A FESTA DO CABRITO Ó ESPETO DE CHENLO DUPLICA NA SÚA SEGUNDA EDICIÓN Ó NÚMERO DE CABRITOS PREPARADOS

Infogauda / O Porriño
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, a delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares, o alcalde de Porriño, Nelson Santos, e o alcalde da Entidade Local Menor de Chenlo, Alejandro Lorenzo reuníronse hoxe na parroquia de Chenlo para presentar a “II Festa do Cabrito ó Espeto”.
A citada festa gastronómica comeza o vindeiro domingo día 1 de agosto, no campo de fútbol de Chenlo, en Chan da Carreira. O seu obxectivo é «dinamizar a parroquia e poñer en valor o amplo patrimonio cultural e medioambiental que posúe», afirmou Alejandro Lorenzo, quen se mostrou optimista coa previsión de afluenza de xente: «o ano pasado preparamos 50 cabritos; este prevemos duplicar esa cifra chegando ós 100». O menú de 20 € inclúe cabrito, cachelos, empanada, viño mencía, rosca e café.
Louzán sinalou «o importante papel que ten a gastronomía en Galicia, xa que é un dos alicientes turísticos máis poderoso cos que contamos». O presidente provincial apuntou tamén que «o elenco de festas gastronómicas que hai este fin de semana é moi amplo, sobre todo en Pontevedra, pero é ben certo que quedaba un pequeno vacío na zona sur da provincia que agora queda cuberto coa Festa do Cabrito ó Espeto».
520.000 euros para rehabilitar a Casa Rectoral de Chenlo
Aproveitando a visita, Louzán fixo entrega ós alcaldes de Porriño e de Chenlo do proxecto básico de execución para rehabilitación a Casa Rectoral de Chenlo, coñecida como a Casa da Fábrica. Este proxecto, que sairá a licitación no próximo mes de setembro por importe de 520.000 euros aproximadamente, foi asinado fai un ano pola Deputación, a entidade local menor de Chenlo, e o Bispado de Tui-Vigo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario