de Ciclocross
Foto: CdoR

Infogauda/O Rosal 

 A velocidade e a emoción sobre dúas rodas volverán abrirse paso entre viñedos. Este sábado 7 a partir das 11.00 horas, o municipio acollerá o XXVIII Trofeo Montes do Rosal de Ciclocross, unha cita que reunirá a 240 participantes de diferentes categorías nun dos escenarios máis singulares do calendario ciclista galego: os viñedos da adega Terras Gauda. 

 Organizada polo Club Ciclista O Rosal, coa colaboración do Concello, a proba alcanza a súa vixésimo oitava edición convertida nun referente deportivo que combina a esixencia técnica do ciclocross coa beleza dunha paisaxe estreitamente vinculada á identidade do municipio. 

 O circuíto volverá poñer a proba a habilidade, a resistencia e a capacidade de adaptación das e dos ciclistas, que deberán afrontar os cambios de ritmo e as dificultades propias desta modalidade. A competición reunirá deportistas dende os 12 anos ata a categoría máster 60 nunha xornada na que convivirán a ilusión das novas xeracións e a experiencia de quen leva décadas practicando este deporte. 

 A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, quixo poñer o foco na capacidade desta cita para proxectar o municipio a través do deporte. “Esta proba lévanos a unha paisaxe que forma parte da nosa identidade e convértea nun escenario deportivo que cada ano reúne a centos de persoas. É unha oportunidade para dar a coñecer O Rosal desde unha perspectiva diferente e para sentir orgullo do noso territorio”, sinalou a rexedora, que destacou todo o traballo que hai detrás dunha competición que se achega ás tres décadas de historia e recoñeceu especialmente o labor do Club Ciclista O Rosal. 

 Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, José Carlos Martínez Crespo, salientou o atractivo deportivo da proba. “O ciclocross é unha modalidade moi completa e espectacular, na que hai que dominar a bicicleta, ler o terreo e saber reaccionar en cada momento. Ver competir nun mesmo escenario a rapazada que está comezando e a ciclistas da categoría máster 60 é tamén unha boa maneira de comprobar que o deporte non entende de idades”, explicou. O concelleiro animou á veciñanza a achegarse ao circuíto para desfrutar da competición.  

 O Concello do Rosal quixo agradecer a implicación do Club Ciclista O Rosal, así como a colaboración da adega Terras Gauda, da Comunidade de Montes das Eiras, da Federación Galega de Ciclismo e das entidades e empresas patrocinadoras que contribúen a facer posible esta competición.

CAMINHA

CINEMA

Boletim da Sessão nº 707 - “Relíquia Macabra” de John Huston 

Sexta-feira, 06 de novembro às 21:45 no Auditório do Museu Municipal de Caminha

ATENÇÃO: Lotação Limitada.Entrada Gratuita.




Locus Cinemae/Caminha

 “Relíquia Macabra” (“The Maltese Falcon”), de John Huston (1941) Clássico entre os clássicos policiais negros, mais clássico ainda do que “Pagos a Dobrar”, que foi feito três anos mais tarde, é este “Relíquia Macabra”, realizado por John Huston com argumento seu, escrito a partir do também clássico romance policial “The Maltese Falcon”, de um dos mais clássicos escritores do género, Dashiell Hamett.  

 Sam Spade, o detective que Hammett criou (assim como Nick e Nora Charles, da série de livros e longas-metragens “The Thin Man”), teve em Philip Marlowe, criação de Raymond Chandler (co-argumentista de “Pagos a Dobrar”), o seu rival mais competente (a comparação mais acertada seria entre os dois escritores) e Humphrey Bogart interpretou ambos. O que nos dá o pretexto de o vermos brevemente a encarnar Marlowe.  

 Mas voltemos a “Relíquia Macabra”, muito interessante a vários títulos, incluindo o de mostrar um Humphrey Bogart para além de “Casablanca” (neste caso, um ano antes), título a que o actor ficaria para sempre associado, mas ao qual nunca deveria ser reduzido, tal como o não deveria ser em relação ao detective Philip Marlowe.  

 Mas o primeiro motivo de interesse é o ser um filme negro de John Huston. É nesse ambiente que todas as outras peças encaixam: argumento, personagens, actores. Comparativamente, pode dizer-se que o argumento nem sequer é muito importante, já que o não ser capaz de o compreender completamente (como acontece, por exemplo, aquando de longas explicações sobre o que se passou que não vimos) não impede a fruição dos fascínios que aquele ambiente contém: um detective que sabe sair de situações difíceis, mesmo que incompreensíveis para o próprio, um jogo de gatos e ratos com repentinas trocas de papéis, uma busca por um objecto misterioso tão poderoso que faz todos serem tal como são, o famoso objecto “feito do material de que os sonhos são feitos”.  

 Vejamos “Key Largo” ou “The Asphalt Jungle”, do mesmo realizador, para percebermos o alcance do conceito de “ambiente” a que nos referimos aqui e para confirmarmos o outro grande elemento de sucesso: a caracterização das personagens e a consequente escolha dos actores que os figuram.  Harmonizando-se com Bogart no interminável desfile de voltas e reviravoltas, temos Peter Lorre, de cabelo frisado, guarda-chuva de cabo em ângulo recto, cartões-de-visita perfumados, falinhas mansas e pistola de mulher (o que, para 1941, não deve suscitar dúvidas quanto ao que se queria representar), no papel de Joel Cairo (a que Jon Anderson e Vangelis prestaram homenagem em 1981, lançando o álbum “The Friens of Mr. Cairo); Sidney Greenstreet, tão cavalheiresco como perigoso, astuto, formal no vestuário (polainas, casaca, roupão de lapelas de seda) e no discurso, mas franco admirador do carácter imprevisível do seu adversário Sam Spade, que muito o diverte (“By Gad, sir, you’re a chap worth knowing. An amazing character!”, no papel de Kasper Gutman; Mary Astor, num papel tão contrário ao que vimos desempenhar em “Dodsworth” que se torna numa prova eloquente da arte de se transfigurar: ali, como Mrs. Edith Cortright, convidativa e salvadora; aqui, como Brigid O’Shaughnessy, falsa e traiçoeira. Tudo somado, um clássico feito do material com que os sonhos eram feitos, mas já não…  

http://p3.publico.pt/cultura/filmes/2042/reliquia-macabra-maltese-falcon-de-john-huston  

FICHA TÉCNICA:  

Título original: The Maltese Falcon, EUA, 1941  

Realização: John Huston

Produtor Executivo: Hal B. Wallis  

Produtor Associado: Henry Blanke  

Argumento: John Huston [baseado no livro de Dashiell Hammett]

Fotografia: Arthur Edeson (preto e branco);  

Montagem: Thomas Richards  

Direcção Artística: Robert M. Haas  Guarda-roupa: Orry-Kelly  

Caracterização: Perc Westmore

Música: Adolph Deutsch  

Direcção Musical: Leo F. Forbstein.  

Duração: 101 minutos  

FICHA ARTÍSTICA:  

Humphrey Bogart (Sam Spade)

Mary Astor (Brigid O’Shaughnessy)

Gladys George (Iva Archer)

Peter Lorre (Joel Cairo)

Barton MacLane (Detective Dundy)

Lee Patrick (Effie Perrine)

Sydney Greenstreet (Kasper Gutman)

Ward Bond (Detective Tom Polhaus)

Jerome Cowan (Miles Archer)

Elisha Cook, Jr. (Wilmer Cook)

James Burke (Luke)

Murray Alper (Frank Richman)

John Hamilton (Bryan).




Programação      

Ciclo Film-Noir   

06 de novembro, “Relíquia Macabra”, John Huston, EUA, 1941, Sessão 707 (M/12)  

Local:Auditório do Museu Municipal de Caminha  

13 de novembro, “Pagos a Dobrar”, Billy Wilder, EUA , 1944, Sessão 708 (M/12)  

Local: Teatro Valadares     

Ciclo Commedia all’Italiana   

20 de novembro, “Casanova 70”, Mario Monicelli, Itália /França, 1965, Sessão 709 (M/12)  

Local: Teatro Valadares  

27 de novembro, “Ontem, Hoje e Amanhã”, Vittorio De Sica, Itália /França , 1963, Sessão 710 (M/12)  

Local: Auditório do Museu Municipal de Caminha   




Da sessão anterior:


CAMINHA

Município de Caminha cria Concurso Rota dos Presépios para promover o território durante a época natalícia


Dirigido às Juntas e Uniões de Freguesia, o concurso desafia cada localidade a criar um presépio representativo da sua história, património, tradições e identidade

Foto: MdeC

Infogauda/Caminha

 A Câmara Municipal de Caminha aprovou as normas de participação da primeira edição do Concurso Rota dos Presépios, uma iniciativa inédita que pretende transformar uma das mais emblemáticas tradições natalícias num percurso de descoberta do concelho. Através da criação de presépios em todas as freguesias, o Município pretende valorizar a identidade local, reforçar o espírito de Natal e afirmar Caminha como um destino de excelência durante a época festiva.

 Dirigido às Juntas e Uniões de Freguesia, o concurso desafia cada localidade a criar um presépio representativo da sua história, património, tradições e identidade. As inscrições decorrem de 9 a 20 de novembro. Os trabalhos deverão permanecer expostos entre 30 de novembro e 3 de janeiro de 2027, integrando uma rota que permitirá aos visitantes percorrer o território e conhecer a diversidade cultural das freguesias do concelho.

 A escolha do presépio vencedor será feita através de votação pública nas redes sociais oficiais do Município de Caminha. O trabalho mais votado receberá um prémio monetário de 500 euros, sendo ainda atribuídos diplomas de participação a todas as freguesias concorrentes.

 Mais do que um concurso, a Rota dos Presépios pretende valorizar uma tradição enraizada na comunidade, reforçar o espírito natalício e incentivar a participação das populações na dinamização das suas freguesias. A iniciativa surge também como uma forma de estimular a criatividade e promover a utilização de materiais reutilizados e sustentáveis na construção dos presépios.

 Ao mesmo tempo, o projeto constitui um convite à descoberta de Caminha durante a quadra festiva, incentivando a população a percorrer o concelho e a conhecer monumentos, espaços emblemáticos, costumes e singularidades que distinguem cada localidade.

 A Rota dos Presépios assume-se igualmente como um instrumento de promoção turística, contribuindo para distribuir a dinâmica natalícia por todo o território e potenciar a atratividade do concelho nesta época do ano.

 O Município de Caminha está a apostar numa programação natalícia descentralizada, participativa e agregadora, que promove a identidade das freguesias e transforma o concelho num espaço de encontro e descoberta ao longo da quadra festiva. 

O ROSAL

O Rosal elixe as bandeiras verdes para frear a violencia machista nas pantallas   

•  O Concello pon en marcha un proxecto de prevención que implica ao alumnado, familias, docentes e entidades culturais e deportivas  A iniciativa busca ensinar a identificar comportamentos de risco e promover relacións saudables e igualitarias tamén no ámbito dixital

  

O Concello do Rosal vén de poñer en marcha un proxecto de prevención da violencia machista no ámbito dixital
Foto: CdoR

Infogauda/O Rosal 

 Controlar con quen fala outra persoa polo móbil, esixirlle que comparta a súa localización, presionala para que envíe fotografías íntimas ou acosala a través das redes sociais non son mostras de amor nin comportamentos inofensivos. Son sinais de alerta que cómpre aprender a identificar desde idades temperás. Con este obxectivo, o Concello do Rosal vén de poñer en marcha ‘Elixe as green flags’ - cuxa traducción íntegra ao galego é ‘Elixe as bandeiras verdes’ -, un proxecto de prevención da violencia machista no ámbito dixital que busca transformar a maneira na que a infancia e a mocidade se relacionan a través das pantallas, implicando tamén ás persoas adultas que as acompañan. 

 A iniciativa, desenvolvida no marco do programa municipal Revolucionando Mentes, conta co financiamento da Deputación de Pontevedra e coa colaboración da Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso). O proxecto aposta pola educación e pola comunicación como ferramentas para identificar e cuestionar condutas machistas normalizadas en redes sociais, aplicacións de mensaxería ou videoxogos, pero tamén para recoñecer e promover comportamentos baseados no respecto, na igualdade, na confianza e na privacidade. 

 O programa xa deu os seus primeiros pasos esta semana cun encontro co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, no que as rapazas e rapaces puideron reflexionar sobre os riscos das relacións dixitais e aprender a diferenciar as red flags - que en galego significa bandeiras vermellas , ou sinais de alerta, das green flags - bandeiras verdes -, os comportamentos positivos que contribúen a construír relacións saudables. A proposta vai máis alá da sensibilización: o alumnado tamén participará na elaboración de contidos comunicativos para trasladar estas mensaxes ao conxunto da veciñanza. 

 ‘Elixe as green flags’ -‘Elixe as bandeiras verdes’ -responde ademais a preocupacións que a propia infancia e adolescencia do Rosal trasladou a través do grupo de participación infantil e xuvenil Fogaric@s, que no pleno infantil de 2025 puxo sobre a mesa cuestións como o ciberacoso, o uso de imaxes sen consentimento, a presión para enviar fotografías íntimas, os perfís falsos e a necesidade de contar con máis formación e acompañamento por parte das persoas adultas. 

 Como explica a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, “temos a responsabilidade de darlles ás novas xeracións ferramentas para recoñecer situacións de violencia machista disfrazadas de preocupación ou de supostas mostras de cariño. Só así poden recoñecer esas situacións, poñer límites e construír relacións nas que ninguén teña que renunciar á súa liberdade nin á súa intimidade”. A rexedora salienta a importancia de abordar esta realidade desde a prevención “creando espazos de confianza nos que a infancia e a adolescencia poidan preguntar, expresar o que lles preocupa e aprender a relacionarse desde o respecto. E para iso é imprescindible implicar a toda a comunidade”. 

Formación para familias e asociacións 

 Un dos piares do proxecto é precisamente o acompañamento das persoas adultas. Por iso, o vindeiro luns 9 de novembro, ás 18.45 horas, o CPI Manuel Suárez Marquier acollerá unha sesión formativa aberta ás familias e ao conxunto da comunidade, centrada no uso responsable das novas tecnoloxías na mocidade. 

 A actividade ofrecerá claves para identificar situacións de risco, comprender as novas formas de violencia machista facilitadas polas tecnoloxías e acompañar a nenas, nenos e adolescentes no desenvolvemento de hábitos dixitais seguros. O obxectivo non é só advertir dos perigos, senón tamén achegar ferramentas para fomentar o diálogo, a confianza e o pensamento crítico no ámbito familiar. 

 A programación continuará o xoves 12 de novembro cunha formación específica para o persoal técnico das asociacións culturais e deportivas que traballan con menores. Esta sesión abordará a prevención das violencias dixitais e a importancia de promover contornas seguras tamén nos espazos de deporte, cultura e lecer. 

 A concelleira de Igualdade, Beatriz Rodríguez, subliña que “educar no uso responsable das tecnoloxías non consiste unicamente en falar de tempo de pantalla ou de seguridade en Internet. Tamén significa ensinar que controlar o móbil doutra persoa non é querer máis, que compartir unha imaxe sen consentimento é unha vulneración da intimidade ou que todas as persoas teñen dereito a relacionarse sen presións nin ameazas”. 

 Rodríguez anima especialmente ás familias a participar na sesión aberta á veciñanza, “xa que a rapazada medra nunha realidade dixital que cambia moi rápido e as persoas adultas necesitamos ferramentas para acompañalas sen xulgar nin minimizar o que lles acontece”.