1 de abr. de 2026

DEPORTES

BALONMÁN FEMININO

Rosane Serrano repite coas Guerreras Júnior ante Noruega 

A primeira liña do Guardés volverá reunirse co conxunto nacional na semana internacional do 6 ao 12 de abril en Tarazona (Zaragoza) 

As Guerreras Júnior seguirán preparando o Campionato do Mundo deste verán e disputarán dous amigables contra Noruega os días 9 e 11 de abril 


Rosane Serrano, nun encontro no pavillón A Sangriña. lanzando a bóla deica a porta visitante
Foto: SportCoeco


Redacción Deportes / A Guarda

 O Mecalia Atlético Guardés seguirá activo na vindeira semana internacional. De novo, da man da moza Rosane Serrano, o equipo miñoto volverá ter representación na Selección Española Júnior, á cal a primeira liña unirase entre o 6 e 12 de abril en Tarazona para unha concentración dedicada á preparación do vindeiro Mundial, e que inclúe ademais dous encontros amigables contra Noruega. 

 A central vasca xa é unha habitual das Guerreras Júnior, e esta nova chamada de Verónica Cuadrado chega apenas un mes despois da última. Tras unha semana de reunión co conxunto nacional en Elxe o pasado mes de febreiro, nesta ocasión a nova Selección partirá o vindeiro 6 de abril a Tarazona, Zaragoza, co obxectivo de seguir avanzando na preparación do Campionato do Mundo deste verán. 

 Como parte desta nova concentración, ademais, Serrano volverá defender a camisola nacional en dous amigables contra a Selección de Noruega, que terán lugar o 9 e 11 de abril ás 20.00 e 18.30 horas, respectivamente, no Polideportivo Municipal do concello aragonés. Dous partidos de alto nivel que contribuirán á configuración do equipo de cara á hora da verdade unha vez rematen as tempadas regulares.  

Rosane Serrano: “Estes partidos servirannos para seguir entendéndonos mellor entre nós” 

 A xogadora do Guardés declarou que volve estar “moi contenta de seguir a ser parte das Guerreras Júnior”, pois unha chamada da Selección “sempre é un orgullo e un motivo polo que seguir traballando día a día”. As convocatorias nacionais impulsan a novas atletas coma ela a seguir medrando persoalmente, se ben a central quixo destacar que estas concentracións preparatorias tamén permiten que o equipo siga traballando no seu conxunto. Os dous partidos contra a selección nórdica, explica, “servirannos para seguir entendéndonos mellor entre nós e adaptarnos cada vez máis ao modelo de xogo”, dúas chaves para chegar ao Mundial estival con todo a punto.  

Lista completa de xogadoras convocadas: 

- Porteiras: Goundo Gassama (KH-7 Granollers), Udane Bernabé e Teresa Antón (AtticGo Elche) 

- Central: Rosane Serrano (Mecalia Atlético Guardés) 

- Laterais dereitos: Martina Català, Lucía Julve (Balonmano Morvedre) e Eva María Pérez (Atticgo Elche) 

- Laterais esquerdos: Nerea Patiño (Caja Rural Aula Valladolid), Laura Rodríguez (Balonmano Colores), Anna Ros e Carmen Fidalgo (Balonmano Montequinto) 

- Estremos dereitos: Sara Palanqués (Balonmano Morvedre) e Lucía Trinidad Bomaba (AtticGo Elche) 

- Estremos esquerdos: Paula Lluch (Elda Prestigio) 

- Pivotes: Alicia Huertas (iKasa Boadilla), Kadiditou Jallow (Caja Rural Aula Valladolid), Kelly Nnonzie Fonkeng e Libe Arruabarrena (Replasa Beti-Onak)

A GUARDA

A churrrería Santa Tecla súmase á venda en beneficio das Festas do Monte Santa Trega 2026  

Este posto súmase á gastroneta de Juan Collazo, da tarde do sábado, na praza Avelino Vicente  


O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, con Sonia Barbosa Rodríguez, emprendedora guardesa, e José Ángel Gándara Rodríguez, presidente da Comisión de Festas do Monte Santa Trega, 2026

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 A churrería Santa Tecla, de Sonia Barbosa Rodríguez, súmase o próximo sábado á gastroneta da praza de Avelino Vicente. Este posto ofrecerá churros e chocolate quente para completar a cea co sándwich “Galicia en pan” de Juan Collazo Abuín.  

 Trátase dunha colaboración coa Comisión das Festas do Monte Santa Trega, polo que parte do prezo de 4€ por ducia de churros irá destinado á organización, así como do resto da oferta do posto.  

 Agardámosvos o próximo sábado 4 de abril de 19:00 a 23:00 horas, na praza de Avelino Vicente. 

 Esta actividade conta coa organización e colaboración do Concello da Guarda.

A GUARDA

O Concello colabora coa saída cultural por Chantada e Lugo para o sábado 18 de abril   

As inscricións estarán abertas ata o próximo venres 10  


Infogauda / A Guarda  

 O Concello de A Guarda fixo pública no día de hoxdse, a seguinte información:

 "Coa primavera e o bo tempo acompaña para organizar unha saída cultural en bus para que a veciñanza poida coñecer dúas localidades de gran interese en Lugo.       

 A saída cultural será o sábado 18 de abril e o programa incluirá a visita aos concellos de Chantada e Lugo ademais do xantar.   

 A visita ao concello de Chantada centrarase no seu casco antigo onde destacan as vivendas cos seus soportais tradicionais e a rúa do Comercio. Tamén está previsto o percorrido guiado pola cidade de Lugo e o seu afamado patrimonio como a muralla romana, a catedral o ou mesmo a Praza de España.  

 Esta saída cultural está organiza por Costa Atlántica Viajes cun importe de 60€ por persoa, con saída ás 7:30h e regreso aproximado ás 21:00h na Guarda.  

 Para máis información e inscrición, as persoas interesadas deben dirixirse á Casa dos Alonso (3ª planta) ou ben a través do teléfono 986 61 45 46 ata o venres 10 de abril, data na que pecha a inscrición". 

O ROSAL

O Rosal sementa conciencia ambiental nas aulas coa reciclaxe como ferramenta   

• O alumnado do CRA María Zambrano participou nun obradoiro práctico para fomentar hábitos responsables e avanzar cara a unha economía circular dende a infancia  

 

A través de xogos e exemplos próximos á súa realidade, a cativada participante descubriu que reciclar é sinxelo e está ao alcance de todas as persoas

Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal 

 O Concello continúa apostando pola sensibilización ambiental da infancia e da mocidade a través de accións formativas nos centros educativos rosaleiros. Neste camiño, o CRA María Zambrano acolleu un obradoiro de reciclaxe dirixido ao alumnado co obxectivo de promover hábitos responsables na separación de residuos e impulsar unha cultura de reutilización e economía circular desde idades temperás. 

 Durante a sesión, o alumnado participou en dinámicas prácticas e participativas orientadas a aprender a separar correctamente os residuos, identificar os materiais que poden ser reciclados, evitar erros comúns e comprender o impacto positivo que teñen os pequenos xestos diarios no medio ambiente. A través de xogos e exemplos próximos á súa realidade, a cativada participante descubriu que reciclar é sinxelo e está ao alcance de todas as persoas. 

 A iniciativa foi valorada moi positivamente tanto polo profesorado como polo alumnado, destacando o carácter práctico e motivador da actividade, que permitiu reforzar os contidos ambientais xa traballados no centro. 

 Como sinalou a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, “educar na sostibilidade dende a infancia é unha ferramenta fundamental para construír un futuro máis respectuoso co medio ambiente. Estas actividades permiten á rapazada interiorizar hábitos que despois trasladan ás súas casas e á súa contorna. O cambio comeza nos pequenos xestos do día a día e este tipo de iniciativas permiten espertar unha actitude activa e participativa na defensa do medio ambiente entre a rapazada”. 

 O Concello de O Rosal seguirá impulsando accións de educación ambiental ao longo do curso escolar, reforzando o compromiso municipal coa sustentabilidade e coa creación de hábitos saudables e responsables cara ao medio ambiente. 

 Para máis información sobre futuras actividades, pódese consultar a web municipal ou os canais oficiais do Concello. As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web de Medio Ambiente do Concello ou contactar a través do correo electrónico info@ocaminosostible.gal ou do   teléfono 647 521 464. 

 Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos. 

O BAIXO MIÑO

CONCENTRACIÓN NA GUARDA

•  Terá lugar no día 7 de abril ás 20:00 horas  na praza Avelino Vicente, da Guarda

 



Baixo Miño con Palestina  

 Máis unha vez, de Baixo Miño con Palestina chamamos a cidadanía da nosa comarca a concentración, que terá lugar na praza Avelino Vicente da Guarda, no día 7 de abril ás 20:00.  

 Múltiples localidades do noso país verán mobilizacións no mesmo día, convocadas pola plataforma Galiza pola Paz, contra a guerra imperialista e pola paz entre os pobos. O mundo atravesa unha situación de extrema gravidade, no que a hipótese dun ataque nuclear contra o Irán paira no ambiente, mentres os Estados Unidos e “Israel” axen de forma impune e sen ningún tipo de cortapisa.   

 A entidade sionista toma nota de que lle é permitido cometer xenocidio contra o pobo palestino e alarga o mesmo xenocidio ao pobo libanés. Nunha profundización do seu carácter de etnoestado racista, a Kneset israelense dá luz verde á lexislación que autoriza a pena de morte especificamente dirixida a presos palestinos. Nin a Sudáfrica do Apartheid chegou nunca a lexislar a pena de morte especificamente contra un grupo étnico concreto no seu ordenamento xurídico.  

 Non esquecemos os ataques dos Estados Unidos e “Israel” á infraestrutura civil, educativa, sanitaria, farmacéutica ou enerxética do estado iraniano, destruindo barrios residenciais enteiros das cidades do Irán. Ao Irán esíxeselle a capitulación e a renuncia a calquera política soberana, tanto en política enerxética como en política internacional. Explicitamente esíxenlle deixar de apoiar a resistencia palestiniana e libanesa Pero encóntranse cunha resposta que non esperaban e ante iso, os imperialistas son capaces de levarnos as clases populares do mundo á ruina económica e o mundo á destrución militar, climática e biolóxica.  

 Por iso non podemos calar e debemos organizar cada vez máis capas de poboación contra a guerra imperialista, contra os nosos imperialistas e pola paz entre os pobos.   

 Abaixo o sionismo e o imperialismo!  

 Viva Palestina libre!

TOMIÑO

Os CEIP Pedro Caselles Beltrán e o Plurilingüe de Barrantes, no concello de Tomiño, instalaron 35 e 20 paneis fotovoltaicos, respectivamente, cun apoio por parte da Xunta de máis de 20.000 euros

 Lorenzana destaca que máis dunha trintena de concellos se levan beneficiado das axudas da Xunta para a instalación de paneis fotovoltaicos 

 Esta liña de apoios para entidades locais de Galicia, entidades sen ánimo de lucro, e para pemes e autónomos, suma un orzamento de 12 M€ nas dúas últimas edicións


Acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e do director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, Lorenzana visitou hoxe en Tomiño o CEIP Pedro Caselles Beltrán. Nesa visita tamén estivo a alcaldesa Sandra González e membros do goberno municipal tomiñes

Foto: X.G.

Infogauda / Tomiño 

 A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe que a liña de axudas do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para a instalación de paneis fotovoltaicos en edificios públicos, entidades de iniciativa social e empresas leva permitido xa desenvolver 145 proxectos, máis dunha trintena deles promovidos por concellos.  

 Acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e do director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, Lorenzana visitou hoxe en Tomiño o CEIP Pedro Caselles Beltrán, beneficiario desta orde de apoios xunto co CEIP Plurilingüe de Barrantes.  

 O primeiro deles, instalou na súa cuberta 35 paneis fotovoltaicos e, no caso do CEIP de Barrantes foron 20, cun apoio por parte da Xunta de máis de 20.000 euros en total. Segundo dixo, esta infraestrutura de autoconsumo renovable permítelles, por unha banda,  aforrar enerxía e, por outra, limitar ou evitar a dependencia da rede eléctrica tradicional, dixo.  

 A conselleira explicou que esta liña de axudas para entidades locais de Galicia, entidades sen ánimo de lucro, e para pemes e autónomos, que nas dúas últimas edicións suma un orzamento de 12 millóns de euros. Ata o de agora, leva permitido desenvolver xa 145 proxectos de instalación fotovoltaica, 34 deles, promovidos por concellos, como é o caso de Tomiño.

TUI

Gran acollida á visita guiada realizada co gallo do Día da Cultura Sefardí 


O interese polo patrimonio tudense quedou de novo reflectido neste percorrido no que participou tanto veciñanza tudense coma moitas persoas que estes días visitan a cidade

Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 Máis de 140 persoas participaron onte á tarde na visita ao patrimonio xudeu organizada polo Concello de Tui co gallo do Día da Cultura Sefardí promovido pola Red de Juderías de España.  

 O interese polo patrimonio tudense quedou de novo reflectido neste percorrido no que participou tanto veciñanza tudense coma moitas persoas que estes días visitan a cidade. A concelleira de Patrimonio e Turismo, Ana Núñez, deu a benvida á visita destacando a importancia da promoción do patrimonio tudense e agradecendo a participación tan numerosa nesta actividade.  

 A historiadora da arte e guía RASGO (selo de calidade turística da Red de Juderías de España que garante servizos de excelencia relacionados co patrimonio sefardí), Sara Quintana, guiou o percorrido que comezou na Corredoira e percorreu parte do conxunto histórico. As persoas que participaron na visita puideron coñecer non só os elementos patrimoniais ligados á presenza xudía na cidade, senón tamén os costumes, as celebracións coma o Pesaj que comeza esta noite, e o xeito de vida da comunidade xudía en Tui. Na cidade non había un barrio xudeu coma tal senón que as familias estaban integradas ao longo de distintas rúas e prazas do conxunto histórico. Tui contou con elementos importantes coma unha sinagoga ou unha carnicería, e o legado xudeu quedou tamén plasmado en lugares coma o claustro da Catedral onde hai gravada unha menorá, ata en diversas pezas que atesoura o Museo Catedralicio obra de orfebres xudeus.  

 No final da visita houbo unha pequena degustación gastronómica de viño kosher - termo hebreo que significa apto, adecuado ou puro - e pan ázimo.

TUI

Medio millar de escolares participaron nas actividades do Consorcio do Louro para aprender sobre a importancia da auga 

•  Ata xuño está aberto o prazo para participar no concurso de debuxo que servirá para elaborar o calendario do Consorcio de 2027 


Vista parcial da Estación de Augas Residuais (EDAR) de Guillarei
Foto: C.T.
 

Infogauda / Tui

 O Consorcio Augas do Louro e Aqualia pecharon dúas semanas de intensa actividade divulgativa nas que participaron medio millar de escolares de diferentes centros educativos dos catro concellos que conforman o Consorcio: Tui, O Porriño, Salceda de Caselas e Mos.  

 Así, durante estas semanas levouse a cabo a actividade “Os gardiáns sostibles no misterio do fío azul”, que lanza ademais un concurso de debuxo cuxos gañadores daranse a coñecer aínda no mes de xuño.  

 Este 9º Concurso anual de debuxo está destinado a todos aqueles escolares que se atopen cursando 3º e 4º curso de primaria nos concellos de Tui, O Porriño, Salceda de Caselas e Mos. O prazo de presentación será o comprendido entre o 22 de marzo de 2026, Día Mundial da Auga e o 5 de xuño de 2026, día Mundial do Medio Ambiente. Os participantes teñen que deseñar un cartel sobre o coidado da auga e do medio, para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e mellorar o noso mundo.  

 Poden acadar os seguintes premios: o gañador de cada concello recibirá unha tableta; os dous finalistas de cada concello, recibirán un reloxo dixital.  

 O nome dos gañadores publicarase na páxina web do Consorcio Augas do Louro a partir do 5 de xuño de 2026. Os debuxos gañadores serán os utilizados no calendario do Consorcio para o ano 2027.  

 Esta actividade está dirixida a escolares de 3º e 4 de primaria dos centros educativos do ámbito do Consorcio, e iniciouse cunha actividade que consiste na presentación do ciclo urbano da auga e a importancia deste recurso, por medio varios xogos guiados que buscan dar a coñecer a importancia da implicación persoal no coidado da auga. A actividade péchase co rap da auga en que todos os participantes cantan acompañados de representantes dos Concellos, do Consorcio e de Aqualia.    

 Dende o Consorcio e Aqualia agradecen a colaboración e implicación dos centros educativos dos 4 concellos e aos máis de 500 nenos e nenas que formaron parte desta aventura.  

Xornada de portas abertas  

 Ademais, para achegar o traballo do Consorcio á cidadanía, o domingo 22 celebrouse unha xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei na que os visitantes coñeceron os procesos de depuración e o conxunto da xestión do ciclo urbano da auga, ademais de sensibilizarse sobre o problema da contaminación da auga e concienciarse sobre a capacidade persoal de axudar ao medio ambiente.

VIGO

A CIG-Servizos logra 5 de 5 representantes no comité da residencia DomusVi Fátima de Vigo 

• O persoal do sector segue a recoñecer a loita da central sindical por un convenio xusto e pola dignificación dos traballos de coidados 

Infogauda / Vigo

 A federación de Servizos da CIG logrou a totalidade da representación no comité de empresa da residencia de persoas maiores DomusVi Fátima de Vigo nas eleccións sindicais que se veñen de celebrar. O persoal do sector segue deste xeito a recoñecer co seu apoio maioritario a loita da central sindical para reclamar un convenio colectivo xusto e pola dignificación dos traballos de coidados. 

 No proceso que tivo lugar o pasado 26 de marzo, o primeiro que se celebra neste centro de traballo, a candidatura da CIG fíxose cos 5 representantes que se escollían, 4 no colexio de especialistas e 1 entre o persoal técnico e administrativo. 

 No primeiro colexio a central nacionalista foi a única organización que puido configurar candidatura, sumando 40 votos; mentres que no segundo competiu coa UGT, obtendo 8 apoios fronte aos 3 que sumou o sindicato estatal. 

 Este resultado avala a intenso traballo e a loita que está a desenvolver a central sindical para reclamar un convenio colectivo que mellore as condicións laborais do persoal do sector. Unha labor sindical que, tal e como insisten dende a CIG-Servizos, continuarán até dignificar os traballos de coidados. 

 Finalmente, dende a central agradecen a confianza depositada polo cadro de persoal DomusVi Fátima -integrado por 87 persoas- no proxecto sindical combativo, asembleario e de contrapoder que representa a CIG.

PONTEVEDRA

A Deputación aproba preto de 250.000 € para impulsar melloras nas instalacións deportivas de Fornelos de Montes e Tomiño 

 Fornelos de Montes emprega todos os recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para reformar os vestiarios e mellorar o equipamento do complexo deportivo, e Tomiño para dotar a área deportiva de Mosteiro de novas pistas de pádel e tenis


O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, na xunta de goberno celebrada na mañá de hoxe, no Pazo provincial

Foto: Rafa Estévez

Infogauda / Pontevedra

 O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, deu conta este mércores do visto bo a novos recursos ao abeiro do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para os concellos de Barro e Cerdedo-Cotobade, que recibirán en conxunto máis de 207.000 euros tralo visto e prace da Xunta de Goberno. O PEID, dotado de 8 millóns de euros, financia nos municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia proxectos de construción de novas instalacións e espazos públicos de uso deportivo, así como para a modernización, remodelación e mellora de instalacións e espazos xa existentes.  

 Fornelos de Montes recibirá máis de 85.000 euros para a reforma dos vestiarios e a mellora do equipamento do complexo deportivo municipal, empregando todos os recursos que lle corresponden neste plan. As actuacións inclúen unhas novas instalacións interiores de fontanería, evacuación e grafaría, a instalación dun novo revestimento interior con pezas de azulexo, pavimento de pezas de gres e falso teito, e tamén a dotación de equipamento como bancos multifunción, sela para o socorrista ou duchas antivandálicas.  

 Pola súa banda, Tomiño recibirá unha achega de preto de 162.000 € para converter unha pista de tenis existente en tres novas zonas de pádel, e unha pista de pádel existente nunha nova pista de tenis na área deportiva de Mosteiro. Tamén se acometerán as dotacións necesarias para a iluminación tanto destas catro novas pistas como doutras dúas de tenis xa existentes, con focos LED de baixo consumo. A este respecto, prevese a instalación dun cadro con contador e a alimentación tomarase na conexión coa rede prevista no límite da parcela. Trátase tamén de todos os recursos que ten á súa disposición o Concello de Tomiño no marco do terceiro PEID.  

 O presidente da Deputación, Luis López, asegurou que “esta achega é un exemplo claro de como o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas nos axuda a construír a provincia do deporte na que queremos que se converta Pontevedra”.

PONTEVEDRA

A Deputación alerta do posible inicio de síntomas de mildio e recomenda anticiparse con medidas preventivas 

 O persoal técnico de Areeiro sinala que o risco actual é baixo, pero alerta de posibles infeccións primarias e lembra a importancia de actuar con criterios preventivos e boas prácticas fitosanitarias. Ofrece ademais recomendacións para kiwi, nespereira, buxo e camelia


O desenvolvemento dos gromos das videiras é notorio
Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 A Deputación de Pontevedra, a través dun novo aviso fitosanitario do persoal técnico da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, informa de que as vides están a experimentar un desenvolvemento progresivo dos gromos, cun crecemento máis notable nos últimos días debido á combinación de humidade acumulada tras o outono-inverno e a presenza de sol continuado. En relación co mildio, e malia existir xa brotes susceptibles, as condicións meteorolóxicas recentes, marcadas por ventos frescos e secos do nordés, non foron favorables para o desenvolvemento do patóxeno.  

 Se ben nas visitas ás parcelas de seguimento non se detectaron síntomas da enfermidade, desde o 20 de febreiro estanse a recoller esporanxios de forma case diaria no captador instalado na viña de Areeiro, aínda que en cantidades moi reducidas. Os modelos de previsión indican que o risco de infección é baixo polo momento, pero apuntan á posible aparición próxima de síntomas nalgunhas zonas como O Rosal.  

 Ante esta situación, e tendo en conta que xa se deron condicións para infeccións primarias, o persoal técnico recomenda manter unha especial vixilancia. Nas viñas con follas de tamaño suficiente e situadas en zonas con pouca ventilación, podería ser conveniente aplicar tratamentos preventivos a finais desta semana, empregando funxicidas sistémicos. Non obstante, se se confirman choivas a comezos da próxima semana, podería valorarse pospoñer a intervención ata despois das precipitacións, adaptando sempre a decisión á evolución meteorolóxica. A Deputación lembra a importancia de realizar os tratamentos respectando estritamente as boas prácticas fitosanitarias, como axustar o volume de aplicación ao estado da vexetación, evitar tratamentos con vento, e extremar as precaucións en zonas próximas a vivendas, espazos públicos ou cursos de auga.  

 No caso do kiwi, recoméndase aplicar tratamentos preventivos fronte ás bacterioses durante a brotación, especialmente tras un período tan húmido, e incídese na importancia do uso de material vexetal san e na hixiene das ferramentas e maquinaria. Para a nespereira, advírtese da presenza xeneralizada de moteado, favorecido polas abundantes choivas dos últimos meses. Aconséllase realizar tratamentos funxicidas para limitar os danos, especialmente antes ou despois de episodios de choiva, así como retirar follas e froitos afectados.  

 En canto ao buxo, as eirugas da bolboreta (Cydalima perspectalis) comezan a retomar a súa actividade, aínda que sen incidencia elevada polo momento. Recoméndase revisar as plantas e actuar de forma localizada se se detectan danos iniciais. Finalmente, na camelia, o ácaro da caída do botón floral atópase nun momento de especial actividade coincidindo coa brotación, polo que este é o período máis axeitado para aplicar tratamentos específicos e reducir a súa incidencia. Ademais, a recollida dos botóns caídos contribúe a limitar a súa propagación.  

ARCOS DE VALDEVEZ

Feira de Troca de Sementes encerra Semana Concelhia da Leitura, Ciência e Arte 

 

O Agrupamento de Escolas de Valdevez acolheu, pela primeira vez, a Feira de Troca de Sementes
Foto: C.M. A. de V.


Mónica Mota Lopes / Arcos de Valdevez

 Após uma semana intensa dedicada aos livros, à ciência e às várias formas de arte, o Agrupamento de Escolas de Valdevez acolheu, pela primeira vez, a Feira de Troca de Sementes. 

 O evento encerrou a Semana Concelhia da Leitura, Ciência e Arte, num ambiente acolhedor e animado, focado na sustentabilidade e na partilha de sementes e saberes.  

 Logo pela manhã, os participantes tiveram a oportunidade de conhecer parte do território, através de uma caminhada pelo Trilho Interpretativo no Mezio, que promoveu o contacto direto com o nosso património natural.  Durante a tarde, os saberes ancestrais destacaram-se em cada semente, numa troca de conhecimentos entre todos.  

 Para além das diversas sementes, foi ainda possível saborear umas deliciosas bolachas de sementes e chocolate, cozinhadas em fornos solares, que captaram a atenção de todos os que visitaram a Feira.  

 Presente no evento, a Vereadora Marlene Barros salientou a importância da Feira de Troca de Sementes no âmbito da educação ambiental e da preservação da biodiversidade. E realçou a disponibilidade do Município em continuar a apostar no desenvolvimento sustentável, agradecendo o trabalho da comunidade educativa.  

 A Feira de Troca de Sementes foi abrilhantada pela atuação de alguns alunos do Conservatório de Artes de Valdevez, que abriram o certame, e por Daniel Sousa, cantador ao desafio que animou, de forma exemplar e dedicada, o evento.  

 Promovida pelo Município, em parceria com o Agrupamento de Escolas de Valdevez e a Quinta das Águias, a Feira de Troca de Sementes contou com a participação da Cooperativa Agrícola de Arcos de Valdevez e Ponte da Barca, da Cooperativa Raiz Minhota, do Instituto Padre Himalaya, de Armando Herculano (Fornos Solares), comunidade educativa, pais e encarregados de educação.

ARCOS DE VALDEVEZ

Câmara Municipal e EPRALIMA sensibilizam mais pequenos para uma alimentação saudável

 

Esta iniciativa teve como objetivo sensibilizar as crianças para a importância de uma alimentação equilibrada, natural e diversificada

Fotos: C.M. A. de V.



Maria João Brito / Arcos de Valdevez

 No âmbito do programa Frut’arte, promovido pela Câmara Municipal de Arcos de Valdevez, os alunos da turma M2 do curso Técnico/a de Cozinha/Pastelaria da Escola Profissional do Alto Lima (EPRALIMA) desenvolveram o projeto integrador, “Cores e sabores que fazem crescer”. 

 Esta iniciativa teve como objetivo sensibilizar as crianças para a importância de uma alimentação equilibrada, natural e diversificada. 

 Neste âmbito, os alunos dinamizaram um workshop dirigido aos alunos do 4º ano do Agrupamento de Escolas de Valdevez, no qual as crianças participaram na confeção e degustação de um dip saudável, preparado com laranja de Ermelo, abacate, tomate, pimento vermelho, cebola roxa e coentros. 

 Os pequenos mini chefes aproveitaram ao máximo esta atividade, que aliou conhecimento à diversão. 

 A Vereadora da Educação, Marlene Barros, bem como os Serviços da Educação e Ação Social da autarquia, marcaram presença, reconhecendo a importância desta iniciativa na promoção de hábitos alimentares saudáveis junto dos mais jovens. 

 Esta atividade foi desenvolvida no âmbito do programa “Regime Escolar”, cofinanciado pelo Instituto de Financiamento da Agricultura e Pescas (IFAP). 

ARCOS DE VALDEVEZ

Freguesia do Couto acolheu “Histórias e Saberes da Minha Aldeia”


Na tarde de sábado, a freguesia do Couto inaugurou a iniciativa e juntou dezenas de pessoas que aproveitaram para saborear um magnífico Bolo do Tacho e um delicioso Caldo de Farinha confecionados a rigor

Fotos: C.M. A. de V.


Mónica Mota Lopes / Arcos de Valdevez   

 Partilhar histórias, saberes e tradições é o mote para a iniciativa “Histórias e Saberes da Minha Aldeia”, que pretende percorrer as diversas freguesias do concelho numa recolha e demonstração das raízes e sabedorias das várias gerações.  

 Na tarde de sábado, a freguesia do Couto inaugurou a iniciativa e juntou dezenas de pessoas que aproveitaram para saborear um magnífico Bolo do Tacho e um delicioso Caldo de Farinha confecionados a rigor.  

 A Câmara Municipal esteve representada pelas Vereadoras Marlene Barros e Angélica Leite, que se mostraram rendidas ao talento gastronómico apresentado. No discurso, a Vereadora da Educação reforçou a importância de manter vivas as tradições, passadas de gerações em gerações, que criam a nossa identidade enquanto território.  

 A atividade envolveu ainda a declamação de poemas de poetas locais, atuação da Rusga do Couto e a apresentação do Portal da Memória Arcuense que reúne a história e a identidade do território.  

 “Histórias e Saberes da Minha Aldeia” é promovido pelo Município de Arcos de Valdevez em parceria com o CLDS-5ªG (Contratos Locais e Desenvolvimento Social – 5ª Geração), o Portal da Memória Arcuense e o Arquivo Municipal. 

 Esta primeira edição teve ainda a participação e apoio da Junta de Freguesia do Couto e da Epralima.

ARCOS DE VALDEVEZ

Associação Sorriso celebrou 20 anos de afetos e tradições  


A Associação Sorriso é um local de encontro e convívio de gerações, que estreita laços e preserva as ligações entre todos

Foto: C.M. A. de V.

Mónica Mota Lopes / Arcos de Valdevez

 A Associação Sorriso – Associação Social, Cultural, Recreativa e Desportiva de Eiras, celebrou 20 anos de história, num ambiente de festa e memória por todo o trajeto alcançado.  

 A Vice-Presidente do Município, Emília Cerdeira, associou-se aos festejos e desejou longa vida à associação que continua a unir a comunidade e a trazer momentos de afetos e tradições.  

 A Associação Sorriso é um local de encontro e convívio de gerações, que estreita laços e preserva as ligações entre todos.  

 Para a Câmara Municipal, a vida associativa é um dos pilares fundamentais da sociedade arcuense e o executivo continua a manter uma política de proximidade e apoio às diversas coletividades.

ARCOS DE VALDEVEZ

Miúdos e graúdos unem-se na prevenção dos maus tratos na infância 

 

 A população uniu-se na Praça Municipal e formou um laço azul humano
Fotos: C.M. A. de V.


Mónica Mota Lopes / Arcos de Valdevez

 No primeiro dia de abril, a comunidade juntou-se, vestiu azul, colocou um laço na lapela e assinalou o mês da Prevenção dos Maus Tratos na Infância, numa iniciativa promovida pelo Município e que envolveu diversas entidades e associações do concelho.  

 A população uniu-se na Praça Municipal e formou um laço azul humano, em apoio e solidariedade com esta causa, que continua a estar na ordem do dia.  

 Colocado na fachada do edifício da Câmara Municipal, está também um Laço Azul gigante, que irá permanecer ali durante todo o mês, em paralelo com as diversas iniciativas programadas, que pretendem sensibilizar a população para a Prevenção dos Maus Tratos na Infância.  

Abril – Mês da Prevenção dos Maus Tratos na Infância.

Porque juntos, fazemos a diferença.