1 de ago. de 2025

DEPORTES

BOXEO

A Guarda acollerá unha velada de boxeo

  O xoves, día 14 de agosto, ás 20:30h no pavillón municipal A Sangriña


Carlos Miguel Rodríguez e Esteban Doiro voltarán a enfrontarse deportivamente no pavillón municipal A Sangriña
Foto: Cedida

Redacción Deportes / A Guarda

 O boxeo voltará novamente á vila de A Guarda. Será o xoves, día 14 de agosto, ás 20:30 horas, no pavillón municipal A Sangriña.  

 Habera sete combates: o 1º combate amateur, peso galo, categoría júnior, enfrontará a Álex Blanco (do Polideportivo Saudade, de Vigo) vs Nicolás Domínguez (do Ckm, de Mos). 

 O 2º combate amateur, categoría nova, estará a cargo de Salvador Penín (do Polideportivo Saudade, de Vigo) vs Troy Montes Matarranz (do Thunder Team, de Marín). 

 No 3º combate, peso súper wélter (68 kg), xa dentro da categoría elite, participarán Sergio Añon (do Skt, de Noia) vs Iker González (Arkham, de Cangas). 

 No 4º combate, categoría amateur feminina nova, peso pluma, veremos a Carla González (do Boxing Kick, de Narón) vs Noa Vincelle (do Thunder Team, de Marin). 

 O 5º combate, categoría amateur feminina, peso súper pluma, veremos a Alicia Portela vs Nahir Gonzalez (do Kick Naron, é a actual campioa neo profesional do devandito peso). 

 No 6º combate fondo, gran desquite entre campions do boxeo neo profesional: do peso súper lixeiro Branyel Suárez (do club boxeo Padin, de Caldas) vs do lixeiro Álex Castro (do Ckm, de  Mos).

 Por último, en sétimo lugar, os afeccionados gozarán dunha estupenda exhibición entre dous púxiles guardeses - ex compoñentes do Club Polideportivo Saudade -, de 3 asaltos de 1 minuto, en categoría senior. Dun lado o que foi un de estandartes do boxeo español Carlos Miguel Rodríguez e do outro o que foi campión galego e selección, Esteban Doiro, alcumado “O Jabato. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario