5 de ago. de 2025

A GUARDA

Manuel Moreira Rodríguez, ex alumno do IES A Sangriña

Vén de recibir o Premio de Excelencia á Mellor Nota de Admisión no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da Universidade da Coruña (UDC)


Manuel Moreira Rodríguez, amosando o Premio de Excelencia á Mellor Nota de Admisión no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da Universidade da Coruña (UDC), que vén de recibir


IES A Sangriña / A Guarda

 O IES A Sangriña quere felicitar con gran orgullo ao ex alumno Manuel Moreira Rodríguez, quen vén de recibir o Premio de Excelencia á Mellor Nota de Admisión no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da Universidade da Coruña (UDC). 

 Este galardón, concedido pola UDC, recoñece o esforzo e a dedicación do alumnado que accede á universidade dende o Bacharelato ou Ciclos Formativos de Grao Superior e que obtén as mellores cualificacións nas probas de acceso. Trátase dun premio que busca fomentar a excelencia académica, valorando o traballo constante e a superación persoal. 

 Manuel Moreira destacou sempre polo seu compromiso cos estudos e pola súa paixón polo deporte, cualidades que agora reciben este importante recoñecemento. A súa traxectoria no noso centro foi exemplo de constancia, responsabilidade e ilusión, polo que non nos sorprende este éxito que agora colma a súa entrada na etapa universitaria. 

 Desde o IES A Sangriña, enviámoslle os nosos máis sinceros parabéns, coa certeza de que continuará acadando grandes logros ao longo da súa formación e carreira profesional. 

 Noraboa, Manuel, e moito éxito nesta nova etapa!

Ningún comentario:

Publicar un comentario