Amosando publicacións coa etiqueta O PORRIÑO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O PORRIÑO. Amosar todas as publicacións

15 de xuño de 2011

O PORRIÑO

IV EDICIÓN FESTIVAL DE ARTES ESCÉNICAS DO PORRIÑO "COIRO DE PITA"







Xerpo Cultura / O Porriño




Inauguración na terraza do Hostal-Cafetería Maracaibo (Rúa Manuel Rodríguez, 50- O Porriño)




Sábado 25 de Xuño:




A partir das 12.00 na Praza de Abastos do Porriño: Performance Lírica.




A partir das 20.00- Na Rúa Peonil:




* "A min o que me pon o Coiro de Pita é..." (Exercicio Contemporáneo)




* Ilustración




- Mural a cargo de Emmanuel Lafont e Pedro J. Okña baixo o título "Piel de Pita".




- Na Praza de Antonio Palacios:




* "María por los aires" pola Compañía Malagueña Bajotierra Teatro.




* Danzas do Mundo a cargo de Mercedes Prieto (Clase aberta de danza).




Domingo 26:




- A partir das 12.00 no Pavillón de Deportes do Porriño:




* I Campionato Unitrial Indoor: Un acontecemento sen antecedentes en Galicia onde se combinan deporte e espectáculo. Un auténtico pracer para os amantes do monociclo!

27 de xul. de 2010

O PORRIÑO

A FESTA DO CABRITO Ó ESPETO DE CHENLO DUPLICA NA SÚA SEGUNDA EDICIÓN Ó NÚMERO DE CABRITOS PREPARADOS



Infogauda / O Porriño
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, a delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares, o alcalde de Porriño, Nelson Santos, e o alcalde da Entidade Local Menor de Chenlo, Alejandro Lorenzo reuníronse hoxe na parroquia de Chenlo para presentar a “II Festa do Cabrito ó Espeto”.

A citada festa gastronómica comeza o vindeiro domingo día 1 de agosto, no campo de fútbol de Chenlo, en Chan da Carreira. O seu obxectivo é «dinamizar a parroquia e poñer en valor o amplo patrimonio cultural e medioambiental que posúe», afirmou Alejandro Lorenzo, quen se mostrou optimista coa previsión de afluenza de xente: «o ano pasado preparamos 50 cabritos; este prevemos duplicar esa cifra chegando ós 100». O menú de 20 € inclúe cabrito, cachelos, empanada, viño mencía, rosca e café.

Louzán sinalou «o importante papel que ten a gastronomía en Galicia, xa que é un dos alicientes turísticos máis poderoso cos que contamos». O presidente provincial apuntou tamén que «o elenco de festas gastronómicas que hai este fin de semana é moi amplo, sobre todo en Pontevedra, pero é ben certo que quedaba un pequeno vacío na zona sur da provincia que agora queda cuberto coa Festa do Cabrito ó Espeto».

520.000 euros para rehabilitar a Casa Rectoral de Chenlo

Aproveitando a visita, Louzán fixo entrega ós alcaldes de Porriño e de Chenlo do proxecto básico de execución para rehabilitación a Casa Rectoral de Chenlo, coñecida como a Casa da Fábrica. Este proxecto, que sairá a licitación no próximo mes de setembro por importe de 520.000 euros aproximadamente, foi asinado fai un ano pola Deputación, a entidade local menor de Chenlo, e o Bispado de Tui-Vigo.

16 de xul. de 2010

O PORRIÑO

O centro-dereita de Porriño fai un balance “altamente positivo” dos primeiros seis meses de Goberno e asegura que “chegou o momento da reunificación



O presidente provincial do PP e os representantes dos tres grupos que ostentan o Goberno analizaron os resultados do acordo asinado en xaneiro
· Rafael Louzán destacou a perfecta sintonía acadada nestes meses, que permite concibir unha candidatura potente que integre todas as sensibilidades do centrodereita baixo as siglas do PP
· Nelson Santos salienta que a experiencia de traballo conxunto acadada ata o de agora amosa que é posible “facer un PP unido e forte” para devolverlle a Porriño “o que nunca debeu perder: a maioría de centro-dereita”.
· Manuel Carrera e Marcelino Coto incidiron en que a día de hoxe non é preciso convencer a ninguén de que a moción era necesaria, porque “os resultados están á vista”
· Inciden en que “a unión do centrodereita é un feito”

Infogauda / O Porriño
Coincidindo cos primeiros seis meses desde a sinatura do acordo que permitiu configurar un goberno de maioría en O Porriño, membros dos tres partidos que conforman o equipo de Goberno, acompañados polo presidente provincial do PP en Pontevedra, Rafael Louzán, coincidiron esta tarde en cualificar de éxito rotundo os resultados deste acordo e incidiron en que chegou o momento da reunificación, para que nos vindeiros comicios todas as sensibilidades do centrodereita estean agrupadas baixo as siglas do PP.
Nunha comparecencia pública na que fixeron un balance “altamente positivo” do traballo realizado ata o de agora, os representantes do PP, de Ciudadanos de Porriño e de Independentes, Manuel Carrera, Nelson Santos e Marcelino Coto incidiron en que “a unión dos tres grupos é un feito”, grazas ao cal Porriño conta cun goberno único, unido, sólido e plenamente integrado que, en tan só seis meses, foi quen de impulsar un verdadeiro cambio no Porriño.
Tanto o líder provincial como os representantes locais coincidiron en destacar que a día de hoxe non é preciso convencer a ninguén de que a moción de censura era necesaria, porque “os resultados están á vista” e Porriño é hoxe un municipio novo, cunha xestión áxil e eficaz e cunha considerable mellora na atención aos veciños.
Todo isto foi posible, segundo indicou Nelson Santos, porque “a unión dos tres grupos é un feito e estamos traballando como o que realmente somo: un único equipo” que ten como principal obxectivo traballar por e para os veciños desta localidade.
Nesta liña, incidiron en que en seis meses é difícil facer máis do que se fixo, polo que salientaron que o acordo non se concibe como un pacto de goberno para un ano, senón coma un proxecto de futuro que permita darlle a Porriño o que sempre reclamou: un goberno de maioría. Así, asegurou que a experiencia de traballo conxunto acadada ata o de agora amosa que é posible “facer un PP unido e forte” para devolverlle a Porriño “o que nunca debeu perder: a maioría de centro-dereita”.
“Chegou o momento de que isto remate nunha reunificación e que nas próximas eleccións non haxa partidos independentes, senón que todos vaiamos agrupados no PP que é o que o pobo de Porriño quere e demanda”, indicou Marcelino Coto.
PERFECTA SINTONÍA
De feito, o presidente provincial dos populares, Rafael Louzán, destacou que a experiencia vivida nestes meses en Porriño “tennos que servir tamén de lección para o futuro, de forma que a unidade do centrodereita non pode volver a perderse, porque a ela está unida o bo goberno neste concello”.
Así, lembrou que cando se materializou o acordo tiña o convencemento de que ía supor un paso adiante no desenvolvemento de Porriño, pero hoxe “estou seguro de que este camiño non se vai deter”, porque a perfecta sintonía existente entre os tres grupos permite concibir unha candidatura potente “que integre todas as sensibilidades do centrodereita, que hoxe están aquí representadas, e que xa teñen amosado o seu compromiso de traballo conxunto e a súa aposta polo futuro deste concello”.
Louzán coincidiu cos representantes locais ao asegurar que a unidade do centrodereita é o mellor para a inmensa maioría dos galegos e galegas, que amosan unha e outra vez que queren para os seus concellos un goberno unido e sólido, que non queren pactos antinatura que só conducen ao desgoberno e á parálise e que, ademais, adulteran o resultado das urnas porque, na maioría dos casos, son acordos impostos desde despachos ben alonxados do propio municipio.
TRABALLO INTENSO
No mesmo sentido se manifestou Manuel Carrera, para quen o balance destes 6 primeiros meses de Goberno non pode ser máis positivo, dado que se conseguiu un goberno estable e con capacidade de acción que, por fin, poderá sacar adiante uns orzamentos, despois de seis anos e medio cun goberno de esquerdas totalmente paralizado.
Carrera fixo fincapé en que “estamos a punto de sacar adiante os orzamentos”, cousa que o anterior goberno non foi capaz de aprobar en seis anos e que resulta “gravísimo para un municipio dinámico como o de O Porriño”. “Un pobo destas características sen orzamentos é un pobo morto”, incidiu, para recalcar que, ademais das contas públicas, o novo Goberno fixo grandes avances en materia de infraestruturas, de atención aos veciños, de mellora e adecentamento do concello, de diálogo coa industria, de emprego... e, incluso, sacando adiante os convenios laborais que levaban seis anos enquistados.
Isto amosa que o cambio de goberno en Porriño era unha necesidade e ben a confirmar a importancia dun goberno de maioría e realmente comprometido co municipio.

14 de xul. de 2010

O PORRIÑO

PREVISIÓN DE ACTIVIDADES DO PARTIDO POPULAR PROVINCIAL PARA ESTE XOVES, 15 DE XULLO DE 2010





O presidente provincial do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, asistirá en O Porriño a unha xuntanza na que o centrodereita porriñés fará balance dos seis primeiros meses de traballo conxunto e da súa xestión ao fronte do Goberno local.
Previamente, Louzán comparecerá ante os medios de comunicación, xunto co presidente de Ciudadanos por Porriño e alcalde deste concello, Nelson Santos, o presidente do PP local e primeiro tenente de alcalde, Manuel Carrera, e o presidente local de Independentes de Porriño, Gonzalo Ordóñez, e o segundo tenente de alcalde e membro de Independentes, Marcelino Coto.


ACTO: Reunión de balance dos seis primeiros meses de traballo conxunto do centrodereita de O Porriño
HORA: 20,45 horas
LUGAR: Restaurante Manolo