19 de out. de 2026

CAMINHA

Juventude, mobilidade e educação em destaque na próxima reunião de Câmara


Paços do Concelho de Caminha
Foto: MdeC

Infogauda/Caminha

 O executivo municipal de Caminha reúne na próxima quarta-feira, 21 de outubro, em sessão ordinária, pelas 15H00 horas, no Salão Nobre dos Paços do Concelho. Com uma extensa ordem de trabalhos, a agenda integra propostas nas áreas da mobilidade, educação, ação social, juventude, cultura e apoio à comunidade. Entre os assuntos em destaque estão as Normas de Funcionamento do Orçamento Participativo Jovem de Caminha – 1ª Edição; Normas de Participação da EMERGE – Bienal Internacional de Arte Jovem de Caminha – Primeira Edição 2027; e Normas de Participação da Bienal na Escola a vertente escolar da EMERGE – Bienal Internacional de Arte Jovem de Caminha dirigidas aos jovens do concelho. 

 O executivo vai apreciar a proposta de alteração à postura de trânsito na Rua de São Roque, na União de Freguesias de Caminha e Vilarelho, a submeter posteriormente à Assembleia Municipal. A medida pretende adequar a circulação naquela artéria às necessidades atuais da população e da mobilidade local.

 A Câmara Municipal vai analisar dois contratos interadministrativos de delegação de competências para a realização de circuitos especiais de transportes escolares, um com a Junta de Freguesia de Riba de Âncora e outro com a Junta de Freguesia de Dem. O objetivo é garantir respostas adequadas às necessidades de transporte dos alunos destas freguesias.

 Outra das propostas em agenda refere-se à celebração de um protocolo entre o Município de Caminha e o Centro Social e Paroquial de Âncora para o desenvolvimento das Atividades de Animação e Apoio à Família (AAAF) durante o ano letivo 2026/2027, assegurando o apoio às famílias e às crianças do pré-escolar.

 O executivo vai ainda apreciar um protocolo com a Associação Yehudi Menuhin Portugal para o desenvolvimento do projeto MUS-E, iniciativa que utiliza a expressão artística como ferramenta de inclusão social e educativa junto da comunidade escolar.

 Da ordem de trabalhos faz parte a proposta relativa à isenção do pagamento da frequência nas Piscinas Municipais de Vila Praia de Âncora para crianças dos jardins de infância das Instituições Particulares de Solidariedade Social do concelho, promovendo a prática da atividade física e o acesso universal a atividades educativas e recreativas.

 A reunião contempla também a aprovação das normas de funcionamento da primeira edição do Orçamento Participativo Jovem de Caminha, uma iniciativa destinada a incentivar a participação cívica dos jovens e a sua intervenção na definição de projetos para o concelho.

 Em matéria cultural, serão analisadas as normas de participação da primeira edição da EMERGE - Bienal Internacional de Arte Jovem de Caminha, prevista para 2027, bem como da iniciativa “Bienal na Escola”, vertente educativa associada ao evento. As propostas procuram afirmar Caminha como território de criação artística contemporânea e de valorização dos jovens talentos.

 A ordem de trabalhos inclui ainda pedidos de alargamento do horário de funcionamento dos estabelecimentos Bar Matriz, Carga d'Água, Q'BAR e Norte Bar, de acordo com os requerimentos apresentados pelos respetivos proprietários.

 O executivo vai ainda ratificar a alteração temporária da postura de trânsito e estacionamento na freguesia de Dem, implementada no âmbito da realização do evento “Grande Trail da Serra d’Arga”.

TOMIÑO

Reme Ortega, impulsora do Grupo Cultural San Roquiño, homenaxeada no VI Foro da Muller Rural Galega 

•  O encontro organizado por Galicia Suroeste recoñeceu o seu compromiso coa cultura e a participación veciñal a través do cine en Goián. 


A alcaldesa de Tomiño e presidenta de Galicia Suroeste, Sandra González, coa emprendora Reme Ortega, unha das impulsoras do Grupo Cultural San Roquiño de Goián
Foto:CdeT

Infogauda/Tomiño

 A cultura que nace da ilusión compartida e da implicación da veciñanza tivo un recoñecemento especial no VI Foro da Muller Rural Galega da man da emprendedora Reme Ortega, unha das impulsoras do Grupo Cultural San Roquiño de Goián. O encontro, organizado por Galicia Suroeste con motivo do Día Internacional das Mulleres Rurais, celebrouse o pasado xoves na Renovadora de Moscoso, en Pazos de Borbén, e distinguiu o labor de mulleres que contribúen ao desenvolvemento social, económico e cultural do rural. 

 Reme foi unha das persoas que puxeron en marcha esta experiencia hai arredor de quince anos en Goián, unha vila cunha forte tradición de asociacionismo e de colaboración veciñal. O que comezou como un grupo de amigos e amigas con ganas de facer películas deu lugar a sete filmes e numerosas curtametraxes, nunha iniciativa sen ánimo de lucro que reúne ata un cento de persoas nas súas producións. O grupo mantén o espírito próximo dunha familia á que cada vez máis veciños e veciñas queren sumarse. 

 A alcaldesa de Tomiño e presidenta de Galicia Suroeste, Sandra González, destacou o valor deste recoñecemento. «Reme representa a ilusión e o compromiso de tantas mulleres que dedican o seu tempo a poñer en marcha iniciativas que enriquecen a vida dos seus lugares. O que ela axudou a iniciar en San Roquiño permite que moitas persoas se acheguen ao cine, compartan o seu talento e se sintan parte dun proxecto común», sinalou. 

 González salientou tamén a importancia de visibilizar estas achegas: «As mulleres teñen un papel fundamental na vida cultural e asociativa do rural, pero ese traballo non sempre recibe a atención que merece. Este foro é unha oportunidade para agradecerlles a súa dedicación e para coñecer as historias que hai detrás de proxectos que significan tanto para a veciñanza». 

 A sexta edición do encontro reuniu representantes institucionais e homenaxeadas dos concellos de Galicia Suroeste, con traxectorias vinculadas a ámbitos como a cultura, o comercio, a hostalaría, a actividade agraria ou o asociacionismo. Durante a gala proxectáronse pezas audiovisuais sobre as súas historias de vida e deuse lectura ao Manifesto da Muller Rural Galega, que reivindicou a igualdade efectiva de oportunidades. 

 A xornada incluíu ademais un recoñecemento especial a Carmen Tellado, histórica cociñeira do colexio de Pazos de Borbén, pola súa dedicación á comunidade educativa e polo seu labor ao servizo de varias xeracións de nenos e nenas. 

 Desde o Concello de Tomiño trasladan os seus parabéns a Reme Ortega por esta distinción e fan extensivo o recoñecemento ao Grupo Cultural San Roquiño pola súa contribución a unha cultura aberta á participación da veciñanza.

TUI

Obradoiro “IA para reducir custes na túa empresa” o próximo 10 de novembro en Tui 

•  Está organizado por ASIME en colaboración co Concello de Tui. Ten carácter gratuíto 

 

Infogauda/Tui

 “IA para reducir custes na túa empresa” é o título do obradoiro práctico e gratuíto que o martes 10 de novembro, de 15 a 17 h, se vai celebrar na Aula CeMIT de Tui. Esta actividade está organizada pola Oficina Acelera Pyme de ASIME, a Asociacion de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia, coa colaboración do Concello de Tui.  O obradoiro será impartido por Joaquín González, de Informática San Benito.  

 As persoas participantes aprenderán a empregar ferramental sinxelas de IA para optimizar os recursos do seu negocio. Será unha sesión 100% práctica na que coñecer como dar a IA as instrucións precisas, como automatizar tarefas administrativas, analizar as contas ou crear un axudante virtual.  

 O obradoiro vai dirixido a autónomos, microempresas, comercios locais, e pemes de calquera sector.  

 As persoas interesadas poden inscribirse a través do formulario dispoñible na páxina web de ASIME.

TUI

O Contacontos “Colorín colorete” de Charo Pita chega mañá á Biblioteca Municipal 

•  Será este martes, 20 de outubro, ás 17.30 h dentro da programación de “Outubro, mes da Biblioteca”  


Infogauda/Tui

 A Biblioteca Municipal de Tui continúa co seu programa de actividades de “Outubro, Mes da Biblioteca”. Este martes, 20 de outubro, ás 17.30 horas, está programado un contacontos para bebés a cargo de Charo Pita co seu espectáculo “Colorín, colorote”.  

 Charo Pita, actriz cunha ampla experiencia na narración oral, neste contacontos para bebés xoga co seu corpo e a voz para captar a atención, cambiando os tons de cada personaxe,  acompañando cada historia con xestos e pequenas cancións que invitan a participar ao público.  

 Como sinala a propia Charo Pita o espectáculo combina “as historias de Colorín Colorete, esa frase onde rematan todos os contos. As cancións de Colorín Colorete, o berce onde se arrolan todas as cantigas. Bicos de Colorín Colorete, o lugar onde se sementan todos os bicos. Contos, cantigas e bicos tan miudiños, pero tan tenros e rebuldeiros como os máis cativos da casa. Había unha vez.... un colorín colorete...”  

 A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade do Concello de Tui, Sonsoles Vicente Solla, anima a participar nesta actividade da Biblioteca Municipal tudense especialmente pensada para bebés de 0 a 3 anos, na que os contos e as cantigas compartirán protagonismo con pequenas historias e xogos.  

 Este actividade forma parte do programa de dinamización de bibliotecas públicas, Ler Conta Moito, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

MAR

Gardacostas de Galicia retira do mar 371 nasas ilegais nunha semana de intensa actividade inspectora 

• Os operativos desenvolvidos desde o pasado luns saldáronse tamén co comiso de 63 cacharros para a captura de polbo, 500 metros de redes e máis de 190 quilos de diversas especies 


O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, retirou 371 nasas fondeadas de xeito irregular, así como 63 cacharros para a captura de polbo, 500 metros de aparellos de enmalle, 10 viveiros de rede, un salabardo e un restrelo de man
Foto: GdeG

Infogauda/Galicia

 O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, retirou 371 nasas fondeadas de xeito irregular na última semana de controis e inspeccións desenvolvidos por terra e mar na costa galega.  

 Ademais destas artes para crustáceos e cefalópodos, o persoal de Gardacostas incautouse de 63 cacharros para a captura de polbo en augas da ría de Muros-Noia, 500 metros de aparellos de enmalle -400 metros de trasmallo e 100 de vetas localizados na ría de Vigo-, 10 viveiros de rede nos portos de Ribadeo e Ortigueira, un salabardo e un restrelo de man en Barallobre.  

 No referente ás capturas comisadas nos distintos puntos do litoral, os axentes requisaron máis de 190 quilos de marisco e peixe variado, entre os que destacan preto de 126 quilos de polbo interceptados en zonas como o Berbés, Fisterra, Muros-Noia ou a ría de Corcubión. A este volume súmanse máis de 31 quilos de centola incautados en Mugardos, Ribadeo ou Alcabre, preto de 17 quilos de ameixa xaponesa e rubia, así como cantidades menores de calamar, lumbrigante e nécora. Todas as especies que se atopaban vivas foron devoltas de xeito inmediato ao mar.  

 Cómpre lembrar que durante este mesmo período a Unidade Operativa de Servizos Centrais actuou tamén por terra na lonxa de Corcubión, onde se levantou unha acta de presunta infracción e foron incautados 4.000 quilos de bocarte que foron entregados a un centro benéfico. Con estas intervencións continuadas, a Consellería do Mar mantén a súa vixilancia permanente para combater as prácticas irregulares, protexer os recursos mariños e amparar aos profesionais do sector que cumpren coa normativa vixente.

PONTEVEDRA

A Deputación reivindica o rol das produtoras da terra e do mar da provincia e o Sur Global na xornada da cuarta edición do programa Somos Ponte 

•  A deputada de Benestar Social, Paula Bouzós, puxo en valor o “impulso que moitas mulleres fan desde o rural para crear emprego e contribuír a fixar poboación en zonas de reto demográfico” 


A xornada foi inaugurada pola deputada de Benestar Social e Igualdade, Paula Bouzós
Foto: Rafa Estévez

Infogauda/Pontevedra

 O Salón de Plenos do Pazo provincial acolleu este luns unha nova xornada do proxecto Somos Ponte desenvolvido pola Deputación de Pontevedra e a Coordinadora Galega de ONGD. No marco desta cuarta edición do proxecto, ambas as dúas entidades organizaron un encontro entre mulleres traballadoras do mar e da terra de Pontevedra e de países do Sur Global co fin de visibilizar as conexións existentes as produtoras destes dous territorios, así como a súa importancia social como garantes da soberanía alimentaria e o coidado do territorio. A xornada, en horario de 10:00 a 18:00 horas, foi inaugurada pola deputada de Benestar Social e Igualdade, Paula Bouzós.

 A deputada provincial lembrou que esta xornada se celebrou uns días despois da conmemoración do Día Internacional das Mulleres Rurais, así como a importancia de “seguir reivindicando o traballo, o talento e o liderado das mulleres que contribúen cada día ao desenvolvemento do rural galego” e para “poñer en valor o impulso que moitas mulleres están a facer desde o rural para crear emprego e oportunidades, e contribuíndo a fixar poboación en zonas de reto demográfico”.  

 Paula Bouzós tamén asegurou que “non podemos esquecernos do papel que desde o mundo local temos á hora de impulsar proxectos que nos axuden a conectar con outros territorios, sempre desde unha óptica de solidariedade”, poñendo en valor a colaboración da Deputación coa Coordinadora Galega de ONGD para “seguir poñendo o foco no mellor que nos pode deixar a globalidade: defender os pobos e axudarnos para alcanzar a xustiza social en todas as latitudes do planeta”.

 A xornada do proxecto Somos Ponte serviu para aprender de experiencias profesionais compartidas e sobre a situación das mulleres como profesionais do sector primario nos distintos territorios, e tamén para coñecer a estratexias de responsables comunitarias e defensoras de dereitos do Sur Global fronte a retos que descubriremos comúns. Nela participaron a mariscadora, mariñeira e defensora ambiental Antonia Mejía (Honduras), a agricultora e conservadora de sementes autóctonas Dilma Cruz (Honduras), a produtora agrícola e pecuaria Elida Súchite (Guatemala), a responsable do seguimento técnico dos proxectos da asociación para a defensa do hábitat MejorHa Hadee Méndez (Guatemala) e a defensora de dereitos humanos Haydée Castillo (Nicaragua).  

 Tamén participaron profesorado e alumnado dos proxectos da provincia distinguidos co Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global, chegados desde Valga (IES Plurilingüe) e Pontevedra (IES Luís Seoane) e desenvolvéronse un obradoiro de regueifa colectiva da man de Raquel Picallo e outro coas coreógrafas Eva Comesaña e Alejandra Balboa que culminou nun espectáculo final.

BUEU

A Xunta e a Universidade de Vigo completan a última intervención arqueolóxica na illa de Ons co achado de novos restos castrexos 

•  O principal descubrimento durante os traballos desenvolvidos no mes de outubro foi un muro de aparente cronoloxía castrexa fóra da muralla do castro de Castelo dos Mouros, onde ata o de agora só se atoparan restos de época romana 


Este outono retomáronse os traballos e, ademais de confirmarse a existencia dun edificio de época romana, localizouse un muro de aparente cronoloxía castrexa baixo os niveis de uso da estancia romana
Foto: XdeG

Infogauda/Bueu

 A Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo (UVigo) completaron hai uns días a súa última intervención arqueolóxica na illa de Ons coa descuberta dun muro de aparente cronoloxía castrexa fóra da muralla do castro do Castelo dos Mouros, onde ata o de agora só se atoparan restos de época romana. Son, polo tanto, os primeiros achados de restos castrexos localizados no exterior do castro.  

 O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da UVigo (GEAAT) pon fin así á segunda fase duns traballos iniciados o pasado mes de maio e que estivo centrada, neste caso, tanto en concluír a intervención arqueolóxica, como en tarefas de conservación do xacemento.  

 Promovidas co financiamento da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, as escavacións da pasada primavera ao leste da zona fortificada permitiron avanzar no coñecemento da ocupación romana no exterior do castro. Para darlle continuidade, este outono retomáronse os traballos e, ademais de confirmarse a existencia dun edificio de época romana, localizouse un muro de aparente cronoloxía castrexa baixo os niveis de uso da estancia romana, achado que constitúe a gran novidade desta segunda fase.  

 Neste sentido, desde o equipo investigador consideran que será preciso continuar os traballos en próximas campañas para verificar como se configura a ocupación neste espazo, xa que o descubrimento reforza a hipótese de que esta área do Castelo dos Mouros contou cunha ocupación continuada e complexa.  

 Ademais, as escavacións do GEAAT centráronse este ano na terraza intermedia do castro, onde localizaran previamente estruturas da Idade de Ferro. Nas últimas semanas, continuouse coa escavación da cabana localizada en 2025, que tamén permitira identificar a existencia doutras tres vivendas, só escavadas parcialmente.  

 En concreto, completouse a escavación da maior destas construcións, unha vivenda ampla que conserva no seu interior unha posible estrutura de combustión central, interpretada como lareira, e outra estrutura formada por laxas fincadas, cuxa funcionalidade segue a ser obxecto de estudo.  

 Os traballos acometidos nesta área permitiron tamén documentar a existencia dun novo muro de planta curva, o que eleva a cinco o número total de vivendas detectadas na terraza intermedia, o que confirma para os investigadores a intensa ocupación deste sector durante a Idade de Ferro.  

 Cómpre lembrar que as diferentes escavacións realizadas polo equipo de arqueoloxía do GEAAT desde 2021, da man da Consellería, permitiran constatar que o Castelo dos Mouros fora un enclave densamente habitado durante nove séculos, con estratexias de poboamento diferentes. Nese senso, os achados das campañas previas amosaban que os castrexos ocuparon os espazos do interior da muralla, mentres que os asentamentos romanos concentráronse na súa parte baixa, estendéndose pola ladeira que descende ata a praia do Canexol, onde se identificaron restos de fábricas de salga de peixe.  

Unha campaña con vertente divulgativa 

 A dirección científica das sucesivas campañas arqueolóxicas en Ons recae no profesor Adolfo Fernández, aínda que esta última intervención foi dirixida in situ por Alba Rodríguez. Nela participaron, ademais, outros arqueólogos do GEAAT e dous estudantes de doutoramento, un equipo que contou como en ocasións anteriores co apoio loxístico e a colaboración dos axentes e vixiantes do Parque Nacional.  

 A campaña péchase cos traballos de conservación das estruturas descubertas por parte dun equipo de restauración, o que permitirá tanto garantir a preservación do castro, como facilitar a continuidade das investigacións arqueolóxicas e contribuír ao futuro proceso de musealización e valorización do xacemento.  

 Ademais, esta última campaña tivo como singularidade que sumou aos traballos de escavación e restauración unha vertente formativa e divulgativa. Por unha banda, o equipo de arqueólogas e arqueólogos do GEAAT compartiu parte dunha das súas xornadas de traballo con 60 novos guías especializados no Parque Nacional, que completaron este mes un curso promovido pola Xunta. Ao mesmo tempo, o xacemento foi visitado polo alumnado da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

GALICIA

ALFONSO RUEDA AVANZA QUE GALICIA DÁ O PRIMEIRO PASO FORMAL PARA CREAR A OITAVA RESERVA DA BIOSFERA DA COMUNIDADE, ENTRE OS CABOS FISTERRA E SILLEIRO 

• O Consello foi informado de que esta semana a candidatura se someterá a un proceso de consulta pública co fin de recompilar posibles achegas e enriquecer a proposta antes de remitila para iniciar a súa tramitación oficial ante a Unesco 

•  Salienta que contaría cunha superficie de case 146.000 hectáreas, o 85% no medio mariño, que abranguen “34 concellos das provincias da Coruña e Pontevedra”, o que a convertería “nunha das maiores reservas da biosfera mariñas de España” 

• A proposta aspira a integrar algúns dos ecosistemas máis valiosos da fachada atlántica europea, que inclúen 27 espazos con protección ambiental, 42 hábitats de interese comunitario e 234 taxóns protexidos 

•  O obxectivo é conseguir a oitava reserva da biosfera para Galicia e consolidar así a súa posición entre as comunidades con maior presenza na Rede española e mundial de Reservas da Biosfera 


Vista da illa de Sálvora
Foto: XdeG

Infogauda/Galicia

 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou que o Consello deu hoxe o primeiro paso para “crear a oitava reserva da biosfera de Galicia, que estará entre os cabos Fisterra e Silleiro”. “Trataríase dunha das maiores reservas da biosfera mariñas de España”, indicou e resaltou que se trata dun espazo cunha superficie de “case 146.000 hectáreas, das que o 85% corresponden ao medio mariño”. 

 Segundo foi informado hoxe o Consello, esta mesma semana abrirase un proceso de participación pública para que as persoas e entidades interesadas poidan coñecer o documento en que se baseará a candidatura. Unha vez analizadas e incorporadas as posibles achegas, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático xa poderá remitir a proposta ao Goberno de España para iniciar a súa tramitación ante a Unesco. 

 A principal singularidade da futura reserva é o seu marcado carácter mariño e costeiro, xa que o seu ámbito territorial abrangue augas marítimas interiores e unha rede de espazos insulares, costeiros e terrestres ligados ecoloxicamente entre si, cun total de 123.916 hectáreas mariñas e 21.862 hectáreas terrestres. Neste sentido, a candidatura transcende a suma individual destes espazos e propón unha xestión conxunta e coordinada dun amplo sistema ecolóxico en que o mar, as illas, as rías e o litoral están directamente relacionados e constitúen así un dos ecosistemas máis valiosos e representativos da fachada atlántica europea. 

 Entre os espazos naturais máis destacados incluídos dentro do seu territorio figuran, segundo indicou o presidente, “verdadeiros símbolos do noso territorio” como o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, a Costa da Morte, Carnota Monte Pindo, monte e lagoa de Louro e as rías de Muros e Noia, de Arousa, de Pontevedra e de Vigo; así como sistemas dunares, humidais, lagoas costeiras e outros ecosistemas de elevado valor ambiental. Así, estaríamos ante un dos principais proxectos de conservación do litoral atlántico europeo. 

 A área de influencia socioeconómica da candidatura abrangue “34 concellos da Coruña e Pontevedra”, destacou Rueda. En concreto, Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia, O Porto do Son, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo, na Coruña; e Catoira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Cambados, Ribadumia, Meaño, O Grove, Sanxenxo, Poio, Pontevedra, Marín, Bueu, Cangas de Morrazo, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán e Baiona, en Pontevedra. 

 Unha mostra da biodiversidade e da riqueza natural que caracterizan estas zonas, tal e como explicou o presidente, é que dentro do ámbito da reserva hai 27 espazos protexidos, 42 hábitats de interese comunitario, 234 taxóns protexidos e decenas de especies de fauna e flora que, en conxunto, converten esta iniciativa ambiental nunha das máis relevantes promovidas en Galicia nas últimas décadas. 

 Así mesmo, outra das singularidades do proxecto, tal e como apuntou Alfonso Rueda, é que “demostra que é posible o equilibrio entre a protección do medio e o mantemento da actividade económica arraigada ao territorio, como a acuicultura, o marisqueo ou o turismo sostible”. Esta filosofía, coa que Galicia foi construíndo historicamente esa relación arredor do mar, encaixa á perfección cos principios do programa Home e Biosfera da Unesco. 

Traballo previo e participado 

 O presidente da Xunta explicou que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático empezou a traballar en 2024 coa idea de impulsar a oitava reserva da biosfera de Galicia e para iso “contou coa opinión e a participación das tres universidades galegas, o CSIC e outros centros tecnolóxicos e de investigación, polo que estamos a falar dunha proposta sólida con moitos datos obxectivos”. Deste xeito, o traballo técnico previo conclúe agora nun documento que inclúe unha delimitación territorial definitiva, unha zonificación, un modelo de xestión e un plan estratéxico. 

 A isto súmanse as 44 cartas de apoio á candidatura recompiladas ata o momento, entre elas, as recibidas por parte de 23 concellos da área de influencia do ámbito proposto; das deputacións provinciais da Coruña e de Pontevedra; das tres universidades; do padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia; das sete reservas da biosfera xa declaradas, e doutras entidades, asociacións e organismos públicos relacionados co sector pesqueiro e marisqueiro. 

 Se a candidatura prospera e finalmente resulta aprobada pola Unesco, sumaríase ás sete reservas da biosfera xa declaradas en Galicia –río Eo, Oscos e Terras de Bourón; Ancares lucenses; Terras do Miño; Mariñas coruñesas e terras do Mandeo; Allariz; Gêres-Xurés, e Ribeira Sacra e serras do Oribio e Courel– e consolidaríase a súa posición entre as comunidades autónomas con maior presenza na Rede española e mundial de Reservas da Biosfera. 

A GUARDA

O Colectivo Amigos do Camiño Portugués da Costa conmemora con varias actividades o 10º aniversario da súa oficialización 

•  Unha andaina guiada, unha exposición fotográfica, unha conferencia de Ermelindo Portela e un faladoiro que contará con Grato Amor e representantes de negocios locais, conforman a programación organizada na Guarda entre o 25 de outubro e o 9 de novembro 


Infogauda/A Guarda

 O Colectivo Amigos do Camiño Portugués da Costa – A Guarda organiza nas próximas semanas un programa de actividades para conmemorar o décimo aniversario da oficialización do Camiño Portugués da Costa, unha ruta que ao longo desta década se consolidou como un importante elemento patrimonial, cultural, turístico e social para A Guarda e para todo o territorio polo que discorre. 

 A programación, que conta coa colaboración do Concello da Guarda, pretende lembrar o proceso que fixo posible o recoñecemento oficial deste itinerario, achegar á cidadanía a súa historia e analizar tamén a evolución e o impacto que o Camiño tivo durante estes dez anos. 

 As actividades comezarán o domingo 25 de outubro ás 10:00 horas cunha andaina guiada, que partirá do Colexio dos Xesuítas e finalizará na Area Grande. O percorrido estará guiado por Antón Ferreira, unha das persoas vinculadas dende os primeiros anos á recuperación e definición do trazado do Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola Guarda. Ferreira participou xa nas primeiras iniciativas arredor desta ruta e propuxo no seu momento o trazado pola vila guardesa.  

 A seguinte cita terá lugar o 2 de novembro ás 19:00 horas na Casa dos Alonso, coa conferencia “Tres viaxes a Santiago”, impartida por Ermelindo Portela Silva, catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela. 

 Trala conferencia abrirá tamén ao público a exposición fotográfica dedicada ao Camiño Portugués da Costa, que poderá visitarse nos baixos da Casa dos Alonso do 2 ao 9 de novembro, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. A mostra realizará un percorrido en imaxes pola historia do Camiño, as súas paisaxes, as persoas vinculadas ao seu desenvolvemento e o impacto que tivo durante estes dez anos. 

 A programación completarase o venres 6 de novembro ás 19:00 horas cun faladoiro no Salón de Plenos da Casa dos Alonso, no que se repasarán a historia, a evolución e o impacto do Camiño Portugués da Costa desde diferentes perspectivas. 

 No encontro participará Grato Amor Moreno, membro da Asociación Amigos dos Pazos e unha das persoas que impulsaron xa nos anos oitenta os primeiros estudos e reivindicacións para a recuperación deste itinerario, ademais de participar posteriormente no proceso de defensa e recoñecemento do Camiño Portugués da Costa. Tamén estará Antón Ferreira, ligado desde os primeiros pasos á recuperación e promoción do Camiño na Guarda.  

 Xunto a eles participarán persoas do tecido económico local que viven hoxe de maneira directa a chegada de peregrinos/as á vila. Será o caso de Marta Silva, de Atmósfera Sport, como representante do comercio local, e de Fernando Álvarez Troncoso, xerente do Albergue O Peirao, establecemento especializado na atención a peregrinos e visitantes do Camiño. O colectivo está ademais á espera de confirmar a participación dalgún outro establecemento da vila, co obxectivo de incorporar novas visións sobre a repercusión que o crecemento do Camiño tivo no comercio, na hostalaría e nos servizos locais. 

 A intención é que o faladoiro permita combinar dúas miradas: a memoria das persoas que contribuíron á recuperación e ao recoñecemento oficial da ruta e a experiencia de quen, dez anos despois, convive diariamente cos seus efectos na actividade turística, económica e social da Guarda. 

 Desde o Colectivo Amigos do Camiño Portugués da Costa convidan á veciñanza e a todas as persoas interesadas no Camiño a participar nas diferentes propostas e a sumarse a unha conmemoración que pretende ser tamén unha oportunidade para recoñecer o traballo das persoas que contribuíron á consolidación desta ruta e reflexionar sobre o seu presente e o seu futuro. 

PROGRAMACIÓN 

• 25 de outubro | 10:00 h – Andaina guiada. Saída do Colexio dos Xesuítas e chegada a Area Grande. Guía: Antón Ferreira. 

• 2 de novembro | 19:00 h – Conferencia “Tres viaxes a Santiago”, por Ermelindo Portela Silva, catedrático emérito da USC. Casa dos Alonso. 

• Do 2 ao 9 de novembro – Exposición fotográfica nos baixos da Casa dos Alonso. Horario: 9:00–14:00 e 17:00–20:00 h. 

• 6 de novembro | 19:00 h – Faladoiro no Salón de Plenos da Casa dos Alonso, coa participación de Grato Amor Moreno, Antón Ferreira, Marta Silva e Fernando Álvarez.

Organiza: Colectivo Amigos do Camiño Portugués da Costa – A Guarda

Colabora: Concello da Guarda.

17 de out. de 2026

A GUARDA

A Guarda celebra o 10º aniversario da oficialización do Camiño Portugués da Costa cun amplo programa cultural e deportivo  

• O Colectivo Amigos do Camiño, coa colaboración do Concello da Guarda, organiza unha andaina guiada, unha exposición fotográfica, unha conferencia e un faladoiro entre outubro e novembro. 

• As actividades conmemoran a década transcorrida desde o recoñecemento oficial desta ruta xacobeira que dinamizou turística e culturalmente o municipio. 


Grupo de persoas peregrinas polo Camiño Portugués da Costa, gozando da beleza da Praza do Reló, na Guarda
Foto: infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente/A Guarda

 O Colectivo Amigos do Camiño Portugués da Costa na Guarda, en colaboración do Concello da Guarda, presentou a programación oficial para conmemorar o 10º Aniversario da oficialización do Camiño Portugués da Costa. Baixo esta efeméride, a vila acollerá ao longo dos meses de outubro e novembro un conxunto de actividades abertas ao público que inclúen deporte, arte e divulgación histórica co obxectivo de poñer en valor o impacto cultural, social e turístico desta ruta xacobeira. 

 Os actos arrincaran o vindeiro domingo 25 de outubro coa celebración dunha Andaina guiada. A actividade, que comezará ás 10:00 h con saída desde o Colexio dos Xesuítas, na Pasaxe (Camposancos) e chegada en Area Grande, contará coas explicacións de Antón Ferreira Lorenzo, quen guiará aos participantes descubrindo as paraxes e segredos que garda este treito do camiño ao seu paso polo municipio.

 A programación continuará en novembro cun forte compoñente cultural. O luns 2 de novembro, ás 19:45 horas inaugurarase nos baixos da Casa dos Alonso unha exposición fotográfica que permanecerá aberta ata o 9 de novembro. A mostra ofrece un percorrido en imaxes pola historia, as paisaxes, as persoas e o impacto da ruta na Guarda, e poderá visitarse en horario de 9:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h. 

 Ese mesmo luns 2 de novembro, ás 19:00 h, o Salón de Plenos da Casa dos Alonso acollerá a conferencia titulada "Tres viaxes a Santiago", impartida por Ermelindo Portela Silva, catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

 O broche final aos actos de aniversario porase o venres 6 de novembro ás 19:00 h, tamén no Salón de Plenos da Casa dos Alonso, cun faladoiro no que se repasará de xeito distendido a historia, evolución e o impacto que supuxo a oficialización do Camiño Portugués da Costa para a comunidade local e o tecido socioeconómico da Guarda. 

 Desde a organización convídase a toda a veciñanza, así como a visitantes e peregrinos, a sumarse e participar activamente nestas xornadas de celebración dunha ruta que hoxe en día é un dos piares da proxección internacional da Guarda.

A GUARDA

O Concello da Guarda abre a cidadanía o Complexo Asociativo Sinde, unha nova infraestrutura ao servizo do tecido asociativo  

• O novo equipamento municipal ofrece oficinas, espazos multiusos, salas de ensaio e zonas de almacenamento para apoiar a actividade das asociacións guardesas.


Vista do exterior do Complexo Asociativo Sinde, aberto á cidadanía desde onte venres, 16 de outubro de 2026
Placa da inauguración oficial do Complexo Asociativo Sinde, indicando que esta tivo lugar o pasado día 1 de xullo de 2026

Infogauda/A Guarda

 O Concello da Guarda abriu á cidadanía este venres o Complexo Asociativo Sinde, unha nova infraestrutura municipal destinada a fortalecer o tecido asociativo da vila e a dar resposta ás necesidades das entidades que desenvolven o seu labor nos ámbitos social, cultural e comunitario.  

 O acto contou coa presenza do alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, de membros da Corporación Municipal e de representantes das asociacións guardesas, que puideron coñecer de primeira man as instalacións e os recursos que estarán á súa disposición para desenvolver as súas actividades.  


O acto contou coa presenza do alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, de membros da Corporación Municipal e de representantes das asociacións guardesas

Foto: CdaG

 Durante a inauguración, o alcalde destacou a importancia de dotar as asociacións de espazos axeitados para levar a cabo o seu traballo, compartir experiencias e impulsar novos proxectos. A posta en marcha deste equipamento supón así un paso adiante no apoio ao asociacionismo local e no recoñecemento do labor que realizan as persoas que, a través do seu compromiso e dedicación desinteresada, contribúen a dinamizar a vida social e cultural da Guarda.

 Pola súa banda, os arquitectos responsables do proxecto ofreceron explicacións detalladas sobre os aspectos técnicos da intervención e as solucións adoptadas para facer posible a transformación do complexo nun espazo adaptado ás necesidades do movemento asociativo.  

 Un dos momentos destacados da xornada foi a entrega das chaves das oficinas solicitadas polas distintas entidades, un paso que permitirá ás asociacións contar con espazos propios para organizar o seu traballo e desenvolver a súa actividade diaria. A continuación, realizouse unha visita guiada polas instalacións, durante a cal as persoas asistentes puideron coñecer os diferentes ambientes que conforman o equipamento.  

 O Complexo Asociativo Sinde dispón de oficinas privadas, espazos multiusos, salas de ensaio e zonas de almacenamento, unha dotación que busca ofrecer solucións diversas ás necesidades das entidades e facilitar tanto o traballo interno como a organización de actividades e iniciativas compartidas.

 Coa inauguración deste novo equipamento, o Concello da Guarda reafirma a súa aposta pola participación cidadá e polo fortalecemento dun tecido asociativo que desempeña un papel fundamental na construción dunha vila activa, dinámica e cohesionada.  

 O Complexo Asociativo Sinde nace, deste xeito, coa vocación de converterse nun punto de encontro para as asociacións guardesas, ofrecendo máis recursos e oportunidades para a colaboración e o desenvolvemento de novos proxectos en beneficio de toda a veciñanza.

A GUARDA

Pablo Álvarez Álvarez recibe o recoñecemento da AGASP por máis de 35 anos de servizo na Policía Local da Guarda  


O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, con Pablo Álvarez Álvarez e Óscar Álonso Álvarez, na  Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) 
Pablo Álvarez Álvarez amosando as distincións recibidas polos seus máis de 35 anos de servizo
Fotos: CAG

Infogauda/A Guarda

 O policía local da Guarda Pablo Álvarez Álvarez vén de ser distinguido pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) en recoñecemento aos seus máis de 35 anos de servizo.  

 Esta distinción recoñece unha dilatada traxectoria profesional dedicada á seguridade cidadá e ao servizo da veciñanza, cun labor continuado ao longo de máis de tres décadas e media na protección e atención dos veciños e veciñas da Guarda.  

 Pablo Álvarez estivo acompañado durante o acto polo tenente de alcalde, Óscar Alonso Álvarez, que compartiu con el este momento de recoñecemento á súa carreira profesional.

 Desde o Concello da Guarda trasladáronlle os seus parabéns por esta distinción, así como o agradecemento pola súa dedicación, profesionalidade e compromiso ao longo de todos estes anos.  

 O recoñecemento concedido pola AGASP constitúe unha ocasión para destacar o valor do traballo desenvolvido pola Policía Local e a importancia da súa contribución diaria á seguridade, á convivencia e ao benestar da cidadanía.  

 O Concello da Guarda quere agradecer publicamente a Pablo Álvarez Álvarez os seus máis de 35 anos de servizo á vila e felicitalo por este merecido recoñecemento á súa traxectoria profesional.

TUI

A Praza da Inmaculada acolle unha feira editorial dentro da programación da TuidCon HispaCon 

•  Haberá 12 postos durante os tres días da convención con literatura fantástica e artesanía de xogos de disfraces 


O alcalde e concelleiras na presentación das actividades TuidCon HispaCon 2026
Foto: CdeT

Infogauda/Tui

 A literatura fantástica será protagonista esta fin de semana en Tui coa celebración da TuidCon HispaCon 2026, a convención nacional de Pórtico, a Asociación Española de Fantasía, Ciencia-Ficción e Terror.  Na ampla programación prevista, con máis de 40 actividades, figura unha feira editorial na praza da Inmaculada.  

 Un total de 12 postos presentarán até este domingo títulos de literatura fantástica, novidades editoriais, xogos de disfraces e obras autopublicadas. Participan as editoriais Boadicea, Cerbero, Radagast, Libros del Salvaje, Raven, Silente, Sugaar, Valhalla, Pórtico-AEFCFT, así como a libraría tudense Espazo Lector Nobel e haberá tamén posto de obras autopublicadas.  

 Amais, Manlima Cosplay terá un espazo de artesanía onde amosará parte do seu traballo na elaboración de complementos de caracterización fantástica. Manlima é unha parella de Valladolid, composta por Helen e Arshan, cunha ampla traxectoria facendo actividades disfrazados xuntos tanto dentro como fora de España. Manlima ofrecerá tamén unha demostración de introdución ao xogo de disfraces o domingo ás 11.45 h no edificio da Praza da Inmaculada.  

 A feira editorial será un das citas centrais que durante estes tres días se poderán gozar en Tui grazas a esta convención nacional que trae a Tui a medio cento de autores e autoras con máis de 40 actividades en tres espazos da cidade. A programación completa está dispoñible en tui.gal e hispacon.org.

NIGRÁN

A Deputación entrega ao Centro Juan María, de Nigrán, un vehículo adquirido cunha axuda do programa Impulsa Benestar valorada en 25.000 euros 

•  A deputada Paula Bouzós recordou que Impulsa Benestar distribúe preto de 1,5 millóns de euros para facilitar a adquisición de vehículos e para a realización de obras en locais de entidades de iniciativa social da provincia 


A Deputación de Pontevedra acaba de entregar ao Centro Juan María de Nigrán un vehículo adquirido cunha axuda do programa Impulsa Benestar 

Foto: DdePO

Infogauda/Nigrán

 A Deputación de Pontevedra acaba de entregar ao Centro Juan María de Nigrán un vehículo adquirido cunha axuda do programa Impulsa Benestar valorada en 25.000 euros. A deputada de Benestar Social, Paula Bouzós, recordou que Impulsa Benestar distribúe preto de 1,5 millóns de euros para facilitar a adquisición de vehículos e para a realización de obras nos locais das entidades de iniciativa social da provincia.  

 O Centro Juan María da Asociación La Esperanza del Valle Miñor recibiu 25.000 euros para sufragar os custos de adquisición deste vehículo, o importe máximo que se podía solicitar ao abeiro da liña de adquisición de vehículos novos. Ademais, o centro recibiu este ano outros 10.000 euros da Deputación de Pontevedra, a través do programa Provincia +Inclusiva, para demoler a antiga rampla e mellorar a accesibilidade ao edificio para as máis de 172 persoas usuarias e profesionais da entidade.  

 Impulsa Benestar está dirixido á mellora, adecuación e modernización das instalacións e dotacións das entidades de iniciativa social da provincia. O programa conta cun dúas liñas de financiamento, unha primeira para posibilitar a realización de obras nas súas instalacións e outra para a adquisición e adaptación de vehículos, cos que prestar o servizo de transporte de usuarios e o de repartición de alimentos, roupa, mobiliario ou mercancías a persoas en situación ou risco de exclusión social. En concreto a liña de adquisición e adaptación de vehículos distribuíu este ano máis de 650.000 euros entre 33 entidades sociais da provincia.

CULTURA

A Deputación incorpora á exposición permanente do Museo de Pontevedra unha das escasas obras dos primeiros anos de Castelao como pintor 

• ‘Home fumando (Retrato de Llamazares)’, datado arredor de 1908, é a obra máis antiga de Castelao presente nas salas do Museo


O cadro ‘Home fumando (Retrato de Llamazares)’  é unha táboa de 20,5 por 40,5 cm, asinada como A. Rodz. Castelao
Foto: DdePO

Infogauda/Pontevedra

 A Deputación acaba de sumar á colección do Museo de Pontevedra unha obra de Castelao de singular interese dentro da súa produción artística. Trátase de ‘Home fumando (Retrato de Llamazares)’, un óleo sobre táboa datado arredor de 1908, polo que é unha das escasas obras dos primeiros anos de Castelao como pintor. O cadro incorporouse xa á exposición permanente, abrindo as salas nas que o Museo percorre a traxectoria artística do xenial intelectual galeguista.  

 ‘Retrato de Llamazares’ é unha táboa de 20,5 por 40,5 cm, asinada como A. Rodz. Castelao. Mostra, sobre un fondo neutro, o retrato caricaturesco dun personaxe con gorra no momento no que prende un cigarro cun isqueiro. O ton humorístico e a pincelada solta lembra aos dous cadros do mesmo 1908 titulados ‘No faetón de Rianxo a Santiago’ e que forman parte da colección Afundación.  

 O cadro foi depositado no Museo por Carmen Trillo Filgueira. Na memoria familiar, o retratado é identificado como Llamazares, un personaxe popular de Compostela nos anos universitarios de Castelao, nos que frecuentaba as tabernas e compartía esmorgas e bromas cos estudantes.

PÓVOA DE VARZIM

Camisola Poveira obtém proteção geográfica na União Europeia 


A Camisola Poveira está agora protegida a nível comunitário contra imitações, uso abusivo, contrafação e falsificações no mercado europeu, defendendo o produto e os artesãos locais
Foto: CMPdeV

Infogauda/Póvoa de Varzim

 A Camisola Poveira foi oficialmente registada no quadro jurídico da União Europeia para produtos artesanais e industriais, o que lhe confere proteção e reconhecimento a nível comunitário. 

 Este novo passo, no seguimento da certificação da Camisola Poveira como produto certificado e com Indicação Geográfica Protegida a 9 de setembro de 2022, vem robustecer a vontade da Câmara Municipal da Póvoa de Varzim em preservar uma arte com mais de 150 anos, com valor seguro e sem qualquer possibilidade de contestação da sua origem. 

 O novo sistema da UE de proteção do património artesanal e industrial para indicações geográficas de artesanato e produtos industriais protege as designações de produtos cuja qualidade, reputação ou outras características estão intrinsecamente ligadas à sua origem geográfica. 

 Neste sentido, a Camisola Poveira está agora protegida a nível comunitário contra imitações, uso abusivo, contrafação e falsificações no mercado europeu, defendendo o produto e os artesãos locais. A inscrição reconhece, igualmente, a ligação direta entre a qualidade, a reputação, as técnicas tradicionais e a região geográfica de origem e fornece um selo de garantia de autenticidade e de respeito pela tradição, com a designação oficial de produto com “Indicação Geográfica na União Europeia (UE)”. 

 Este importante marco na proteção e valorização desta indicação geográfica enquadra-se no novo regulamento europeu de Indicações Geográficas para produtos artesanais e industriais (gerido pelo EUIPO), estando o registo da denominação “Camisola Poveira – Póvoa de Varzim” no quadro jurídico da UE desde 12/01/2026, data de início do processo, junto do Instituto da Propriedade da União Europeia (EUIPO).

OPINIÓN

DOS ESCRITOS DE DOS AMIGOS SOBRE EL ENSAÑAMIENTO POLICIAL EN MADRID



Manuel Vázquez de la Cruz

    Viendo las imágenes de la carga policial contra los manifestantes pacíficos de la Complutense en favor de mejoras en la educación pública, tan denostada en la Comunidad Autónoma de Madrid; viendo los excesos, la desproporción, la brutalidad y el ensañamiento de los antidisturbios;  complacientes, sin embargo, cuando los manifestantes neofranquistas pastan en las calles blandiendo la bandera del pájaro, uno se avergüenza de estas fuerzas de seguridad por las que no ha pasado ninguna transición. En algún momento debería abordarse la modificación de los procesos de selección y formación de estos funcionarios para dotar al país de una policía para la democracia. Mientras tanto, cabe esperar que la Delegación del Gobierno actúe de manera sumarísima y adopte medidas cautelares de suspensión contra estos individuos, instruyendo los procedimientos  disciplinarios. 

 Lo mismo cabe esperar del Ministerio de Defensa para apartar del ejército a los cafres de la Legión que coreaban con el mamarracho Quiles la consigna "acabar con los rojos". 

 Urge acabar con la impunidad de estos fabricantes de odio que tanto están mermando la calidad democrática de este país. Urge parar al fascismo que acecha. 

 _Juan Conde, de Sahagún (León)   

 Y urge más que el Gobierno de España ponga en su sitio, de una puñetera vez, a las policías del Estado, al Ejército de Estado... 

 Es intolerable que sucedan estas cosas.  

 Estas acciones a palo despiadado si que son INVASIONES de la Policía del Estado contra los habitantes pacíficos del Estado que les paga. 

 Desde ya, ahora mismo, el señor Marlaska debe saber quién mandaba esas tropas y abrir una investigación de cada persona - es un decir -, que de uniforme apaleaba con furia a gente que ejercía un derecho. 

 Quizás esa investigación pueda ser muy clarificante.  

 En principio a estos y a los que insultan llamando al Presidente del Gobierno de España hijo de puta debería aplicársele la legislación oportuna.       

 _Manolo Ferruxo, de Tui

TUI

O luns inaugúrase a exposición fotográfica “Na penumbra do tempo” de Gus Abreu

•  Poderase visitar na Sala Municipal de Exposicións dentro do programa de actividades dos 800 anos da consagración da catedral de Tui  


Infogauda/Tui

 O próximo luns, 19 de outubro, ás 20 h, na Sala Municipal de Exposicións, no Edificio Francisco Sánchez, inaugurarase a exposición fotográfica “A penumbra do tempo: 800 anos de luz e sombra na catedral de Tui” do fotógrafo Gus Abreu.  A mostra recolle unha escolma de imaxes da catedral tudense e forma parte do programa de actividades que promove o Concello de Tui para a conmemoración dos oitocentos anos da consagración da catedral de Santa María.  

 O propio Gus Abreu describe así esta exposición tan especial: “Debido ao meu traballo en vídeo na gravación de diferentes eventos, estiven moitas veces eu só na catedral, mesmo ás veces fóra do horario aberto ao público. Neses momentos é cando sentes todo o peso dos seus 800 anos de historia, e aí naceu o meu desexo de reflectir esa sensación nunha fotografía. Eses séculos pesan demasiado. Se pretendes abarcalos todos cunha cámara, a tendencia natural é disparar ao grande, ao monumental, ao que xa fotografaron centos de persoas antes ca min.  

 Decidín facer xusto o contrario. Apaguei a présa e dediqueime a camiñar amodo, a mirar o que normalmente queda fóra de plano. Levo máis de trinta anos nisto da fotografía —aprendín a mirar entre o cheiro dos químicos no laboratorio e hoxe sigo facéndoo diante do monitor—, e se algo teño claro é que a foto boa case nunca está no centro da nave. Está nun capitel que ninguén mira porque queda moi alto, na fenda dun muro, ou nesa mancha de luz que dura dez minutos contra a pedra fría e despois desaparece ata o día seguinte.  

 En moitas destas imaxes asoman rostros: caras esculpidas en pedra ou talladas en madeira, figuras que pasamos por alto e que, de súpeto, parecen devolver a mirada a quen as observa. Ao reproducir estes detalles a gran formato, esas cousas minúsculas cambian de escala e collen unha forza que antes non tiñan. Convídovos a deter a présa un momento e descubrir eses segredos e miradas que a materia, a sombra e os séculos gardaron para nós. Gus Abreu conta cunha ampla traxectoria no campo audiovisual, tanto en fotografía como en vídeos e na edición deste tipo de materiais, e con esta exposición mostra a súa ollada sobre o elemento referencial do patrimonio tudense como é a catedral de Santa María e ofrece unha ollada diferente do seu valor patrimonial”.  

 A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade do Concello de Tui, Sonsoles Vicente Solla, explica que esta exposición fotográfica “A penumbra do tempo” ofrece una visión, case poética, da nosa catedral achegándonos a súa historia, a súa dimensión material e inmaterial mediante unha escolla de 30 imaxes en gran formato  que  pretenden capturar e desvelar aqueles elementos, texturas, relevos, inscricións e detalles construtivos que, por atoparse en zonas restrinxidas, áreas de acceso elevado ou espazos pouco frecuentados polo público xeral, permanecen invisibles aos ollos do visitante cotián. A mostra dota de visibilidade ao oculto, permitindo unha nova lectura do patrimonio da nosa catedral.  

 Esta exposición fotográfica está organizada polo Concello de Tui, lamentando a concelleira tudense a escasa implicacións doutras administracións públicas con esta conmemoración dos 800 anos da consagración da catedral de tudense. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 30 de novembro.