A OMIX DA GUARDA ORGANIZA AS ACTIVIDADES DO “TARDEO” CON DIVERSAS ASOCIACIÓNS GUARDESAS
• Os traballos actuais permitirán garantir a estanquidade e a correcta conservación do edificio que albergará este novo espazo municipal para a lectura, a cultura e o estudo
Infogauda/A Guarda
A OMIX do Concello da Guarda coordínase de novo con asociacións da vila para organizar obradoiros de “Tardeo” e dinamizar así o ocio con diferentes actividades de balde para xente nova.
O mapa de actividades son tan diferentes como as propias entidades xa que contamos cun nutrido abano de tecido asociativo, con ganas de participar e ofertar á poboación nova alternativas e propostas atractivas. Os obradoiros son:
• Billar a tres bandas ou de carambola - 3 de outubro ás 19:30 horas - Recreo Artístico Guardés
• Customiza as túas zapatillas - 10 de outubro de 11:00 a 13:00 horas - Asociación Érguete Baixo Miño
• Porcelana fría - 17 de outubro de 18:00 a 19:30 horas - Asociación Transmiño
• Maquillaxe - 23 de outubro de 18:00 a 19:30 horas – Dansá
• Flores con lazos de cores - 7 de novembro de 11:00 a 13:00 horas - Asociación Virxe da Guía
As actividades son todas de balde dirixidas principalmente a persoas de entre 14 e 30 anos, aínda que se quedan prazas libres poderán ocuparse por poboación doutros tramos de idade.
Para a inscrición nunha ou en varias das actividades podedes anotarvos escaneando o código QR do cartaz ou en https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScp424-T5TlPnpBZ5qoy4dkNJgYOcHV4eFy3yJWrNkLxaIpYQ/viewform
As inscricións pechan os luns antes de cada actividade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario