7 de set. de 2026

DEPORTES

PIRAGÜISMO

DOUS TEIXUGOS, NA COPA DO MUNDO DE SLÁLOM CON MEDALLA DE PRATA PARA MANU  


Manu Ochoa, medalla de prata na proba individual de caicac cross

Informa (foto e redacción):Rosa Fernández Carrera

 Do 3 ao 6 de setembro celebrouse en París a penúltima Copa do Mundo de Slálom. As canle olímpica de Vaires-sur-Marne recibiu a 238 deportistas de 48 países diferentes para intentar acadar un lugar no podio ou subir postos no ranking mundial.  

 Dos trece deportistas que formaron o equipo español, dous eran galegos, e os dous do Club Deportivo Miño-Teixugos.  

 O salcedán Luís Fernández foi un dos tres representantes de canoa ou C1.  Viña de disputar unha proba de carácter internacional en Cesson-Sévigné, onde conseguiu pase a finais e rematou nun impresionante oitavo lugar. Nesta Copa do Mundo non tivo tanta sorte, fixo unha baixada correcta pero algo lenta, o que non lle permitiu  acceder as finais, rematando cuadraxésimo sexto.  

 Manu Ochoa foi como integrante do equipo de caicac cross. As probas de cross comezan cunha contra reloxo ou individual que determina os postos e compañeiros nos enfrontamentos. Manu fixo un percorrido rapidísimo que o levou a liderar a clasificación cun tempo de 55,66 segundos, mantendo o posto ata a última baixada, cando foi superado polo inglés Joe Clark cun tempo de 55,33 segundos. Rematou segundo, gañando a medalla de prata da proba individual. Nos enfrontamentos gañou claramente o de oitavos de final, e caeu en cuartos ao ser penalizado por un fallo na última porta. Rematou décimo terceiro na modalidade de enfrontamentos.  

 A próxima semana, tanto Luís como Manuel, volverán a formar parte do equipo español que disputará a última e máis importante Copa do Mundo desta tempada 2026, a celebrar na localidade ilerdense da Seu D´Urgell

Ningún comentario:

Publicar un comentario