7 de set. de 2026

A GUARDA

O ALCALDE, ROBERTO JOSÉ ÁLVAREZ CARRERO, VISITOU DIAGNOSTIKA GARAGE, O NOVO TALLER ESPECIALIZADO EN DIAGNOSE DIXITAL E MECÁNICA NA GUARDA  

O Concello da Guarda continúa coa campaña de promoción dos novos establecementos e daqueles negocios que estrean nova xerencia no municipio 

O novo taller, situado na rúa Vigo, 5; está especializado en electrónica automotriz avanzada, diagnose dixital, reprogramación de software e mecánica xeral  


Roberto José Álvarez Carrero, visitou Diagnostika Garage, un novo taller mecánico que acaba de iniciar a súa actividade no municipio

Fotos: CAG

Infogauda/A Guarda

 Dentro da campaña de promoción dos novos establecementos e daqueles negocios que estrean nova xerencia, o alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, visitou Diagnostika Garage, un novo taller mecánico que acaba de iniciar a súa actividade no municipio.  

 O establecemento abre de luns a venres, en horario de 9:00 a 17:00 horas, e está situado na rúa Vigo, 5.   

 Durante a visita, Álvarez Carrero coñeceu o proxecto empresarial impulsado por Yhonnathan Oliveros Rondón, emprendedor venezolano de nacemento, e galego de adopción, que conta con máis de 30 anos de experiencia profesional e formación especializada en electrónica e mecánica.   


Álvarez Carrero coñeceu o proxecto empresarial impulsado por Yhonnathan Oliveros Rondón, emprendedor venezolano de nacemento, e galego de adopción

 Tras varios anos traballando nun taller en Vigo, Yhonnathan decidiu dar o paso e emprender por conta propia na Guarda dende o pasado 1 de setembro. A súa vinculación previa coa zona e a consideración de que o municipio ofrecía un bo lugar para desenvolver a súa actividade e asentarse levaron ao emprendedor a apostar pola Guarda para poñer en marcha este novo proxecto.   

 Diagnostika Garage combina a mecánica xeral e os servizos de mantemento e reparación coa especialización en electrónica automotriz, diagnose dixital e software, empregando equipos de última xeración adaptados a vehículos de diferentes marcas.   

 Un dos elementos diferenciadores do negocio é precisamente a súa aposta pola diagnose avanzada e a reprogramación de software, ofrecendo solucións como reprogramacións Stage 1 e Stage 2, clonación de unidades de control, recuperación de software orixinal ou diferentes intervencións sobre os sistemas electrónicos dos vehículos.   

 O alcalde, Roberto José Álvarez Carrero, destacou durante a visita a importancia de seguir apoiando e dando visibilidade aos novos establecementos, especialmente cando se trata de proxectos que apostan pola especialización e pola incorporación de novos servizos.  

 "Dende o Concello da Guarda desexamos a Yhonnathan moito éxito nesta nova etapa profesional e empresarial na Guarda", dixo o rexedor municipal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario