A AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA HONRARÁ A SANTA CECILIA
• Cun concerto este sábado, na igrexa parroquial
Infogauda/A Guarda
A Agrupación Musical de A Guarda conmemorará a festividade de Santa Cecilia, patroa da música, cun concerto especial este sábado, 21 de novembro, ás 17:00 horas, na igrexa parroquial da Guarda.
A cita contará coa participación do grupo de vento madeira e da banda de música da, que ofrecerán unha actuación para celebrar esta data tan significativa para o mundo musical.
Con esta iniciativa, a agrupación rende homenaxe a Santa Cecilia e achega á veciñanza unha nova oportunidade para gozar da música e do traballo desenvolvido polas formacións musicais da localidade.
O concerto conta coa colaboración do Concello da Guarda e da igrexa parroquial da Guarda.
Dende o Concello da Guarda animan á veciñanza guardesa e visitantes a asistir a este concerto e participar nesta celebración musical aberta ao público.

Ningún comentario:
Publicar un comentario