9 de nov. de 2026

DEPORTES

ATLETISMO

Álex Sierpes Pereira volve asaltar a táboa dos récords galegos 

• E leva consigo, unha vez máis, o récord autonómico sub-20 


Os irmáns Álex e Christian Sierpes Pereira, con Iván Fernández González, no podio da Milla Anedia
Foto: Cedida

Infogauda/Deportes

 Esta pasada fin de semana, os irmáns Álex e Christian Sierpes Pereira, do Vicky Foods Athletics e adestrados na Sociedade Atlética do Trega (Tomiño), participaron un ano máis na XIII Milla Solidaria Anedia, que celebraba a súa décimo terceira edición. A proba disputouse nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), en Pontevedra.  

 Álex Sierpes Pereira volveu facer saltar os cronómetros dos xuíces da Federación Galega de Atletismo na milla en pista ao aire libre, cun tempo de 4:06.61 e a un ritmo vertixinoso de 2:33 minutos por quilómetro.  

 E Christian Sierpes Pereira parou o crono en 4:35.14, por diante de Iván Fernández González, da S. G. Pontevedra, que fixo un tempo de  4:37.01.

 Os atletas guardeses acadaron o primeiro e o segundo posto, respectivamente, na milla federada absoluta. Álex rebaixou a súa propia marca en case sete segundos con respecto ao rexistro que establecera o ano pasado na XII edición, cun tempo de 4:13.60. Unha marca que continúa vixente a día de hoxe como a mellor marca española de todos os tempos na categoría masculina sub-18.

Ningún comentario:

Publicar un comentario