O Rosal sae en defensa dos servizos públicos e dos dereitos da veciñanza
• A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal convoca unha concentración o sábado 21 de novembro ás 11 h na Praza do Calvario
Infogauda/O Rosal
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal convoca unha concentración o vindeiro sábado 21 de novembro para defender os servizos públicos e os dereitos da veciñanza a unha sanidade, unha educación, un transporte, unha vivenda, unhas pensións ou unha atención ás persoas maiores de calidade, garantindo unha vida digna e en igualdade de oportunidades. A mobilización, que conta co apoio do Goberno municipal, será ás 11.00 horas na Praza do Calvario.
Con esta concentración, a Plataforma amplía a reivindicación da defensa da sanidade pública a outros ámbitos esenciais para o benestar da poboación e busca chamar a atención sobre a importancia de contar con servizos públicos de calidade, accesibles e capaces de dar resposta ás necesidades da veciñanza, independentemente da súa idade ou situación económica e social.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal anima á cidadanía a participar nesta concentración para facer visible a defensa colectiva duns servizos públicos que constitúen a base do benestar presente e futuro da sociedade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario