PIRAGÜISMO
IMPRESIONANTE ACTUACIÓN DOS TEIXUGOS NO SLÁLOM OPEN DE ZARAGOZA
Informa (redacción e fotografía): Rosa Fernández
Gran festa das augas bravas esta fin de semana en Zaragoza. A capital aragonesa recuperou a canle de augas bravas que foi o emblema da EXPO 2008 e que dende aquela permanecía pechada e en desuso. Un total de 378 embarcacións, pertencentes a 26 clubs de oito comunidades autónomas e Portugal, participaron no evento. O Parque da Auga Luís Buñuel acolleu unha triple competición: O Campionato de Aragón e Open Zaragoza de Slálom Olímpico, o Slálom Short Open e a III Proba da Liga Aragonesa de Rafting.
O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu cun equipo moi numeroso que probou as augas desta nova canle durante dúas xornadas na que primou a deportividade e a diversión.
O sábado comezou coa proba de rafting, na que Manu Ochoa, de maneira sorpresiva, se alzou co ouro xunto cos outros tres compañeiros que formaban a balsa.
Pola tarde noite celebrouse o Open de Slálom Short, unha modalidade na que o circuíto e moi curto, so once portas, e polo tanto moi rápido.
De novo Manu Ochoa subiu o podio, nesta ocasión a recoller unha medalla de bronce na proba de K1 sénior. Na mesma categoría Emilio Rodríguez foi vixésimo oitavo. En sénior feminina Laura Alonso rematou decimo quinta en K1 e Alba Soutelo undécima en C1.
En categoría júnior Nerea Álvarez foi sexta en C1, Iván Cruz vixésimo sexto en C1 e, en K1, Brais Álvarez foi cuadraxésimo e Izan Vicente cuadraxésimo cuarto.
O domingo remate co Open de Slálom Olímpico, onde os teixugos volveron a subir ao podio.
En K1 veterano Emilio Rodríguez acadou a medalla de prata ao rematar segundo.
Na categoría sénior Manu Ochoa rematou sexto en K1; Laura Alonso undécima, tamén en K1, e, en C1, Alba Soutelo décimo cuarta.
En categoría júnior Brais Álvarez acabou décimo cuarto en K1.
Na categoría cadete Nerea Álvarez estivo impresionante en C1 ao facer o mellor tempo, facéndose coa medalla de ouro. Na mesma categoría, pero en K1, Leila Álvarez foi oitava, Catalina Sánchez décima e Beatriz Sánchez undécima. En cadete masculino, Iván Cruz rematou vixésimo en C1, mentres que en K1, Izan Vicente foi vixésimo primeiro e Leo Álvarez vixésimo noveno.
Gran xornada do slálom español en Zaragoza, no que promete ser un novo centro de referencia do slálom en España, e gran actuación dos Teixugos co seu gran e laureado equipo.
.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario