15 de set. de 2026

CULTURA

Ruth Matilda Anderson na Festa do Monte de 1924




Proxecto Socheo/A Guarda

 A pasada semana fixéronse públicos os arquivos da Hispanic Sociaty od America no que estaba o fondo fotográfico da americana Rulth Matilda Anderson. Concretamente viron a luz a súa obra que se estende entre o período 1924 a 1930 no seu percorrido pola Península Ibérica, Marrocos e Canarias. Entre esta inxente cantidade de fotos vemos uns 15 negativos de fotos tiradas na Festa do Monte de 1924 e unha foto desde Vila Nova de Cerveira onde, ao fondo, sae o Trega.  

 Se algo se caracteriza o traballo de Anderson é o grado de coñecemento que tiña sobre o territorio que intentaba abarcar. No caso da Guarda sabía cando era a romaría da Festa do Monte e organizou o seu paso entre as paradas en Baiona e en Tui. O obxectivo da fotógrafa estadounidense era documentar as costumes, traballos e as tradicións da vida rural e mariñeira de Galicia. O seu traballo destaca polo seu carácter etnográfico e polo seu rigor técnico.




 Hai que pensar que a Festa do Monte levaba pouco máis dunha década de vida e xa a súa importancia transcendeu as fronteiras de Galicia, unha labor de divulgación da Sociedade Pro-Monte. A singularidade da romaría, a numerosa xente que acudía, o carácter lúdico e a comuñón coa natureza xa facían da celebración guardesa como un foco festivo de referencia.  




 Grazas a un primeiro análises dos negativos podemos dicir que as fotos teñen unha boa composición, pero moi ampla para o que acostumaba. Tamén as fotos do xantar no medio dos árbores están moi condicionadas polo contraluz polo que a figuración perde protagonismo. O tema é excesivamente lúdico e alterado polo que os protagonistas están ataviados coas súas mellores galas polo que perde interese costumista. Dito isto as fotos non son das mellores da autora por iso estes negativos ficaron en celuloide sen pasar nunca ao papel.

 Dentro da distancia que hai coa figuración convén destacar o cariño que tiña polo retrato da muller. Nótase una especial predilección pola figura feminina: como atracción de miradas, como elemento vertebrador familiar, como garante da memoria... 




 Dicir que varios negativos son pareados que se pode a un efecto de estereoscopía (3D): As fotos son iguais cun pequeno desprazamento para a dereita do negativo. A cámara estereoscópica contaba con dúas lentes separadas por unha distancia similar a dos ollos humanos. Ao accionar o disparador, realizaba dúas tomas simultáneas cun punto de vista lixeiramente distinto. Ao observarse mediante un estereoscopio, o cerebro combina ambas imaxes para crear unha ilusión de profundidade tridimensional. A verdade e que é un mecanismo que comprometía bastantes erros no negativo.

 Por último, cabe preguntarse se dentro das fotos que sabíamos de Matilda Anderson na Guarda eran dela. A máis coñecida é una vista xeral de San Francisco desde o Facho. Choca moito esta distancia do plano xeral. A non atopala neste inventario pode ser que o negativo se gardara noutro lado ou simplemente se perdera ao pasala ao papel ou que fora unha foto que Anderson adquiriu doutros fotógrafos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario